Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis de medio cento de empresas implicadas nun fraude a Facenda que podería superar os dez millóns de euros. Investígao un xulgado de Vigo. // En Cambre, na Coruña, esperan noticias do hostaleiro Juan Cortés, secuestrado en Caracas desde o sábado. // Polémica en Lugo por se lle poñen o nome de Manuel Fraga a unha rúa e ao futuro auditorio da cidade. // Carlos Aymerich e Xosé Manuel Beiras unen varias correntes do BNG para presentar un lista alternativa á da UPG. // Homenaxe a Fraga na presentación da oferta turística galega en Fitur. // "Arrugas", unha historia de animación sobre o alzheimer que chega aos cines. 20/01/12

Máis de medio cento de empresas implicadas nun fraude a Facenda. // En Cambre esperan noticias do hostaleiro Juan Cortés, secuestrado en Caracas. // Polémica en Lugo por se lle poñen o nome de Manuel Fraga a unha rúa e ao futuro auditorio. // Carlos Aymerich e Xosé Manuel Beiras unen varias correntes do BNG para presentar alternativa á UPG. // Presentación da oferta turística galega en Fitur. // "Arrugas", unha historia sobre o alzheimer. 20/01/12

Anubrado durante a primeira metade do día, con máis nubes na metade Norte e posibles precipitacións débiles e dispersas, aínda que a tendencia será cara a unha apertura importante de claros. Vento frouxo ou moi frouxo, do Oeste no terzo Norte e de compoñente Norte no resto. Temperaturas sen cambios. 20/01/12

Crónica de Galicia - Preocupación polo empresario galego secuestrado en Venezuela

Crónica de Galicia - 20/01/11

O industrial de Cambre secuestrado en Venezuela encóntrase ben de saúde, segundo confirmou por teléfono á súa familia,logo dunha semana sen noticias. A Axencia Tributaria interceptou outro contedor con tabaco de contrabando.Feijóo di que a Xunta mantivo nun mes máis contactos co goberno de Rajoy que en tres anos con Zapatero.O presidente galego fixou a axenda de asuntos prioritarios co novo delegado do Goberno.Os socialistas vaticinan que a Cidade da Cultura absorverá este ano 8 millóns de euros, e non 1 millón,como asegurou o conselleiro Jesús Vázquez.Santiago prepárase para acoller a centos de persoas que se prevé asistirán mañá ó funeral por Manuel Fraga

Traballadores dos estaleiros da Ría de Vigo marchan entre Moaña e Cangas para pedir ás administracións medidas que garantan o futuro do sector. // A Xunta vai subir un 19 por cento as taxas das escolas infantís públicas, as da rede Galiña Azul. // Os socialistas galegos van percorrer toda Galicia en busca de propostas para a ponencia marco do seu congreso que terá lugar en marzo. // Esta tarde vanse poxar as primeiras ameixas do banco marisqueiro de Praceres,en Pontevedra, libres xa de contaminación tras permanecer dez días na batea de depuración. // A vivenda de Jorge Dorribo, embargada debido ás elevadas débedas de Nupel, está sendo desmontada. 19/01/12

Traballadores dos estaleiros da Ría de Vigo marchan entre Moaña e Cangas para pedir ás administracións medidas que garantan o futuro do sector. // A Xunta vai subir un 19 por cento as taxas das escolas infantís públicas. // Os socialistas galegos buscan propostas para o seu congreso. // Primeiras ameixas depuradas en batea. // Desmontan a vivenda de Jorge Dorribo. 19/01/12

O presidente da Xunta coincide co ministro Montoro en que habería que pedir responsabilidades penais ós políticos pola súa xestión.As tarifas das gardeirías suben case un 20%.Caamaño aposta polas primarias para elixir ós candidatos,tamén á presidencia da Xunta.Hoxe podería pecharse un acordo de "Encontro Irmandiño" e "Máis Galiza" de cara á Asemblea do BNG.A exposición itinerante "RNE contigo" chegará as principais cidades galegas a patir do 18 de febreiro

Homenaxe a Manuel Fraga en Vilalba, a súa vila natal. // O Goberno vaille dar crédito as comunidades autónomas, para que salden as débedas cos provedores, pero vailles esixir tamén que cumpran os obxectivos de contención do déficit. // Sae a concurso a xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra, unha gardería pública construída en terreos cedidos polo Concello. A CIG denuncia que é o comezo da privatización da rede de escolas infantís da Xunta. // As consultas telefónicas sobre violencia de xénero aumentaron un 12 por cento o ano pasado. // Comeza a funcionar un grupo de traballo entre a Xunta e os partidos do Parlamento para tentar defender conxuntamente o sector pesqueiro galego fronte á reforma da política pesqueira común que propón a Comisión Europea. (18/01/12)

