Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Estamos en pleno Entroido e hoxe en Laza é o día da lama e as formigas. // Milleiros de traballadores maniféstante contra a reforma laboral. // Todo indica que o cadáver que apareceu na praia de Riazor é o do estudante Tomas Velicky. // RNE celebra o seu 75 aniversario en Galicia. // Nove vitorias consecutivas consolidan ao Deportivo no liderado de Segunda. Tamén o Celta segue gañando e mantense no segundo posto. // Unha exposición mostra en Lugo como era a vida cotiá nunha cidade romana a comezos desta era. 20/02/12

Ceos pouco anubrados ou despexados, con só algunhas nubes de tipo medio pola mañá. As temperaturas mínimas descenderán de forma entre lixeira e moderada, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 20/02/12

A reforma laboral só busca precarizar o emprego, segundo o BNG. O PP de Galicia mantén que o tempo lle dará a razón. Abel Caballero acusa á Xunta de ser deleal con Vigo. O alcalde participou no programa especial que Radio 5 emitiu desde o camión -exposición que percorre España. Medio cento de barcos amarran no porto da Coruña contra as excesivas normas burocráticas das administracións.

Os nenos de Xinzo de Limia, anticiparon esta mañá o ambiente que se vai vivir nesta e noutras moitas localidades de Galicia durante os próximos días. Comeza o Entroido. // Un de cada tres galegos chamou o 061 no último ano. O servizo de urxencias recibiu máis dun millón de chamadas en 2011. // Nace en Pontevedra "Redeaxuda", unha web solidaria para que os cidadáns coas entidades sociais e ONGS. // O Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o seu vinte aniversario cunha xira para divulgar as disciplinas científicas entre os nenos. // Expectación e discreción en Cambre na véspera do que xa lle chaman o casamento do ano en Galicia. Mañá van casar neste pazo Marta Ortega, a filla do fundador de Inditex, co xinete asturiano Sergio Álvarez. 17/02/12

Comeza o Entroido. // Un de cada tres galegos chamou o 061 no último ano. // Nace en Pontevedra unha web para que os cidadáns coas entidades sociais e ONGS. // O Parque Tecnolóxico de Galicia divulga a ciencia entre os nenos. // Mañá van casar Marta Ortega, filla do fundador de Inditex, co xinete asturiano Sergio Álvarez. 17/02/12

Ceos pouco nubrados ou despexados, unicamente con nubes de estancamento no litoral de Lugo e posibilidade de néboas matinais no interior. Vento do Nordés, moderados no litoral Norte e frouxos no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas. Temperaturas sen cambios significativos. 17/02/12

Abel Caballero pide cambios no PSOE e xustifica que na asemblea local de Vigo non houbera ningún voto a favor da xestión de Pachi Vázquez. A CIG convoca a folga xeral anunciada para o 29 de marzo. O Banco Popular toma as rendas do Banco Pastor. Guardado e Aranzubía entran na convocatoria do Deportivo para recibir mañá ó Barcelona "B".

Protestas dos traballadores públicos en toda Galicia contra a decisión da Xunta de modificar as súas condicións laborais. O Goberno galego acaba de aprobar o anteproxecto de lei da reforma. // A economía galega medrou durante o ano pasado dúas décimas menos que a media española e agárdase que, igual que a do conxunto do estado, entre en recesión no primeiro trimestre deste 2012. // Alemania ofrécese a acoller mozos galegos en situacións desfavorecidas para que fagan prácticas formativas en empresas de aquel país. // A explosión dunha bombona de butano causa un ferido e un incendio nun piso do centro de Vigo, e obriga a desaloxar o edificio. // Un cento de axentes culturais buscan en Santiago novas vías de negocio coas empresas como alternativa ás subvencións públicas. // E hoxe é xoves de comadres, unha data que en moitos lugares abre a porta aos días grandes do Entroido. 16/02/12

Protestas dos traballadores públicos contra a decisión da Xunta de modificar as súas condicións laborais. // A economía galega medrou durante o ano pasado dúas décimas menos que a media española. // Alemania ofrécese a acoller mozos galegos en situacións desfavorecidas. // A explosión dunha bombona de butano causa un ferido e un incendio en Vigo. // Os axentes culturais buscan alternativas ás subvencións. // Xoves de comadres. 16/02/12

Sol e ceos despexados na metade sur da Comunidade galega, e nubes e claros no norte, mesmo con posibilidade dalgún chuvasco na zona do litoral.

