Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alberto Núñez Feijóo entrevistase coa vicepresidenta Soraya Saenz de Santamaría para expoñerlle os principais asuntos nos que o executivo de Mariano Rajoy ten decisión respecto de Galicia. // Declaran no Tribunal Supremo dous empresarios en relación co Caso Campión. Tamén compadece no xulgado de Lugo o vicepresidente de Azkar, José Antonio Orozco. // Os Parlamentos autonómicos queren mellorar a súa imaxe, trasladar á sociedade que as cámaras, neste tempo de crise, "son potenciadoras de solucións" e "non parte do problema". // Novagalicia Banco quere seguir en Galicia e en solitario, resistíndose ao crecente proceso de concentración bancaria. // O saxofonista estadounidense Joe Lovano trae esta noite a Santiago os temas do seu último disco, Bird Songs. // ¿A pantasma do palco¿: Teatro e diversión para que os nenos entendan a música clásica. 06/03/12

Alberto Núñez Feijóo entrevistase coa vicepresidenta Soraya Saenz de Santamaría. // Declaran no Tribunal Supremo dous empresarios en relación co Caso Campión. // Os Parlamentos autonómicos queren mellorar a súa imaxe. // Novagalicia Banco quere seguir en Galicia e en solitario. // O saxofonista estadounidense Joe Lovano actúa esta noite en Santiago. // ¿A pantasma do palco¿. 06/03/12

Os ceos iranse cubrindo de Oeste a Leste a medida que avance a xornada, deixando algún chuvasco pola tarde na metade Oeste. Vento moi frouxo de dirección variable. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas terán un lixeiro descenso. 06/03/12

O Presidente da Xunta pide ó Goberno que intensifique as negociacións coa UE e busque solucións ó problema dos estaleiros.Feijóo reunise en Madrid coa vicepresidenta Sáenz de Santamaría, coa que tamén falou de infrestruturas,do sector eólico e de Novagalicia Banco.A entidade inicia o proceso para un novo ERE que afectará a outros 350 traballadores.O vicepresidente de Azcar declara nos xulgados de Lugo logo do levantamento do sumario da "operación Campeón". O PP rexeita a petición do BNG de rebaixa-las tarifas dos trens AVANT entre A Coruña e Santiago.Peche indefindo de traballadores de SEAGA na base helitransportada de A Estrada.Morre un septuaxenario nun accidente de tráfico en Lobios.

Os presidentes dos Parlamentos autonómicos reúnense hoxe e mañá en Santiago para compartir experiencias nestes momentos especiais de crise. Din que nas cámaras autonómicas, cos seus deputados e gobernos, está parte da responsabilidade para saír desta situación. // Contra atrás entre os socialistas galegos para o congreso no que elixiran a nova dirección. // Novagalicia Banco anuncia que vai poñer máis de 6.000 millóns de euros a disposición de pequenas e medianas empresas galegas. // Está de volta en Vigo o buque oceanográfico Ramón Margalef, que durante catro meses se dedicou ao estudo da erupción volcánica submarina na illa del Hierro. // Deportivo e Celta continúan firmes, tras a fin de semana, encabezando a clasificación de Segunda e avanzando cara o ascenso. // Estivemos en Narón coa que está considerada a mellor banda tributo a Queen, e tamén con Brothers in Band, a réplica galega dos Dire Straits. 05/03/12

Tempo seco. Con todo, unha pequena baixa que atravesa o Océano Atlántico enviará intervalos de nubes de tipo medio e alto, e mesmo algunhas nubes baixas, que nas últimas horas deixarán chuvias débiles polo oeste. Ventos frouxos do nordés, con intervalos moderados no litoral atlántico. Temperaturas mínimas en descenso moderado, coa reaparición de xeadas en zonas do interior, mentres que as máximas non varían. 05/03/12

Os presidentes dos Parlamentos autonómicos reúnense hoxe e mañá en Santiago. // Contra atrás entre os socialistas galegos para o congreso no que elixiran a nova dirección. // Novagalicia Banco aumenta os créditos. // Está de volta en Vigo o buque oceanográfico Ramón Margalef. // Deportivo e Celta continúan firmes cara o ascenso. // Bandas tributo. 05/03/12

O secretario xeral do PSdeG e aspirante á reelección,Pachi Vázquez,rexeita sentirse traizoado pola presentación doutra candidatura e asegura que buscará un proxeto integrador.Elena Espinosa comeza a recabar apoios entre a militancia nun encontro sectorial sobre igualdade.O PP e a Xunta piden que se premie ás comunidades que xestionan mellor os seus recursos.Santiago acolle a xuntanza anual da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos. O emprego na construcción cae a niveis do ano 96. A xuiza Estela San José levanta parcialmente o segredo do sumario da "operación Campeón".

