Na próxima rolda da Copa do Rei, o Deportivo da Coruña xogará contra o Portugalete e o Celta de Vigo terá como rival ao Arosa. O sorteo dos emparellamentos deu como resultado un derbi galego, moi anhelado polos arousáns, de Segunda Federación. Será un encontro histórico a principios de decembro no estadio da Lomba, que non recibía ao Celta nun partido oficial dende a tempada 81-82.
Xa se nota nos mercados. Son moitos os que están empezando a mercar marisco e peixe para o Nadal. O prezo dos grandes protagonistas dos menús pode subir nas próximas semanas, así que adiantar as compras e conxelar permite aforrar un pouco.
A Garda Civil desarticula unha banda dedicada a roubos en urbanizacións e zonas residenciais, na chamada operación Ziralla. A investigación comenzou a raíz de asaltos cometidos na localidade de Allariz. Os integrantes da organización ocultábanse no monte, en tendas de campaña.
- El candidato del PSOE pide la máxima movilización desde Santiago de Compostela: " Es lo único que frena a la involución"
- Sánchez arranca el último fin de semana de campaña, que le llevará este sábado a Canarias y el domingo a Murcia
O fotógrafo británico David Sims desembarca na Coruña con The Hamster Becomes The Problem, una exposición que ofrece un percorrido polos seus 35 anos de carreira na fotografía de moda e a cultura xuvenil. Aberta desde o 21 de novembro ata maio de 2027 na Fundación MOP. Foto: EFE/Cabalar
Homenaxe en Santiago a catro figuras do fútbol: o seleccionador nacional, Luis de la Fuente; o presidente da Federación Española, Rafael Louzán; o futbolista Borja Iglesias e o árbitro Diego Sánchez Rojo. Un recoñecemento que reuniu milleiros de afeccionados e que se converteu nunha gran festa do fútbol galego. Foto: EFE/Lavandeira jr
15 novos deseñadores presentan as súas novas creacións. Na pasarela, o alumnado do mestrado de deseño e dirección creativa de moda do campus de Pontevedra presentan os seus traballos de fin de estudos. O cine de Buñuel e o folclore de Andalucía inspiran a colección de Álvaro Brea. O arquitecto mexicano, Barragán, é a musa de Yu Cárdena. Debut cumpre 20 anos amosando o talento emerxente no mundo da moda.
O Rei Filipe VI visita Ferrol, para coñecer a actividade de dúas dependencias militares, o cuartel de Dolores, sede do Terzo Norte de Infantería de Mariña, unidade encargada da seguridade das bases no norte peninsular, e os polvoríns da Armada en Mougá. É a cuarta vez que Filipe VI visita Ferrol desde que asumiu a xefatura do Estado. Foto: Raúl Lomba / Europa Press
O autor finou en Vigo aos 88 anos. O seu libro Con pólvora e magnolias cambiou o rumbo da poesía galega contemporánea, por abrir novos rexistros expresivos. Na súa literatura combina sempre compromiso político con esixencia literaria. Líder nacionalista, foi cofundador da UPG. Foi proposto en varias ocasións ao Premio Nobel de literatura.
Protesta de traballadores do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta polas rúas de Santiago. A dúas semanas de que mil deles vexan suspendidos os seus contratos fixos discontinuos, reclaman melloras laborais e de seguridade, para afrontar os retos cada vez máis complexos da loita contra o lume | Foto: EFE/Xoán Rey
- Os libreiros e o Ministerio de Cultura recoñecen o compromiso da cooperativa de Santiago coa cultura galega
- O premio Libraría Cultural é o máis importante ao que poden optar estes establecementos en España
"La fotografía es una herramienta de lucha para remover conciencias"
El fotoperiodista gallego Brais Lorenzo ha recibido el World Press Photo en la categoría de reportaje gráfico de la región Europa por Tierra Quemada, un proyecto sobre los incendios que arrasaron Galicia durante el verano de 2025. Lorenzo ha celebrado un reconocimiento que, más allá del premio personal, permite dar visibilidad a una problemática que considera estructural y cada vez más extendida. "El gran reconocimiento es que se hable de las temáticas en las que nos involucramos", ha explicado. En el caso gallego, ha relacionado los incendios tanto con el cambio climático y el calentamiento global como con la despoblación.