Néboas matinais en zonas do interior, onde tamén esperan xeadas leves. Temperaturas sen cambios significativos. 16/02/12

O Consello da Xunta aproba os recortes que aplicará ó funcionariado este ano e o que ven. Milleiros de funcionarios saen a rúa en Galicia en defensa dos servizos públicos. O Congreso aprobou a reforma do sistema financeiro, que obrigará a Novagalicia Banco a afrontar un saneamento de 2.300 millóns. A economía galego medrou dúas décimas menos cá media.Dous detidos en Galicia nunha operación antidroga.Novo recoñecemento ós tres policías que perderon a vida en acto de servizo no Orzán

Pecha o último manicomio de Galicia. O hospital psiquiátrico de Castro Ribeiras de Lea, en Lugo, construído nos anos cincuenta do século pasado, cesa a súa actividade tras o traslado dos últimos internos. // Núñez Feijóo di que pasará á historia coma un defensor da sanidade publica e que blindará os servizos públicos. // A nova reforma financeira podería supor a perda de tres mil postos de traballo no sector bancario galego debido as fusións que se poden producir. // O alcalde de Santiago non convence ao de Vigo coa súa idea de conectar o aeroporto de Lavacolla co AVE, para competir coa terminal aérea de Porto. // Un profesor dun instituto de Redondela emprega a papiroflexia para apoiar as súas clases de matemáticas. // ¿Un país de vacas¿, exposición fotográfica de Xurxo Lobato no Museo do Pobo Galego, en Santiago. 15/02/12

Ceos máis despexados canto máis ao Sur e con nubes máis compactas no terzo Norte, onde non se descarta algún chuvasco illado e ocasional. Vento do Nordés, moderado no litoral e frouxo con intervalos moderados no interior. Temperaturas sen cambios significativos. 15/02/12

Pecha o hospital psiquiátrico de Castro Ribeiras de Lea, en Lugo. // Núñez Feijóo di que pasará á historia coma un defensor da sanidade. // A nova reforma financeira podería supor a perda de tres mil postos de traballo no sector bancario galego. // O alcalde de Santiago non convence ao de Vigo coa súa idea de conectar o aeroporto de Lavacolla co AVE. // Papiroflexia para aprender matemáticas. // ¿Un país de vacas¿, de Xurxo. 15/02/12

A faísca dunha soldadura puido sela causa do incendio que destruiu a nave dunha empresa frigorífica en Caldas de Reis.Feijóo cré que pasará á historia como defensor da sanidade pública.A oposición acúsao de dilapida-lo estado de benestar.Derradeiro intento da Xunta e dos sindicatos para tentar achegar posturas sobre os recortes na Función Pública.Os prezos baixaron en xaneiro o 1'4% ,tres décimas por riba da media estatal.Barreras podería presentar en breve o seu plan de viabilidade,con entrada de novos accionistas

O parlamento Galego convértese no único de España no que a maioría son mulleres. 38 a 37, gañan elas debido á entrada na cámara dunha deputada en substitución de Xosé Manuel Baltar. // Os colexio oficiais de médicos alertan do deterioro na calidade da sanidade pública que provocan os recortes salariais e de recursos postos en marcha polas comunidades autónomas. // No concello ourensán de Barbadás, comezan a desmontar a fachada de pedra dunha vivenda para poder retirar un camión que leva máis dun mes encaixado na casa. // Actividade comercial neste tempo de crise coa escusa do amor. En Fene cumpre trece anos o concurso de cartas de amor que organiza a radio local. 14/02/12

O parlamento Galego convértese no único de España no que a maioría son mulleres. // Os colexio oficiais de médicos alertan do deterioro na calidade da sanidade pública. // Desmontan a fachada dunha vivenda para poder retirar un camión que leva máis dun mes encaixado na casa. // Actividade comercial neste tempo de crise coa escusa do amor. 14/02/12