Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis de tres toneladas de cocaína intervidas e cinco detidos nun pesqueiro do Grove que navegaba polo Atlántico. // Visitamos en Vigo o último buque científico do Instituto Español de Oceanografía, o ¿Ángeles Alvariño¿. Costa vinte millóns de euros e estará traballando en setembro, nunha campaña de investigación nas Canarias. // Prezos baixos nas primeiras poxas da ameixa depurada nas bateas experimentais de ría de Ferrol. // O Deportivo está de festa. Celebra que acaba de chegar á cifra histórica dos 25.000 abonados. // O autobús itinerante coa mostra dos 75 anos de historia de RNE está hoxe en Santiago. 24/02/12

Máis de tres toneladas de cocaína intervidas e cinco detidos nun pesqueiro do Grove. // Visitamos en Vigo o último buque científico do Instituto Español de Oceanografía, o ¿Ángeles Alvariño¿. // Prezos baixos nas primeiras poxas da ameixa das bateas experimentais de Ferrol. // O Deportivo acaba de chegar á cifra histórica dos 25.000 abonados. // Mostra dos 75 anos de RNE en Santiago. 24/02/12

Ceo pouco nubrado ou despexado nas primeiras horas, con intervalos de nubes medias e altas en aumento durante a xornada. Vento frouxo do Leste no terzo Norte e variable no resto. Temperaturas sen cambios significativos, aínda que puntualmente ascenderán as mínimas e descenderán as máximas. Xeadas no interior. 24/02/12

O SVA interceptou un pesqueirode O Grove con máis de tres toneladas de cocaína. O PSdeG pide que se aprace o debate parlamentario do proxecto de lei que reccolle recortes no emprego público. O BNG rexieta o plan de acuicultura da Xunta. Hoxe é o día de Rosalía de Castro ó se cumprir 175 anos do seu nacemento.

La cantante Tamara ha denunciado que a finales del pasado mes de julio fue secuestrada en un cementerio de Castro de Rei (Lugo). Además de la detención ilegal, la artista afirma que fue coaccionada para actuar en la verbena de Duarría, en un palco prácticamente pegado al camposanto.

Investigan se o dobre asasinato de Xermade, en Lugo, foi para roubar ou por un axuste de contas, por tráfico de drogas ou débedas. // Parte dos beneficios que se obteñan da explotación do monte van ter que reinvestirse nel. É unha das novidades da lei do monte que hoxe comezou a súa tramitación no Consello da Xunta. // O Goberno galego tamén aprobou esta mañá o plan sectorial do Campus do Mar de Vigo, nos antigos terreos da ETEA, nos que abre a posibilidade de construír vivendas. // Máis de 3.000 autónomos galegos tiveron que pechar os seus negocios o ano pasado por mor da crise. // Nace en Pontevedra unha nova ruta histórica de sendeirismo que parte da cidade do Lérez ata Vilanova de Arousa, atravesando o val do Salnés. // A comida e a música viguesa únense para promocionar a cidade en Madrid. 23/02/12

Nova xornada de ceos poucos nubrados ou despexados. Vento moi frouxo de compoñente Leste no litoral Norte e variable no resto. Frío e xeadas no interior durante a madrugada, mentres que nas primeiras horas da tarde a sensación térmica será moito máis suave. 23/02/12

Investigan se o dobre asasinato de Xermade, en Lugo, foi para roubar ou por un axuste de contas. // Parte dos beneficios que se obteñan da explotación do monte van ter que reinvestirse nel. // Ábrese a posibilidade de construír vivendas no Campus do Mar de Vigo. // Máis de 3.000 autónomos galegos pecharon os seus negocios o ano pasado. // Nace en Pontevedra unha nova ruta histórica de sendeirismo. // Vigo promociónase en Madrid. 23/02/12

O BNG respalda a folga xeral convocada pola CIG para o 29 marzo. Barreras proponse prescindir da metade dos traballadores. Novas manifestacións contra os recortes para os empregados públicos. O consello da Xunta aprobou o proxecto de lei de Montes. O cadáver atopado o domingo en Riazor corresponde ó estudante eslovaco Tomas Velicky.

Leva meses sen chover e os encoros galegos están xa a pouco máis do cincuenta por cento da súa capacidade, 10 puntos por baixo da media dos últimos dez anos. // Dous homes morreron en Xermade, en Lugo, cando tentaban roubarlles na casa. // Declara no tribunal Supremo Manuel Bran, o primo político de José Blanco, e en Lugo o alcalde anuncia accións legais contra o empresario Jorge Dorribo. // O Partido Popular rexeita no Congreso unha proposta do BNG para reactivar o sector naval galego, que sí contou co apoio do grupo socialista. // Diminúen os accidentes de tráfico en Galicia, pero aumentan, e moito, os atropelos. // Polémica en Ourense entre a Igrexa e a ONG que xestiona esta casa de acollida para enfermos de SIDA sen recursos. O Bispado quere desaloxalos pola vía xudicial porque non pagan o aluguer do local desde hai ano e medio. 22/02/12

