Ceos pouco nubrados ou despexados, con algúns intervalos de nubes na provincia de Lugo e no este de Ourense , que poderían deixar algún chuvasco illado. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nas zonas do interior. 21/03/12
Pablo Cobián, ex-deputado do PP, imputado na operción Campeón, négase a declarar ante a xuiza que investiga o caso. Inditex anuncia que ampliará en 70 mil metros cadrados as instalacións centrais de Arteixo. O PP acusa ós socialistas de usar os concellos como moeda de cambio. Redada en Santiago contra o tráfico de drogas e a prostitución.
Para un sudafricano "exsurfer" Galicia es el mejor lugar del mundo para criar a su hijo ciego, el lugar en el que un médico sirio y musulmán puede ser alcalde durante 21 años, el pueblo en el que una canadiense puede vivir igual que en Canadá pero comiendo mejor o le paisaje en el que un bretón es capaz de revivir las aventuras de Astérix y Obélix. El programa visita Ferrol, S.Andrés de Viladonelle, Cabanas en A Coruña, Maras, Castro de Viladonga, Abadin, Villalba en Lugo, Guitiriz y su Bº en Ourense.
A primavera entra en Galicia cun sol radiante mentres chove en boa parte da Península. O cambio de estación ocorreu pouco despois das seis da mañá. // Os empresarios que monten os seus negocios nalgún dos 19 concellos da Costa da Morte recibirán de media un cinco por cento máis de subvencións que os que se instalen en outras zonas. // A Comisión Europea suaviza a prohibición dos descartes na pesca, pero rexeita manter as axudas ao desguace da flota e ás paradas temporais. // Cada vez menos condutores enchen o depósito, coa esperanza de que baixe un pouco o prezo dos carburantes. A semana pasada, gasolina e gasóleo chegaron a novas marcas históricas. // Os Resentidos, aquel grupo vigués que cantaba en galego historias de crise e reconversión naval, xúntanse de novo para celebrar o trinta aniversario da súa creación. 20/03/12
A primavera entra en Galicia cun sol radiante mentres chove en boa parte da Península. // A Xunta prima ás empresas que se instalen na Costa da Morte. // A Comisión Europea suaviza a prohibición dos descartes na pesca. // Cada vez menos condutores enchen o depósito, coa esperanza de que baixe un pouco o prezo dos carburantes. // Os Resentidos xúntanse de novo para celebrar o trinta aniversario da súa creación. 20/03/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que se rexistrarán algunhas nubes na zona da Mariña Lucense e bancos de néboa matinais illados e pouco persistentes en bisbarras do interior. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso as máximas. Xeadas nas zonas do interior. Ventos do nordés moderados en xeral, con intervalos fortes na Costa da Morte. 20/03/12
Bruxelas, disposta a adianta-las axudas comunitarias para alivia-las consecuencias da seca.A Xunta financiará créditos con cargo ás subvencións europeas.Os armadores galegos temen a desaparición das subvencións ó despece de barcos,anunciada pola comisaria de Pesca.O Tribunal Superior Galego confirma a recusación dos tres maxistrados que ían velo "caso Prestige". O galeguista Isaac Díaz Pardo, distinguido como"fillo adoptivo da provincia de Lugo",dous meses despois do seu pasamento.
Comeza o xuízo pola contaminación do Umia tras o incendio da planta química Brenntag, en Caldas. Tres empregados da factoría están acusados de imprudencia na descarga dun camión de tolueno, que sería a causa do lume e do vertido tóxico. // A Coruña foi a segunda cidade que ratificou a Constitución de Cádiz de 1812. Hoxe conmemoran o seu bicentenario e lembran que 25 galegos participaron nas deliberacións para a súa redacción. // A Xunta multa con 72.000 euros a tres compañías navieiras das que levan pasaxeiros ás Illas Cíes, por transportar máis dos declarados e dos permitidos polo Parque Nacional das Illas Atlánticas. // San Xosé e día do pai. // O Deportivo segue de líder e disparado cara o ascenso, tras gañarlle por tres a cero ao Alcoyano, mentres o Celta interrompe a súa serie de sete vitorias consecutivas. // Máis ilusión que capturas no primeiro día de pesca nos ríos, que van baixos coma no verán. 19/03/12
Durante a mañá, ceos parcialmente cubertos, con chuvascos nas primeiras horas no litoral norte e no leste da provincia de Lugo. Intervalos anubrados no terzo norte e máis despexados no resto. Ventos moderados do nordés. A medida que avance a xornada a tendencia será á diminución das nubes e a desaparición das chuvias. 19/03/12
Comeza o xuízo pola contaminación do Umia tras o incendio da planta química Brenntag, en Caldas. // A Coruña conmemora o bicentenario da Constitución de Cádiz. // A Xunta multa con 72.000 euros a tres compañías navieiras por levar máis pasaxeiros ás Illas Cíes dos permitidos. // San Xosé e día do pai. // O Deportivo, disparado cara o ascenso. O Celta interrompe a súa serie de sete vitorias consecutivas. // Primeiro día de pesca nos ríos. 19/03/12
