Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Manuel Fraga será enterrado mañana en la localidad coruñesa de Perbes, como era su deseo. Allí pasaba largas temporadas desde hace años y también allí está enterrada su mujer.

Manuel Fraga morreu onte á noite no seu domicilio de Madrid, ao complicarse cunha neumonía os problemas respiratorios que sufría desde hai unhas semanas. // Políticos e institucións salientan a súa altura política e o amor a Galicia. // Loito especial en Vilalba, onde na naceu e en Perbes, onde vai repousar. // Comezan as obras para mellorar a seguridade do tráfico no corredor do Morrazo. // Celta e Depor, no alto da clasificación de Segunda. O Obradoiro perde outra vez. 16/01/12

Manuel Fraga morreu onte á noite no seu domicilio de Madrid. // Políticos e institucións salientan a súa altura política. // Loito en Vilalba, onde na naceu e en Perbes, onde vai repousar. // Comezan as obras para mellorar a seguridade no corredor do Morrazo. // Celta e Depor, no alto da táboa. O Obradoiro perde outra vez. 16/01/12

Predominio dos intervalos anubrados e ocasionalmente poden presentarse chuvascos, con máis probabilidade no norte de Lugo e A Coruña. A partir da tarde iranse abrindo grandes claros na metade sur. A cota de neve mantense arredor dos 800 metros. Ventos frouxos de compoñente norte e temperaturas mínimas en descenso. 16/01/12

A Xunta decreta tres días de loito oficial en Galicia pola morte do ex-presidente Manuel Fraga.As bandeiras do Parlamento ondean a media asta.Loito tamén nos concellos de Vilalba e Santiago. Os restos mortais do ex-presidente da Xunta están a ser velados na súa casa de Madrid e mañá recibirá sepultura en Perbes.O PP mostra o seu pesar pola "perda dun home exemplar".O PSdeGa destaca o labor de Fraga a "favor de Galicia" e o BNG lamenta a morte dunha "figura moi controvertida".

O secretario xeral do PPdeGa e conselleiro de Presidencia,Alfonso Rueda,é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia.Rueda reitera que os prazos do AVE a Galicia se fixarán cando se cumpran os cen días de estudio solicitados pola nova ministra de Fomento,Ana Pastor

Entrevista coa presidenta do Parlamento galego,Pilar Rojo, na que se abordan temas como a actual crise económica ou a posibilidade dun adianto electoral . Pilar Rojo tamén fai balance do 30 aniversario da Cámara autonómica, que tivo lugar o ano pasado

O gasóleo subiu case un 4% en dúas semanas e está máis caro que nunca. De media xa costa un euro con 33 céntimos. Tamén subiu a gasolina ata o euro con 35. // Xosé Luís Armesto Barbeito toma posesión como novo reitor da Universidade da Coruña. // Unha muller logra parar un desafiuzamento e vivir de aluguer na súa casa, en Tui. // A Xunta seguirá este ano aplicando codia de eucalipto no encoro do Umia, en Caldas, para controlar a proliferación das cianobacterias. // Muxía vai promocionar os seus secadoiros tradicionais de congro como atractivo turístico. (13/01/12)

Bancos de néboa matinais no interior e algún intervalo de nubes medias e altas. Vento frouxo do Sueste pola mañá e de dirección variable pola tarde.

Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas no interior. (13/01/12)

O prezo do gasóleo chega a máximos históricos. // Armesto Barbeito toma posesión como reitor da Universidade da Coruña. // Logra parar un desafiuzamento e vivir de aluguer na súa casa. // A Xunta seguirá este ano aplicando codia de eucalipto no encoro do Umia, en Caldas. // Muxía promociona os secadoiros de congro como atractivo turístico. (13/01/12)

62 traballadores irán ó paro cando se peche o ERE da fábrica Ecar, do grupo Finsa. O concello da Coruña pecha a Torre de Hercules debido ás mobilizacións dos traballadores. Novagalicia banco prescinde de 190 contratados eventuais. Xosé Luis Armesto é xa novo reitor da Universidade da Coruña.

Feijóo: Galicia mantén un control sobre o déficit público que evitará que a nos comunidade sexa sancionada, no caso de que esa medida fora acordada polo Goberno Central. // Comeza na Audiencia da Coruña o "macroxuízo" da fraude do gasóleo B de Ferrol. // A Deputación de Lugo modifica o regulamento para retirar os títulos honoríficos a Franco aínda que se absteña o PP. // Este ano a gripe vén menos violenta e chega máis tarde. // Dous meses despois do incendio do Carballiño, os 40 veciños do edificio aínda non saben cando poderán volver as súas casas. // Elías Portela, un escritor de Cangas que se ten convertido nunha referencia da poesía de Islandia, país no que reside. (12/01/12)

Feijóo: Galicia controla o déficit público. // Comeza o "macroxuízo" da fraude do gasóleo de Ferrol. // A Deputación de Lugo modifica o regulamento para retirar os títulos honoríficos a Franco. // Gripe menos violenta e máis tardía. // O Carballiño: os veciños do edificio incendiado aínda non saben cando poderán volver. // Elías Portela, un poeta de Cangas que triúnfa en Islandia. (12/01/12)

Intervalos de nubes de tipo medio e alto, pouco significativos, polo que o predominio continua sendo de ceos pouco nubrado ou despexados. Vento frouxo de dirección. Bancos de néboa matinais no interior e temperaturas sen cambios, con xeadas. (12/01/12)

O sistema de financiaciónautonómica favorece ós que máis teñen e a Xunta pide a súa reforma. O BNG culpa por igual á Xunta e ó Goberno central dos retrasos no AVE. Comeza o xuizo por un presunto fraude co gasóleo. Unha tudense chega a un acordo co banco para evitar o desafiuzamento: pagará un aluguer por seguir vivindo na que era a súa casa.

O sector pesqueiro galego pide un cambio total na política que lle quere aplicarlle a Unión Europea. // 19 alcaldes do BNG pídenlle á súa formación que adapte o seu discurso e ideario á sociedade actual. // Vilagarcía estrea praza de abastos, con máis luz e sen barreiras arquitectónicas. // Tempo de poda nas viñas das Rías Baixas. // A mesta néboa que cubre estes días Lugo só deixou lucir o sol 17 horas na cidade no que vai de ano. // Tokio3, o último espectáculo de "Voadora". (11/01/12)

Ceos pouco nubrados ou despexados con intervalos de nubes de tipo medio e alto que irán entrando polo Sur ao longo da tarde.Vento frouxo de dirección variable e néboas matinais no interior. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas en moitos puntos do interior. (11/01/12)

O sector pesqueiro galego pide un cambio total na política da Unión Europea. // 19 alcaldes do BNG piden un cambio de rumbo na formación. // Vilagarcía estrea praza de abastos. // Tempo de poda nas viñas das Rías Baixas. // A néboa que cubre Lugo só deixou lucir o sol 17 horas no que vai de ano. // Tokio3, o último espectáculo de "Voadora". (11/01/12)

A vinte días da asemblea nacional, 19 alcaldes do BNG defenden un proceso plural e democrático, e unha actuación unitaria. Morre acoitelado na Coruña un mozo colombiano. Accidente laboral en Pontevedra: a víctima é o propietario da casa na que ocorriron os feitos. A CIG denuncia que a Xunta ten cerca de duascentas prazas de profesor sen cubrir .