A folga no ensino está a ter un seguimento mínimo, segundo a Xunta, e maioritario, segundo os convocantes. Á marxe da guerra de cifras, a CIG, principal organización impulsora do paro sostén que o acordo asinado entre a Consellería e unha minoría sindical non recupera o horario lectivo previo ós recortes, e que a baixada das rateos é demasiado pequena. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, non ve marxe pra achegar posturas . Entende que sería un desprezo ós sindicatos que sí asinaron o acordo, Comisións, Anpe e UGT.
A Xunta ofrece aos traballadores de Einsa, nas Pontes, formación para a súa reinserción laboral. A falta de horas para que remate o prazo de negociacións do ERE os afectados reuníronse co goberno galego.
En Cee comezaron as mobilizacións das ANPAS dos Institutos en protesta polas deficiencias no transporte do alumnado. Padecen retrasos, escaseza de prazas e inseguridade nas viaxes.
Os pensionistas saíron tamén ás rúas este luns, fixérono en Santiago pra denunciar a decisión da Xunta de privatizar a xestión das residencias de maiores construídas pola Fundación Amancio Ortega.
O Concello de Santiago deseñou unha programación de Nadal coa que quere crear marca de cidade, e que arrancará este venres co acendido das luces.
Día de folga no ensino. Arestora están xa abertos ou a piques de facelo algúns centros educativos como parte do servizo de madrugadores, os servizos mínimos deben garantir a apertura tanto para a actividade docente coma para o coidado e vixilancia.
As primeiras horas do día deixan un terremoto de 3'5 graos sobre ás seis da mañá que se sentiu nas provincias de Ourense e Pontevedra.
E as familias do Villa de Pitanxo están satisfeitas polas declaracións escoitadas este luns na Audiencia Nacional: os testemuños de mariñeiros enrolados no buque galego en mareas anteriores ó naufraxio declararon que fallaba a seguridade.
Na política, o galego Miguel Tellado, ex deputado autonómico é o escollido por Núñez Feijóo coma portavoz popular no Congreso.
E hai que lamentar a morte do profesor e escritor coruñés Miguel López, coñecido nas redes coma El Hematocrítico. Tiña 47 anos e morreu tras sufrir un infarto, confirmouno a súa parella, a escritora Ledicia Costas.
Segue dando pasos a investigación do naufraxio do Villa de Pitanxo na audiencia nacional. Os armadores da casa Norés defenderon hoxe que o pesqueiro naufragado en febreiro do ano pasado en Terranova cumpría coas medidas de seguridade. Fronte as súas palabras, escoitábanse as de mariñeiros que embarcaran no barco en anteriores viaxes, que negaron a existencia de simulacros, de traxes e falaron de xornadas extenuantes. Declaracións que reforzan a posición das familias dos 21 falecidos.
Bo día. Os problemas co transporte público saen de novo ás rúas en Ferrol e Ribeira. As plataformas que defenden un transporte digno demandan un servizo de calidade, puntual e con prazas suficientes.
Nova protesta este domingo en contra da especulación enerxética. Desta volta, tamén en Ferrol, convocada por Vento Mareiro.
O comité de empresa de EINSA Print reúnese hoxe con representantes do goberno galego. Este xoves remata o período de consultas do ERE desta empresa das Pontes
Os pensionistas de Compostela inician mobilizacións contra a decisión da Xunta de privatizar a xestión das residencias de maiores da Fundación Amancio Ortega. Hoxe sairán á rúa en Santiago
Castro Caldelas volveu ás urnas, e volveu escoller a Sara Inés Vega como alcaldesa por maioría absoluta. A socialista obtén de novo o apoio da veciñanza na repetición das eleccións de maio.
Péchase así o ciclo das municipais. Por diante quedan as autonómicas, o PSdeG non descarta que o PP adiante os comicios.
Todo nunha mañá na que declararán na Audiencia Nacional dous directivos da armadora Nores para determinar a súa posible responsabilidade no naufraxio do Pitanxo.
Nos deportes, o Celta só conseguiu levarse un punto de Mestalla fronte ó Valencia.
Entrevista co candidato do PsdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.
Realizada por Xosé Manuel García.
Repetición electoral hoxe en Castro Caldelas. O concello ourensán é o único de Galicia que este domingo repite os comicios do 28 de maio. De momento, sen incidencias.
A voltas ademais cos problemas do transporte, con protesta en Ferrol para pedir un servizo de autobús digno. E digno tamén debería ser o tren en Galicia. É o que lle acaba de pedir por carta a portavoz nacional do BNG ó novo ministro de Transportes.
Un dos asuntos que tamén abordamos hoxe na entrevista con José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta. Iso será a partir das dúas menos vinte.
Estaremos ademais en Santiago na andaina solidaria contra a violencia de xénero "Camiño ó Respecto".
E na despedida do rei emérito, que xa abandonou Sanxenxo.
Entrevista coas músicas Sabela Caamaño e Antía Ameixeras, do dúo Caamaño e Ameixeiras.
Realizada por Andrea Oca.
Galicia mobilízase hoxe contra a violencia machista. Marchas convocadas para lembrar que as agresións físicas e psicolóxicas ás mulleres non poden quedar impunes. Deben ser identificadas e erradicadas. Xa houbo manifestacións pola mañá, pero a maioría serán pola tarde.
Polo demais, o Consello Nacional do BNG ratificou a candidatura de Ana Pontón á presidencia da Xunta, folga indefinida dos condutores de buses de Vitrasa en Vigo e protestas en defensa da mina de Penouta e un convenio digno en Stellantis.