Arranca o xuizo polo incendio da factoría de produtos químicos Brenntag, que contaminou o río Ulla,,no 2006.Os ministros de Pesca da UE debaten en Bruxelas a reforma da Política Pesqueira Común.Redúcese á terceira parte o número de afectados polo ERE de Alcoa.Feijóo reclama en Asturias o remate da autoestrada do Cantábrico.O PSOE acusa ó Presidente da Xunta de antepoñelos intereses do PP ós dos galegos.Todo a punto para o Festival de Documentais Play-Doc, que se celebrará a partir do mércores en Tui
Antón Reixa, candidato a presidi-la Sociedade General de Autores, é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-G. Reixa cré que "a SGAE non debería percibirse como un poder fáctico", senon que, dalgún xeito é "unha cooperativa para xestionar conxuntamente os dereitos de autor"
O Presidente da Xunta aproveitou o debate sobre o estado da autonomía para anunciar a primeira fusión de concellos entre os municipios coruñeses de Cesuras e Oza dos Ríos.Feijóo propón,ademais, a reducción de organismos como o Tribunal de Defensa da Competencia,o Consello Económico e Social e os vicevaledores do Valedor do Pobo
- Eran parte de la tripulación de un barco con 3 toneladas de cocaína
- Ya son nueve los detenidos en esta operación
- Los tres fueron detenidos en Madeira y son gallegos
Un incendio en Samos, en Lugo, leva queimadas más de 400 hectáreas e segue avanzando. Nas últimas horas tamén ardeu con forza entre Allariz e Vilar de Santos, Ourense. Aquí o lume arrasou unhas 140 hectáreas. // Os meteorólogos xa cualifican esta seca coma unha das máis graves dende que hai rexistros. Case chega ao nivel da sufrida en 1953 e calculan que tería que chover todo o que queda de ano para paliar a escaseza de auga. // A Xunta proponlle ás entidades financeiras un sistema de arbitraxe para resolver o conflito das participacións preferentes. // UGT e Comisións Obreiras presentaron hoxe no Rexistro da Xunta a súa convocatoria para a folga xeral do próximo día 29 contra a reforma laboral. // Concerto para bebés no Conservatorio Histórico de Santiago. (16/03/12)
Ceos anubrados e néboas a primeira hora. Nubes de tipo medio e alto e chuvascos, máis importantes no interior, ocasionalmente de carácter tormentoso. Ventos frouxos do oeste. As temperaturas mínimas non varían e as máximas descenden entre lixeira e moderadamente. (16/03/12)
Un incendio en Samos, en Lugo, leva queimadas más de 400 hectáreas e segue avanzando. // Os meteorólogos xa cualifican esta seca coma unha das máis graves dende que hai rexistros. // A Xunta proponlle ás entidades financeiras un arbitraxe sobre as participacións preferentes. // UGT e Comisións Obreiras rexistran a súa convocatoria de folga xeral. // Concerto para bebés no Conservatorio Histórico de Santiago. (16/03/12)
Os expertos vaticinan unha primavera estable en Galicia pero con menos chuvias das necesarias para palia-la seca.Unións Agrarias ve unha provocación no plan da Xunta para previ-las inundacións.Os incendios de Samos e Rodeiro seguen activos mentres que os de Allariz,Vilar de Santos e Sandiás quedaron baixo control.A Xunta centraliza o subministro de material ós hospitais,como medida de aforro.Feijóo aclara que non porá unha taxa para as receitas. O mestre de Burela Bernardo Penabade fálanos sobre un programa de radio que da voz ós que deciden asumi-lo galego como lingua habitual.A Cidade de Cutlura inaugura exposición sobre as orixes do cómic galego
Dous veciños de Bueu morreron esta mañá ao envorcar a embarcación deportiva na que estaban pescando. Sucedeu preto da illa de Ons, fronte á ría de Pontevedra. // Milleiros de traballadores de Navantia e as industrias auxiliares da comarca de Ferrol maniféstanse en Santiago pedindo encargas para o sector e a construción dun dique flotante que permita reparar grandes buques en Fene. // O Sector naval foi un dos asuntos que trataron ata hai uns minutos o presidente a Xunta e o do Goberno na Moncloa. // Dorribo tentou chantaxear ó presidente da Audiencia Provincial de Lugo coa compra da farmacia do seu xenro en Santiago. // O imperio Inditex abre tenda hoxe na Quinta Avenida de Nova York na que estrea nova imaxe. // O grupo arxentino Les Luthiers está de xira por Galicia co seu espectáculo "Lutherapia", unha historia entre paciente e psicanalista que remata con final feliz. (15/03/12)
Vaise achegando un embolsamento de aire frío, que trae nubes de tipo medio e alto. No litoral, intervalos nubrados e néboas especialmente persistentes na provincia de A Coruña. Ventos frouxos do nordés no litoral norte, con intervalos de moderado no litoral de A Coruña. As temperaturas seguen sen cambios. (15/03/12)