Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
Os usuarios do tren enfróntanse cada día a posibles retrasos e incluso cancelacións. Nos últimos días foron recorrentes. PP e BNG xa se dirixiron ó novo ministro de transportes para pedirlle solucións e saiban que mañá hai folga e en Galicia suprímense 38 servizos.
E hoxe hai un paro xeral de catro horas nas Pontes pola situación orixinada polo peche da central térmica. Convoca a CIG que non ve avances nos proxectos alternativos. A última hora de onte Xunta, endesa e sindicatos chegaron a un preacordo para ampliar catro meses a actividade das empresas auxiliares.
Incendio de madrugada en tres coches en Vila de Cruces. O lume afectou á fachada dun edificio e os veciños, que non podía sair, tiveron que refuxiarse nos últimos pisos ata que os bombeiros acabaron de apagalo.
O tempo...continuamos baixo a influencia do anticiclón, pero hoxe con menos nubes e as máiximas poden subir un par de graos.
Foi protagonista nas negociacións de investidura de Pedro Sánchez e segue a selo: a débeda pública. Neste caso a galega. No BNG indican que o presidente da Xunta triplicou a débeda mentres recortaba en servizos públicos e beneficiaba á banca privada. Ana Pontón indicou ademais que Galiza paga un sobrecusto pola decisión do PP de renunciar ós fondos estatais. Rueda responde: a cantidade de débeda galega é asumible.
Por certo vén de rematar a reunión Alfonso Rueda e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na sede lucense da Xunta. De contado os detalles.
Todo nunha tarde na que xa podemos poñer data a primeira oportunidade que terá o senador José Manuel Baltar de explicarse ante o Supremo, será en decembro.
E xa coñecemos os trens cancelados en Galicia para este venres, cando hai folga en Renfe.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
Cruce de acusacións entre o presidente da Xunta e a líder do BNG no parlamento entorno á débeda de GAlicia. Os nacionalsitas aseguran que os gobernos populares triplicaron a débeda durante os seus mandatos, e que optase por acudir ós bancos no canto do fondo estatal, canto os xuros eran máis elevados. O presidente da Xunta defende que GAlicia debe menos que outras moitas comunidades e acusa ós nacionalsitas de mudanzas de posición neste eido.
Cos socialistas a disputa foi entorno á situación de Baltar, logo de que o tribunal supremo abrira causa contra él por un delito contra a seguridade viaria. Besteiro lembra a súa actuación cando se viu en situación semellante.
Barricadas a esta hora nas Pontes diante da compañia de Endesa. Os traballadores das empresas auxiliares protestan contra o pre-desmantelamento da central térmica que conlevaria que o dia 30 deste mes case un cento de persoas se queden sen traballo. Din que non cesarán ata que a empresa se comprometa a negociar con eles-
-Fin o conflito das auxiliares de Navantia Ferrol, polo incumprimento do convenio colectivo. Chegouse a un acordo entre os sindicatos do naval e a empresa Gabadi, auxiliar de Navantia.
-Reunión hoxe en Santiago entre representantes da empresa de artes gráficas das Pontes, "Einsa Print", e os traballadores pra falar do ERE extintivo que vén de presentar a compañía e que afecta a 155 empregados da fábrica que ten na localidade coruñesa.
- Santiago contará en 2025 cun centro integrado sociocultural e de maiores no corazón do Ensanche. Está previsto que se ubique nos antigos locais da Seguridade Social, en San Pedro de Mezonzo
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
O Supremo abre causa penal contra Manuel Baltar por un presunto delicto contra a seguridade viaria. O caso remóntase ó mes de abril cando o entón presidente da Deputación de Ourense foi captado conducindo un coche oficial a 215 quilómetros por hora. O BNG pide a súa dimisión.
A Xunta pide ó novo ministro de transportes unha solución para os retrasos e cancelacións dos servizos ferroviarios en Galicia. Os traballadores das auxiliares de Endesa cortan o paso as instalacións de ciclo combinado...e un titular máis:
o exconcelleiro da Mara en Vigo Rubén Pérez vaise incorporar ó novo goberno. Será o número dous do ministerio de mocidade e infancia
O caso Baltar chega ó Supremo. O senador, antes presidente da deputación de Ourense, investigado polo alto tribunal por conducir a 215 quilómetros por hora na autovía en Pobra de Sanabria o pasado abril. Xa hai reaccións, no BNG esixen a súa dimisión, que deixe o cargo que ocupa desde o verán na Cámara Alta.
Todo nun día con máis novas xudiciais. Quedaron vistos para sentenza dous xuízos: o dos familiares do Alvia, que demandaron no Supremo unha nova investigación técnica e o do histórico narcotraficante galego Laureano Oubiña contra a produtora e plataformas emisoras da serie Fariña.
A tarde deixa ademais un incendio nun piso en Vigo con catro persoas hospitalizadas, unha delas unha muller maior con queimaduras.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
Hoxe miramos ós xulgados. En Madrid, no Tribunal Supremo, quedou vista pra sentenza a demanda das familias das víctimas do accidente do Alvia na que reclaman unha investigación independente do accidente. Unha que non dependa dunha comisión nomeada polo mesmo ministerio do que dependen ADIF e Renfe. A plataforma de afectados adianta que se non se consegue por esta vía non dubidarán en acudir a Estrasburgo
Mentres, en Vilagarcía, o fiscal negaba hoxe que houbese intromisión ilexítima na honra de Laureano Oubiña por parte da serie Fariña. Entende que prima o dereito á creación artística.
Continúan os retrasos nos trens rexionais. Hoxe os primeiros servizos que tiñan destino A Coruña chegaron con vinte minutos tarde. Os usuarios quéixanse polas continuas incidencias
-Un grupo de mariscadores e membros de Ecoloxistas en Acción ocuparon este luns as instalacións da mina de San Finx en Lousame, para esixir responsabilidades polas verteduras de metais pesados
-Investigan os danos causados pola retirada con maquinaria pesada dun catamarán varado na praia de Area Maior, en Muros, nunha zona altamente protexida.
- O goberno local de Santiago negocia cos propietarios do antigo colexio Peleteiro outra alternativa urbanística pra parcela, despois de que o Concello lle denegase a solicitude de licenza por non cumprir os requisitos do PXOM...