Durante la entrevista en 24 Horas de RNE, Lorenzo ha reflexionado también sobre el papel de la fotografía como herramienta de memoria y denuncia. Ha defendido que toda imagen contiene una mirada subjetiva, condicionada por las vivencias y decisiones de quien fotografía, y ha reivindicado la necesidad de trabajar con respeto y dignidad hacia las personas retratadas. "Se puede mostrar el dolor, se puede mostrar el drama, se puede mostrar incluso la muerte, pero con respeto y con dignidad para las víctimas", ha señalado. Sobre el futuro del oficio ante la inteligencia artificial, ha apuntado que la trayectoria y la credibilidad del fotoperiodista pueden convertirse en una garantía de veracidad.
El fotógrafo ha denunciado, además, la precariedad laboral del fotoperiodismo en España, con tarifas muy inferiores a las de otros países, falsos autónomos e intrusismo profesional. También ha hablado de Habitar o baleiro, un proyecto que busca homenajear a quienes mantienen viva la cultura de las aldeas gallegas y mostrar las iniciativas que luchan contra la despoblación rural. Para Lorenzo, la fotografía debe servir para algo más que documentar la realidad: "Es como una herramienta de lucha" y tiene poder "para concienciar y remover conciencias".
Sumámonos ás homenaxes ao músico Fran Pérez, NARF, no décimo aniversario do seu falecemento. Narf combinaba a súa alma rockeira coa sensilidade poética de Lorca ou Rosalía, e abriu pontes entre África e Galicia. O seu derradeiro concerto foi compartindo a música de Mozambique.
Máis do 16 por cento do alumnado universitario ten síntomas de ansiedade e un 13 por cento de depresión. As universidades públicas galegas e a Xunta poñen en marcha un protocolo para reforzar o apoio psicolóxico ao seu alumnado. Os problemas de saúde mental dos universitarios aumentaron trala pandemia.
Entre o xoves e o luns Eiras recibiu máis de 7.700 millóns de litros de auga. Na zona de Fornelos de Montes, Pontevedra, onde está o encoro, recolléronse 300 litros por metro cadrado en sete días. Hai pouco máis dunha semana estaba ao 36 por cento da súa capacidade. Nese momento só estaba garantido o suministro de auga para 25 días.
Na cidade de Vigo ducias de persoas concentráronse hoxe para pedir unha alternativa a varios acampados que non teñen fogar.
Xunto á da cidade olívica tamén se retiraron as acampadas de Pontevedra e Santiago.
O colectivo galego pola vivenda di que o movemento vai continuar. Trasladan aos barrios as asambleas e actividades.
A ponte de Baxeles cedeu pola tromba de auga e a acumulación de vexetación.
É o acceso á aldea de San Vicente no concello de Vilamartín de Valdeorras, moi afectada polos incendios do verán de 2025.
As intensas chuvias deixaron este domingo máis de duascentas incidencias en Galicia.
O mellor menú escolar do estado utiliza produtos de proximidade, ingredientes ecolóxicos e unha receita que vai máis alá da cociña: os propios alumnos participan na elaboración dos menús. Unha fórmula, a do colexio A Paz Tintureira de Vigo, que acaba de recibir o recoñecemento nacional.
A bailarina ourensá de quince anos, Alicia Babarro, volve facer historia ao lograr a medalla de bronce de breaking nos Xogos Olímpicos da Xuventude, en Dakar. Gañou con folgura as tres rondas da batalla que a enfrontou a unha bailarina marroquina. Non puido optar á medalla de ouro ao quedar eliminada por un punto nas semifinais contra a representante ucraína.
- Avanza que en su futuro Gobierno vivienda se gestionará desde una Vicepresidencia
- Considera que el Ejecutivo de Sánchez "se resume en corrupción, machismo, incompetencia y soberbia"
No día das librarías, visitamos Numax, en Santiago, distinguida co premio Libraría Cultural 2026 pola súa atención á diversidade bibliográfica e o compromiso coa cultura. É o máis importante ao que poden optar estes establecementos en España.
