O cine ante os totalitarismos: 40 anos de Cineuropa

  • O festival desenvólvese en diferentes espazos de Compostela ata o 22 de novembro
  • Recollen premio nesta edición o produtor Felipe Lage, a actriz Laira Marull e un dos directores fetiche do certame: Robert Guédiguian
O Festival Cineuropa cumpre corenta anosVer ahora
"Transformar miradas", imaxe gráfica do festival Cineuropa 2026
MARTA GÓMEZ / ROMINA CAAMAÑO

O festival Cineuropa naceu en 1986 para cubrir un baleiro de cine de autor nunha cidade que daquela tiña varias salas de cine abertas no centro da cidade pero que estaban copadas polo cinema comercial. Hoxe en día hai novos espazos de proxección para as películas independentes, multisalas e grandes cadeas de exhibición en centros comerciais, e ainda así cada edición de Cineuropa vese como un acontecemento.

José Luis Losa, director do certame en 39 destas 40 edicións, apunta que ir as salas de cinema é un acto de celebración do colectivo nun contexto de cada vez máis illamento polas facilidades que da a rede.

"Hai moitos filmes este ano que falan do colaboracionismo ante os reximes totalitarios"

José Luis Losa
José Luis Losa, director de Cineuropa

José Luis Losa, director de CineuropaRTVE

Un festival por e para o público

O formato do festival foi variando co tempo, incorporando actividades paralelas, concertos en colaboración cos músicos locais tanto da Real Filharmonía como da Banda Municipal e sobre todo ampliando os puntos de encontro dos autores co seu público.

Foron emocionantes as proxeccións de filmes como o documental Frankenstein 04155 sobre a traxedia ferroviaria de Angrois na edición de 2015, ou o sempre irrevente Albert Serra, que con "Tardes de soledad" en 2024 abriu un intenso debate sobre a tauromaquia no coloquio posterior.

Este ano un dos momentos máis especiais foi a longa ovación que na gala inaugural agradeceu ao proxeccionista Moises Álvarez os seus 36 anos de traballo na cabina do festival.

A confianza do público percíbese na película sorpresa, sempre é un momento moi especial cando se abre o pano e se comproba que é un filme de estrea de máxima actualidade que está en boca de todos ou o clásico maratón de cine fantástico, que tamén inclúe a súa vez outra película sorpresa.

Festival de festivais

O programa deste ano inclúe unha escolma dalgunhas das películas que máis marcaron ao festival: dende o postmodernismo de Peter Greenaway ata o novo cinema portugués con filmes de João Canijo e Miguel Gomes ou a revisión do Dogma de Lars von Trier.

A sección Panorama audivisual galego da acubillo a abondosa colleita deste ano a coa primeira longametraxe da actriz Ledicia Sola, que é tamén a película de clausura, e os filmes de Sebastián Uría, Xiana do Teixeiro, Andrés Goteira... entre outros e tamén a estrea en Galicia do documental que Cecilia Díaz Betz fai do seu avó Isaac Díaz Pardo.

Actividades paralelas

Para acompañar as proxeccións propoñen mesas de debate sobre os arquivos fílmicos, un encontro da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) sobre o papel das mulleres na dirección e na produción audiovisual galega e incluso unha reflexión sobre o camiño a seguir do propio festival aberto a cidadanía, a partir da experiencia acumulada por Cineuropa ao longo destes 40 anos.