Entrevista en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve con la delegada en Galicia de la asociación de mujeres cineastas, Nati Juncal, realizada por Andrea Oca.
Dous días de loito en Marín. Hoxe e mañá as bandeiras ondean a media asta e suspendéronse tódalas actividades culturais, deportivas e de ocio no concello, en sinal de dó.
É a nova tráxica dun día no que botan a chave os centros masivos de vacinación contra a covid e a gripe. Pero a campaña vai continuar a partir do luns nos hospitais e nos centros de saúde. O SERGAS recomenda inmunizarse antes de final de ano.
As anpas galegas Cren que o anuncio do presidente da Xunta de que á volta do Nadal se ampliará a prohibición dos móbiles nos centros escolares é unha manobra de distración. Lembran que xa hai unha norma vixente dende hai case dez anos, e cren que o goberno galego só busca demonizar as tecnoloxías no canto de formar no seu uso e aproveitalas no ensino.
Mentres, hai pais que optan por evitar os posibles riscos do mal uso do móbil evitando que o teñan ata os 16 anos. E organízanse pra rebaixa-la presión social sobre os seus cativos.
As últimas horas déixannos un atraco a punta de pistola en Vigo. Foi a pasada tarde nunha sucursal bancaria. Botín de 300 mil euros e operación Xaula para dar cos atracadores nunha cidade ateigada de xente polas luces do Nadal.
Detalles, Óscar González, bo día!
Un atraco en Vigo que é o sexto na contorna en dous meses. E que coincide coa detención de catro persoas implicadas en roubos en bancos en Pazos de Borbén e Vilaboa.
Polo demais, o fundamental deste xoves pasa polo consello da Xunta e a ampliación nas limitacións do uso do móbil nos centros educativos. Agora afectarán tamén ó horario non lectivo.
Xa sabemos tamén que a autopsia preliminar non aclara como morreu a muller achada inconsciente en Nogueira de Ramuín, e que a Audiencia da Coruña condenou a 27 anos de cadea ó home que asasinou a unha veciña de Oza-Cesuras en 2021.
Nos Deportes, vitorias do Rácing e do Celta na Copa do Rei.
- Se trata de una vecina de Requeixo de nacionalidad ucraniana, según fuentes de los servicios de emergencias
- La mujer había sido encontrada este miércoles en San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín, por un vecino de la parroquia
Petición dun Plan Especial de Loita contra o Narcotráfico e reforzos de persoal de seguridade. Demandas da fundación galega contra o narcotráfico ante o alixo de 7 toneladas de cocaína en Cambre, con 4 detidos que aínda non pasaron a disposición xudicial
Marta Lois arrefría as opcións dunha coalición Sumar-Podemos para as autonómicas galegas. Palabras que non entenden na formación morada: defende a súa autonomía para pactar pese a situación no Congreso
Diminúen os ingresos por virus respiratorio sincitial entre os nenos que recibiron a nova vacina do Sergas. Nos lactantes menores de 6 meses apenas hai ingresos, nos menores de 2 meses as hospitalizacións pasaron de 1.200 a 35 por 100 mil habitantes
Reforzo de persoal no mantemento dos trens de Renfe en Redondela ante as continuas avarías e atrasos. Mentres seguen as incidencias, este martes pasaxeiros do Eixo Atlántico tiveron que facer parte das viaxes por estrada
No tempo, xornada de cambios, empezamos con moita chuvia, máis de 70 litros por metro cadrado en varias localidades de Pontevedra, pero a partir das tres xa non haberá avisos por acumulacións.
Falece unha muller en Nogueira de Ramuín, tras ser atopada aínda con vida nun camiño. Presentaba signos de violencia, estaba medio espida. Morreu unha vez no hospital. De 62 anos e nacionalidade ucraína, vivía co seu marido británico. Non hai persoas detidas de momento, todas as hipóteses están abertas, incluída a violencia de xénero.
De contado máis detalles. Outro suceso, de menor entidade, en Mondoñedo. Ferido un cazador tras recibir un disparo accidental.
Nas últimas horas protagonismo tamén para a política. As negociacións entre Podemos e Sumar en Galicia para concorrer xuntos ás eleccións galegas están interrompidas trala separación no Congreso, pero a formación morada dá autonomía ás delegacións autonómicas para tomar as súas propias decisións.
Nos deportes, derrotas do Deportivo e do Arenteiro na Copa do Rei; vitoria do Lugo. Hoxe xogan Celta e Racing de Ferrol
Máis de 7 toneladas de cocaína intervidas nunha nave de Cambre, o maior alixo do ano en Galicia. De contado máis detalles desta nova operación contra o narcotráfico, que deixa de momento 4 persoas detidas.
É a nova das últimas horas, nun Día da Constitución no que o BNG se desmarca dos actos organizados en conmemoración da Carta Magna e celebra o seu propio evento no Panteón dos galegos ilustres para reclamar máis autogoberno para Galicia.
No Parlamento autonómico a política segue marcada polas futuras autonómicas, non hai data pero si precampaña.
Nos vindeiros minutos iremos tamén a Vigo, onde bombeiros e persoal de ambulancias alertan do colapso que vive a cidade nesta época de Nadal.
Máis de 7 toneladas de cocaína intervidas nunha nave de Cambre, o maior alixo do ano en Galicia. De contado máis detalles desta nova operación contra o narcotráfico, que deixa de momento 4 persoas detidas.