Ceos moi anubrados ou cubertos con precipitacións intermitentes, máis frecuentes na metade Norte. Vento frouxo do Sur e Sueste, con intervalos moderados no litoral Norte. Temperaturas mínimas en moderado ascenso. (18/01/12)

Homenaxe a Manuel Fraga en Vilalba. // O Goberno vaille dar crédito as comunidades autónomas, para que salden as débedas cos provedores. // Sae a concurso a xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra. // As consultas telefónicas sobre violencia de xénero aumentaron un 12 por cento o ano pasado. // Partidos e Xunta suman forzas ante á reforma da política pesqueira común que propón a Comisión Europea. (18/01/12)

A oposición parlamentria critica os resultados do Consello de política fiscal e financieira. A Xunta opta pola privatización de garderías públicas. En 2011 houbo tres víctimas da violencia de xénero en Galicia. Nova homenaxe a Manuel Fraga, neste caso na súa vila natal, Vilalba.

Los restos de Manuel Fraga descansan ya en Perbes, la localidad coruñesa donde está enterrada también su mujer. Una ceremonia familiar a la que también han asistido muchos vecinos y miembros del partido que fundó, el Partido Popular. No sólo en nuestro país, en Argentina, en la sede del PP de Buenos Aires han abierto un libro de condolencias que será entregado a la familia. Y en la Federación de Asociaciones de Galicia ofrecen un pergamino para recoger firmas y pésames de la colectividad gallega.

Manuel Fraga volve para repousar definitivamente en Galicia. Sobre as dez da mañá o cadaleito abandonaba o seu domicilio de Madrid e arestora viaxa cara Perbes. // Bandeiras con crespóns negros, libros para asinar condolencias e tres días de loito. É o dó oficial. // O ex ministro José Blanco declarará a petición propia no Tribunal Supremo o vindeiro 26 de xaneiro. // En Galicia, danse unha media de seis desafiuzamentos ao día, que a xente non o conta por vergoña. // Cada ano abandónanse en Galicia arredor de 9.000 cans e gatos. Na festividade de San Antón Abade, patrón dos animais, as protectoras chaman á conciencia social, para evitar que as mascotas que se regalan polo Nadal acaben nos refuxios, ou na rúa. 17/01/12

Manuel Fraga volve para repousar definitivamente en Galicia. // Bandeiras con crespóns negros, libros para asinar condolencias e tres días de loito oficial. // O ex ministro José Blanco declarará a petición propia no Supremo o día 26. // En Galicia, seis desafiuzamentos cada día. // Cada ano abandónanse en Galicia arredor de 9.000 cans e gatos. 17/01/12

Néboas matinais no interior, localmente persistentes, e ceos en conxunto pouco anubrados, con algunhas nubes de tipo medio e alto durante o día. Vento frouxo de dirección variable ou con predominio do compoñente Sur, tendendo a aumentar en intensidade pola tarde no litoral Noroeste. Temperaturas en lixeiro ascenso, aínda que con xeadas en zonas do interior. 17/01/12

O féretro cos restos mortais de Manuel Fraga viaxan dende Madrid a Galicia.O expresidente da Xunta será soterrado,xunto á súa muller, na vila coruñesa de Perbes.Feijóo anuncia en RNE que Fraga será homenaxeado nun acto político en Galicia,no mes de febreiro.O titular da Xunta defendeu nesta emisora que o Goberno avale a débeda das comunidades autónomas.O ex-ministro José Blanco declarará,a petición propia,o 26 de xaneiro.Un home morreu ó se incendia-la súa vivenda en Castro de Rei (Lugo).

Las comunidades autónomas sellarán este martes su compromiso con la contención presupuestaria, tal como les pide el ministro de Hacienda y Administraciones Públicas, Cristóbal Montoro, quien contempla establecer un techo de gasto para las administraciones regionales. La medida es apoyada por el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para quien no hay alternativa. "Estamos al borde de una situación que hay que evitar como sea, por lo tanto, la ley de techo de gasto, el compromiso de un presupuesto ajustado a los ingresos y el compromiso de de no gastar más de lo que se tiene no es un tema de ideología política", explica. El dirigente 'popular' también confirma que las comunidades autónomas volverán a pedir al Estado que avale la deuda que emitan (17/01/12).

Su destino, la localidad coruñesa de Perbes donde está enterrada su esposa. Todo el mundo recuerda la figura de Fraga y la profunda huella que ha dejado en la política gallega de las últimas décadas. Crespones negros y tres días de luto en Galicia. En la Xunta han colocado este libro de condolencias. El presidente Núñez Feijoó ha sido uno de los primeros en dejar la suya y ante los medios de comunicación ha asegurado que la Galicia de hoy no puede entenderse sin Manuel Fraga.