O secretario xeral do PSdeG-PSOE,Pachi Vázquez, fala en RNE-G sobre o congreso que o seu partido celebrará a próxima fin de semana en Santiago. Vázquez amosa respecto pola decisión da ex-ministra Elena Espinosa de disputarlle o liderado do PSOE galego

La Guardia Civil considera que con la operación "Jockey" se ha desmantelado una importante red de tráfico de heroína, que se vendía en España y Portugal. El balance es de más de 111 kilos de heroína incautada en Galicia, y 12 personas imputadas, tres de ellas en prisión.

Os deputados do Grupo Popular sacan adiante,en solitario, e polo trámite de urxencia,a Lei de medidas temporais para os empregados públicos. O Presidente da Xunta,Núñez Feijóo,afirma que tentará remata-la lexislatura sen baixarlles o salario. A conselleira de Sanidade anuncia que se seguirán adoptando medidas para garantir o sistema público de saúde e a súa solvencia

Retamos a los compostelanos a que distingan la Tarta de Santiago casera de otra industrial. Sus principales ingredientes son almendras, azúcar y huevos. También elaboramos jarrete guisado desde Casa Marcelo, un restaurante que atesora una estrella Michelin.

En febreiro perderon o seu traballo 3.391 persoas en Galicia. // A CIG e os sindicatos CUT, CNT e CXT presentaron esta mañá a convocatoria de folga xeral en Galicia, prevista para o 29 de marzo. // A Xunta quere rebaixar este ano o gasto farmacéutico un 7%, o que suporía aforrar 60 millóns de euros, que se sumarían aos 102 aforrados en 2011. // No que vai de ano foron detidas en Galicia 50 persoas acusadas de ter provocado incendios forestais, 43 máis que hai un ano, na mesma época. // O Concello Oleiros, na Coruña, vai abrir un expediente para multar ao Bispado por ter abandonada unha igrexa parroquial. 02/03/12

Pouco nubrado ou despexado a primeira hora, aparecendo nubes de evolución diúrna que deixarán chuvascos illados no interior. Vento frouxo do Sur e Sueste, aumentando a moderado polo Noroeste durante a tarde. Temperaturas sen cambios significativos. 02/03/12

En febreiro perderon o seu traballo 3.391 persoas en Galicia. // A CIG presenta a convocatoria de folga xeral en Galicia para o 29 de marzo. // A Xunta quere rebaixar este ano o gasto farmacéutico un 7%. // No que vai de ano foron detidas en Galicia 50 persoas acusadas de ter provocado incendios forestais. // O Concello Oleiros vai abrir un expediente para multar ao Bispado por ter abandonada unha igrexa. 02/03/12

Un matrimonio aparece morto na súa casa en Ourense. No que vai de ano arderon en Galicia 2.500 hectáreas de monte. Abel Caballero reuniuse con Elena Espinosa pero non confirma a candidatura da ex-ministra ó Congreso socialista. Galicia xa ten 275 mil parados.

O baixo nivel do río Miño ao seu paso por Ourense preocupa ó Concello da cidade. // PP e BNG unen os seus votos para desaloxar da alcaldía de Cee ao independente Ramón Vigo, que gobernaba en minoría. Á fronte deste concello vai estar agora a popular Zaira Rodríguez. // Hoxe cúmprense tres anos desta lexislatura autonómica. Para a oposición foi un tempo perdido. Núñez Feijóo salienta a responsabilidade ante a situación económica. // Doce panadeiros artesáns de Pontevedra acaban de asociarse, coa idea de elaborar un pan diferenciado e de alta calidade, para facer fronte á competencia do pan industrial. // Na Coruña na Fundación Luís Seoane pode verse a primeira gran retrospectiva do ano sobre Valentín Paz Andrade. 01/03/12

Baixo nivel do río Miño ao seu paso por Ourense. // PP e BNG unen os seus votos para desaloxar da alcaldía de Cee ao independente Ramón Vigo. // Hoxe cúmprense tres anos desta lexislatura autonómica. // Panadeiros artesáns de Pontevedra asócianse para elaborar un pan diferenciado e de alta calidade. // Exposición retrospectiva sobre Valentín Paz Andrade. 01/03/12