Leva meses sen chover e os encoros galegos están xa a pouco máis do cincuenta por cento da súa capacidade. // Dous homes morreron en Xermade, en Lugo, cando tentaban roubarlles na casa. // Declara no tribunal Supremo Manuel Bran, o primo político de José Blanco. // O Partido Popular rexeita no Congreso unha proposta para reactivar o sector naval galego. // Diminúen os accidentes de tráfico en Galicia, pero aumentan os atropelos. // Polémica en Ourense entre a Igrexa e a ONG que xestiona unha casa de acollida para enfermos de SIDA sen recursos. 22/02/12

Ceos pouco nubrados ou despexados, con néboas matinais illadas no interior. Vento moi frouxo de dirección variable, tomando compoñente Norte pola tarde. Temperaturas baixas na madrugada e primeiras horas da mañá, con xeadas xeneralizadas no interior, pero as máximas poden superar os 15 graos en moitos puntos, polo que a sensación térmica será primaveral nas primeiras horas da tarde. 22/02/12

Un home de 77 anos e o seu fillo de 51 morreron en Xermade durante o asalto á súa vivenda. Operación Campeón: o alcalde de Lugo queixase de que os inocentes teñan que defenderse emntres o culpable está nun balneario. Núñez Feijóo rexeita as críticas ó PP por non apoiar unha moción de apoio ó sector naval.

Pontevedra protagonista no percorrido do camión-exposición dos 75 anos de RNE.

Martes de Entroido en Bande, Cobres (Vilaboa), Laza, e en Salcedo, (Pobra do Brollón). // Nas cidades, a crise e os recortes centran a crítica social festeira. // Jorge Dorribo, no Tribunal Supremo. O empresario farmacéutico que acusou a José Blanco de aceptar subornos, declara en Madrid. // No peirao da Coruña, trinta pesqueiros levan catro días de folga para protestar pola excesiva burocracia que din teñen que soportar mariñeiros e armadores para face-lo seu traballo. // Catro pousadas xardín de catro estrelas, con todas as facilidades e os servizos para persoas con discapacidades. E a aposta da Deputación de Pontevedra para diversificar a oferta turística na comarca do Salnés. // "Ilustramundos", que acaba de abrir as súas portas en Santiago, é unha ollada á diversidade cultural a través da ilustración. 21/02/12

Martes de Entroido no rural. // Nas cidades, a crise centra a crítica social festeira. // Jorge Dorribo, no Tribunal Supremo. // Pesqueiros amarrados na Coruña para protestar pola excesiva burocracia que din teñen que soportar. // Catro pousadas xardín de catro estrelas para diversificar a oferta turística no Salnés. // Santiago: Unha ollada á diversidade cultural a través da ilustración. 21/02/12

Nubes de tipo medio e alto farán que os ceos non estean totalmente despexados. Vento moi frouxo de dirección variable. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas en puntos do interior. 21/02/12

O empresario Jorge Dorribo declara ante o Tribunal Supremo que investiga a posible implicación de José Blanco na operación Campeón. Colapso nas urxencias do Complexo hospitalario de Vigo. A Xunta insiste en que o plan eólico non está en perigo. A seca causa graves perdas no agro.

Estamos en pleno Entroido e hoxe en Laza, un dos lugares nos que máis arraigamento ten esta tradición, é o día da lama e as formigas. É o luns borralleiro. // Milleiros de traballadores maniféstante en nove cidades de Galicia contra a reforma laboral que vai aprobar o goberno de Mariano Rajoy. // A falta da confirmación da proba de ADN, todo indica que o cadáver que apareceu onte na praia de Riazor é o do estudante eslovaco Tomas Velicky. // Estes días visita Galicia a exposición coa que Radio Nacional celebra o seu 75 aniversario. // Nove vitorias consecutivas consolidan ao Deportivo no liderado de Segunda. Tamén o Celta segue gañando e mantense no segundo posto da clasificación, en zona de ascenso directo. // Unha exposición mostra en Lugo como era a vida cotiá nunha cidade romana a comezos desta era. 20/02/12

Estamos en pleno Entroido e hoxe en Laza é o día da lama e as formigas. // Milleiros de traballadores maniféstante contra a reforma laboral. // Todo indica que o cadáver que apareceu na praia de Riazor é o do estudante Tomas Velicky. // RNE celebra o seu 75 aniversario en Galicia. // Nove vitorias consecutivas consolidan ao Deportivo no liderado de Segunda. Tamén o Celta segue gañando e mantense no segundo posto. // Unha exposición mostra en Lugo como era a vida cotiá nunha cidade romana a comezos desta era. 20/02/12

Ceos pouco anubrados ou despexados, con só algunhas nubes de tipo medio pola mañá. As temperaturas mínimas descenderán de forma entre lixeira e moderada, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 20/02/12