Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Delegados sindicais de Navantia marchan a pé ata A Coruña para reclamar axuda das administracións. // A CIG vai convocar unha folga xeral en Galicia en marzo. // Entre 70 e 100 mil persoas poderían estar afectadas en Galicia polas chamadas participacións preferentes. // Comeza a conta atrás para o congreso dos socialistas galegos. // Dez anos de prisión é a pena que hoxe aceptaron na en Pontevedra tres arousáns, acusados de secuestrar e torturar ao empresario Román Santiago. // Muxicas, unha compañía de teatro con sete persoas cegas e con discapacidades visuais. 07/02/12

A CIGa convoca folga xeral en Galicia para a última semana de marzo en contra dos axustes.Os sindicatos da Función Pública esixen á Xunta que retire as propostas de recortes.Traballadores do naval de Ferrol marchan a pé cara A Coruña en demanda de carga de traballo.A Asociación de Usuarios de Banca sae na defensa do proxeto de Novagalicia Banco.Falamos con Francisco Vázquez,un xinecólogo de Lugo que investiga un fármaco innovador contra os miomas

José Manuel Baltar, do Partido Popular, toma posesión como novo Presidente da Deputación de Ourense, cargo que ata hai dez días ocupaba o seu pai. // Tres galegos na nova Executiva do PSOE: Pachi Vázquez, Carmela Silva e Abel Caballero. // Sindicatos, empresarios, Xunta e administración central constitúen o Consello Autonómico de Emprego, un organismo que tentará achegar propostas para fomentar a creación de postos de traballo en Galicia. // Estamos a un paso do Entroido e na comarca do Ulla comezan xa as batallas dialécticas dos "xenerais". // Celta e Deportivo mantéñense a un paso do ascenso. O Obradoiro pon fin á súa serie de derrotas. // Cromos de fútbol, cos xogadores dos catro equipos galegos que estiveron na Primeira División. 06/02/12

Ceos anubrados, con posibilidade de chuvias débiles en xeral, moderadas no terzo norte da provincia de Lugo. Temperaturas en ascenso, moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas, aínda que se rexistrarán algunhas xeadas, máis débiles que en xornadas anteriores no interior e nas zonas de montaña. 06/02/12

José Manuel Baltar toma posesión como novo Presidente da Deputación de Ourense. // Galegos na nova Executiva do PSOE: Pachi Vázquez, Carmela Silva e Abel Caballero. // Sindicatos, empresarios, Xunta e administración central constitúen o Consello Autonómico de Emprego. // Comezan as batallas dialécticas dos "xenerais" da Ulla. // Vitorias de Celta, Deportivo e Obradoiro. // Cromos de fútbol cos xogadores galegos de Primeira. 06/02/12

Vázquez,Caballero e Silva asisten en Madrid á primeira executiva federal do PSOE,encabezada por Rubalcaba.O alcalde de Lugo cré que o desenlace do Congreso de Sevilla é un espaldarazo para Pachi Vázquez,a poucas semanas do cónclave galego.Mar Barcón ve suicida non traballar pola integración. Manuel Baltar,elixido para suceder ó seu pai na presidencia da Deputación de Ourense.Organizacións ecoloxistas constitúen unha Plataforma contra a Incineración.Compás de espera en Novagalicia Banco mentres se analiza o último decreto do Goberno

En la madrugada del viernes 27 de enero desaparecían en la playa coruñesa de Orzán 3 policías y un estudiante. La tragedia se produjo cuando los agentes intentaban rescatar a un joven eslovaco, que había sido arrastrado por las olas. Ese día había alerta naranja por el mal estado del mar. El dispositivo de búsqueda para recuperar sus cuerpos, en el que han participado centenares de personas y multitud de medios, practicamente no tiene precedentes. Una tragedia que nos ha mostrado que el mar siempre impone sus leyes y su fuerza, pero también la enorme generosidad de unos policías que arriesgaron y perdieron su vida para intentar salvar la de otra persona. Esta es su historia.

Rajoy ha participado en un homenaje a Manuel Fraga que el Partido Popular de Galicia ha organizado en Santiago de Compostela. Allí el jefe del ejecutivo ha afirmado que Fraga le sirve de ejemplo en estos tiempos difíciles y ha señalados que los esfuerzos que hay que hacer han de ser para todos.