Calcúlase que en Galicia unhas 600.000 persoas están en risco de pobreza ou exclusión social. A eles vai dirixida a recollida solidaria dos bancos de alimentos, na que participan centos de supermercados. Milleiros de voluntarios mobilízanse para animar aos clientes a axudar, mercando, sobre todo, leite, aceite, conservas e outros produtos non perecedeiros.
Competiu en Paraguai e volveu lucindo a medalla de prata. O mozo coruñés adestra arreo nas pistas de Riazor co obxectivo do ouro. Comparte pista con David Rama, medalla de bronce no mesmo campionato. Pertence ao Club Maxia da Coruña integrado por máis patinadores que patinadoras.
- Os vinilos novos poden custar entre 35 e 40 euros, fronte aos seis euros dun CD
- Os maiores de 40 anos parecen decantarse cada vez máis polo CD, mentres que os compradores máis novos manteñen o interese polo vinilo
Os expertos advirten de que pode ser un espellismo e ninguén agarda que o CD recupere o esplendor doutrora. Pero a industria musical dá un xiro inesperado: as vendas do disco compacto medran e recuperan terreo fronte ao vinilo, nun contexto no que o prezo deste último non deixa de subir.
O mal tempo non desanimou as mobilizacións centrais da folga xeral en Vigo. Dúas manifestacións percorreron a cidade, convocadas por separado pola CIG e por Comisións Obreiras e UGT. As dúas transcorreron con rapidez e sen incidentes. As reivindicacións, salarios que permitan chegar a fin de mes, vivenda accesible e medidas fronte á suba dos prezos | Foto: Adrián Irago / Europa Press
Uns cincuenta piquetes concentráronse no centro comercial Vialia de Vigo coa intención de pechar as portas dos comercios que permanecían abertos. Entre outros establecementos, o supermercado tivo que baixar o enreixado. Tamén percorreron baixo a chuvia as rúas de Pontevedra e estiveron presentes en todas as cidades | Foto: Adrián Irago / Europa Press
A actriz Laia Marull recibe en Santiago o premio Cineuropa, un recoñecemento a máis de tres décadas de traxectoria entre o cine e o teatro. Gañadora de tres premios Goya, deu vida a personaxes que deixaron pegada nos espectadores.
O can de palleiro xa conta cun estudo xenómico que permite, de xeito científico e inequívoco, identificar os exemplares desta raza, que estivo en risco real de desaparición: a finais dos 90 quedaban menos de 150 exemplares en toda Galicia. 25 anos despois, e co traballo do Club Raza Can de Palleiro, xa hai máis de 2.400.
Comeza a campaña da centola con boas expectativas, a pesar do mal tempo e a cantidade de alga depositada no fondo mariño. Só no Grove, a lonxa de referencia, vendéronse máis de 4.000 quilos. Os prezos, entre os 14 e os 35 euros, segundo a calidade e o tamaño das pezas.
132 concellos da metade oeste e do sur de Galicia están en alerta amarela pola borrasca Bruna. Nesas zonas poderían caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. De momento durante a mañá onde máis choveu foi na provincia de Ourense onde xa se acumularon máis de 33 litros por metro cadrado en Muíños, no Xurés. Unha auga moi agardada para paliar a seca que afecta a ríos e encoros.
- O festival desenvólvese en diferentes espazos de Compostela ata o 22 de novembro
- Recollen premio nesta edición o produtor Felipe Lage, a actriz Laira Marull e un dos directores fetiche do certame: Robert Guédiguian
O aeroporto de Alvedro conta dende hoxe con novas rutas nacionais. Málaga, Valencia e Bilbao estréanse como destino dende a terminal coruñesa, aos que se sumarán nos próximos días Sevilla, e, a partir de decembro, Alacant. Co regreso de Volotea, Alvedro terá once destinos directos.
Máis de 70.000 persoas conviven co alzhéimer e outras demencias na nosa comunidade. Un equipo do Instituto de Investigación Galicia Sur patentou un método para previr o deterioro cognitivo cunha proba de cuspe. Aínda está en pleno desenvolvemento, pero pode supor un importante paso para anticiparse ás doenzas mentais, como complemento ao diagnóstico médico.