É a nova das últimas horas, nun Día da Constitución no que o BNG se desmarca dos actos organizados en conmemoración da Carta Magna e celebra o seu propio evento no Panteón dos galegos ilustres para reclamar máis autogoberno para Galicia.
No Parlamento autonómico a política segue marcada polas futuras autonómicas, non hai data pero si precampaña.
Nos vindeiros minutos iremos tamén a Vigo, onde bombeiros e persoal de ambulancias alertan do colapso que vive a cidade nesta época de Nadal.
Este martes foi a primeira reunión de Fandicosta cos sindicatos pra explicarlles as causas do ERTE que a empresa ven de presentar e que afectará a 111 empregados da factoría de Domaio,onde a pesqueira ten as suas maiores instalacións frigoríficas.
Tamén, escoitaremos as posicións da Xunta e do goberno con respecto a ALCOA, logo de que esta anunciara a paralización temporal do proxecto do forno de cocción de ánodos, o investimento máis grande con preto de 110 millóns de euros.
Informe moi crítico do consello económico e social sobre o proxecto de lei de recursos naturais. Malia ó intento de que fora revisado, o organismo independente reclama un novo plan eólico e protección ás terras agrarias fronte a proxectos enerxéticos
As confrarías reclaman un plan de rexeneración pras rías galegas. Os mariscadores piden medidas que permitan aborda-la situación crítica que vive o sector marisqueiro pola mortalda de bivalvos
Cae en Ourense unha banda que roubou cen toneladas de cable de cobre. Deixaron incomunicados preto de 100 mil fogares e 20 centros de saúde coas súas operacións. Hai 7 persoas detidas
Veciños e servizos de emerxencias de Vigo denuncian a falta de planificación do concello. Faltan plans de tráfico, medios e efectivos pra garanti-la seguridade ante a chegada de milleiros de visitantes a ve-las luces de nadal
No tempo, xornada de tempo seco e temperaturas baixas
O catedrático de estatística Ricardo Cao é o novo reitor da Universidade da Coruña. Vence así o candidato continuísta co 65 por cento dos apoios, nunhas eleccións cun 25 por cento de participación.
-A delegación do goberno confirma que o asasinato en Oroso de Encarnación Regueiro, de 80 anos, é un caso de violencia de xénero. É así o primero asasinato machista da provincia da Coruña neste 2023.
-O porto exterior de Punta Langosteira acadou os 20 millóns de toneladas de mercadorías. No acto de celebración, o presidente da Xunta situou esta infraestrutura como un referente no transporte de mercadorías en España.
-Xa en Santiago, o Concello manterá o plan de inspeccións a locais pra comprobar que cumpren a normativa en materia de prevención de incendios
O Ministerio de Industria convoca de urxencia a mesa de seguimento de Alcoa, ante o anuncio da multinacional de dar marcha atrás, inicialmente, nalgúns investimentos previstos. Hai moita preocupación entre o persoal da fábrica da Mariña.
Hoxe temos nova cita no Pazo do Hórreo coa sesión de control. O pleno aprobou a nova lei de artesanía e comezou a tramitación da lei de cultura inclusiva.
E hai novas queixas das enfermeiras, pese ós procedementos de estabilización de persoal, denuncian que máis da metade das traballadoras son temporais.
Nos deportes, empate do Celta ante o Cádiz en Balaídos. Os vigueses son terceiros pola cola na clasificación da Liga
6.773 hectareas arderon en Galicia no que vai de ano segun datos que ofreceu esta tarde no parlamento, o conselleiro de medio rural. é unha das novas que nos deixa a xornada.
Tamén escoitaremos as declaracións que nos chegan tralas reunións do persoal do servizo de limpeza de Lugo coa patronal ou dos traballadores de Vitrasa, en Vigo, coa dirección. Todo nun día que nos deixa un dato esperanzador. O paro baixou en novembro en 2.180 persoas.
Encarnación Regueiro, confirmada coma a terceira vítima mortal de violencia machista do ano. Morreu acoitelada polo seu marido de 88, que logo se suicidou, o pasado venres en Sigüeiro.
Os procesos de estabilización do Sergas foron insuficientes para reducir a temporalidade. Enfermeiras en loita asegura que máis da metade do persoal segue sendo eventual ou interino.
Nova oportunidade pra supervivencia de Hiperxel. Unha empresa ourensá comprou a marca e prevé reabrir este Nadal 22 das tendas, con oportunidades pra algúns dos 300 traballadores
Aprobada a nova lei de artesanía de Galicia. Co obxectivo de modernizar e profesionalizar o sector, sae adiante cos votos de PP e PSOE, e o rexeitamento dos nacionalistas, que a consideran decepcionante
Hoxe continuarán as protestas polo crime machista de Sigüeiro. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá xunto a outros membros do executivo, ao minuto de silencio convocado ás once da mañá en San Caetano.
-Hoxe celébranse as eleccións que marcarán o rumbo da Universidade da Coruña nos vindeiros catro anos. Ricardo Cao ou Fermín Navarrina, un dos dous será o novo reitor da UDC tomando o relevo de Julio Abalde.
-Novas queixas dos pacientes da área sanitaria de Santiago-Barbanza polas alarmantes demoras nas citas de atención primaria. Desde a Asociación de Usuarios do CHUS denuncian que se dan citas con máis de quince días.
-Hoxe constitúense as mesas de negociación do ERE que a empresa Telefónica anunciou a semana pasada. A nosa provincia é na que máis traballadores poden verse afectados, xa que hai máis de trescentos