O novo delegado do Goberno en Galicia,Samuel Juárez,é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE -G. Juárez analiza a evolución das obras do AVE galego e o tráxico suceso que rematou coa morte de tres policías na praia coruñesa do Orzán

Recollemos a visita institucional ó Parlamento galego do presidente do Senado,Pío García Escudero.A actualidade política da semana estivo asimesmo marcada polas reaccións ante a supresión das primas eólicas e o anuncio de que a Xunta suspende temporalmente o coñecido popularmente como "plus dos altos cargos".Co mes de febreiro comeza un novo periodo de sesións e ,na comisión de Sanidade, o PP votou en contra dunha iniciativa do PSOE para rexeita-lo copago sanitario

Alerta amarela por baixas temperaturas nas montañas do interior. Nas de Ourense chegaron a case os 12 graos baixo cero, no Cebreiro estiveron a menos 8,8. // Complicase o plan para que Novagalicia banco poida continuar en solitario despois de que o goberno anunciara a terceira reforma do sistema financeiro. // Nas próximas horas vanse enterrar en Burela e en Friol, en Lugo, os corpos dos dous policías recuperados onte do mar na Coruña. // A espera media para operarse das patoloxías máis graves baixou en 16 días en Galicia durante o último ano, segundo o Sergas. // Xa estamos ás portas do Entroido. Hoxe na Praza do Obradoiro, en Santiago, puidemos ver aos "Xenerais da Ulla". (03/02/12)

Ceo pouco nubrado, agás no Norte de Lugo e A Coruña, onde esperan nubes baixas algo máis compactas que no Norte da provincia de Lugo poden deixar algunha precipitación ocasional, de neve por enriba dos 300 metros. Vento do Nordés, moderado no litoral e máis frouxo no interior. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. Xeadas xeneralizadas e intensa sensación de frío durante toda a xornada. (03/02/12)

Alerta amarela por baixas temperaturas nas montañas do interior. // Complicase o plan para que Novagalicia banco poida continuar en solitario. // Nas próximas horas vanse enterrar en Burela e en Friol, en Lugo, os corpos dos dous policías recuperados do mar na Coruña. // A espera media para operarse das patoloxías máis graves baixou en 16. // Os "Xenerais da Ulla" preséntanse na praza do Obradoiro, en Santiago. (03/02/12)

Case unha semana despois aparece o corpo dun dos policías nacionais afogados na praia do Orzán, na Coruña. Trátase do de Rodrigo Maseda de 35 anos e natural de Burela. // En xaneiro perderon o seu emprego 13.050 persoas en Galicia, co que máis de 271 mil están inscritas nas oficinas do servizos públicos de emprego da comunidade. // Luz verde ao plan galego de acuicultura, co que a Xunta pretende que Galicia recupere o liderado neste sector. // A Xunta asegura que a construción de buques vai contar cun novo sistema de bonificación fiscal a finais de abril. // A granxas de visóns galegas están a vivir unha época dourada debido, principalmente, á demanda da industria peleteira de países coma China ou Rusia. // O Café Latino de Ourense está de aniversario: cumpre 25 anos ofrecéndolle ós afeccionados ó jazz concertos inesquecibles. 02/02/12

Aparece o corpo dun dos policías nacionais afogados na praia do Orzán, na Coruña. // En xaneiro perderon o seu emprego 13.050 persoas en Galicia. // Luz verde ao plan galego de acuicultura. // A Xunta asegura que a construción de buques vai contar cun novo sistema de bonificación fiscal a finais de abril. // A granxas de visóns galegas están a vivir unha época dourada debido á demanda de países China e Rusia. // O Café Latino de Ourense cumpre 25 anos. 02/02/12

Ceo pouco nubrado ou despexado, con intervalos de nubes baixas na metade Norte que deixarán precipitacións débiles no Norte e Leste de Lugo. A cota de neve situarase nos 300-400 metros, pero con nevadas moi escasas. As temperaturas descenderán, ocasionando a presenza de xeadas no interior e acusada sensación térmica de frío durante o día. 02/02/12

O mar devolveu o cadáver da segunda das catro persoas desaparecidas en augas do Orzán. Desactivado un artefacto explosivo colocado ante unha oficina de emprego, en A Coruña.O paro rexistrado en Galicia medrou en xaneiro en 13.000 persoas, un punto por riba da media estatal.O Sindicato Labrego Galego informa ó Valedor do Pobo das forestacións ilegais de terras agrarias.O pleno da Deputación de Ourense elixirá o próximo luns a Xosé Manuel Baltar presidente da institución

Este jueves por la mañana ha sido localizado el cuerpo de uno de los dos policías que permanecían desaparecidos junto a un joven eslovado desde el pasado viernes. El cadáver ha aparecido en una playa pequeña próxima a la de Orzán, donde ocurrieron los hechos. Fuentes del operativo que participa en las labores de rescate han indicado que el cuerpo corresponde al agente Rodrigo Maseda, de 35 años de edad y natural de Burela (Lugo), quien había ingresado en el cuerpo policial en el año 2002. El cuerpo fue encontrado en la zona de la playa del Matadero sobre las 11.00 horas de este jueves por efectivos de Protección Civil. Permanecen desaparecidos el otro policía, José Antonio Villamor Vázquez, de 34 años y natural de Friol (Lugo), quien acudió al rescate uniformado, así como el estudiante Tomas Velicky, natural de Bratislava (Eslovaquia) y nacido en el año 1988.