Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Folga das traballadoras de Arenal Perfumerias na provincia da Coruña. Piden que a empresa lles aplique o convenio provincial do comercio vario e compensacións económicas polo exceso de horas.

Mañá pasan a disposición xudicial na Coruña os sete detidos nunha operación antidroga na comarca do Salnés. Entre eles figura Juan Carlos Santórum, un vello coñecido das Forzas de Seguridade que estivera fuxido da xustiza.

Lugo é a provincia española con maior índice de obesidade. Segundo un estudo do Instituto de Saúde Carlos III por comunidades, Galicia ocupa o segundo posto; a provincia de Ourense é a primeira en obesidade infantil.

En Vigo xa está todo preparado pra que esta tarde comece oficialmente o Nadal.
O turismo bate records nestas datas. O hoteis xa están completos para as fins de semana en decembro.

Folga das traballadoras de Arenal Perfumerias na provincia da Coruña. .

Piden que a empresa lles aplique o convenio provincial do comercio vario e compensacións económicas polo exceso de horas.

Mañá pasan a disposición xudicial na Coruña os sete detidos nunha operación antidroga na comarca do Salnés.

Entre eles figura Juan Carlos Santórum, un vello coñecido das Forzas de Seguridade que estivera fuxido da xustiza.

Lugo é a provincia española con maior índice de obesidade.

Segundo un estudo do Instituto de Saúde Carlos III por comunidades, Galicia ocupa o segundo posto; a provincia de Ourense é a primeira en obesidade infantil.

En Vigo xa está todo preparado pra que esta tarde comece oficialmente o Nadal.

o turismo bate records nestas datas. O hoteis xa están completos para as fins de semana en decembro.

O tempo. Non hai variacións... segue seco e soleado. Temperaturas baixas ás noites.

Este venres, día do Black Friday, as traballadoras de Arenal perfumerias da provincia van á folga- Unha xornada na que queren revindicar mellores condicións laborais e denunciar a diferenza de salario que se lles aplica por estar dentro do convenio estatal de perfumerias e non do convenio provincial do comercio vario.

A CIG convoca folga indefinida en "Galictio" a partir de hoxe. Sinala que o fai como resposta ós continuos incumprimentos do convenio colectivo e pola modificación sustancial das condicións de traballo impostas pola dirección.

As probas de ADN confirman que o cranio achado nunha aldea de Mazaricos corresponde a Antonio Tuñas, o veciño da localidade desaparecido hai case un ano.

En Santiago, moción conxunta das tres forzas de esquerda da corporación municipal pra que a Xunta financie integramente o novo parking do hospital.

A Garda civil investiga as causas e circunstancias da morte dunha muller. O seu corpo apareceu no Porriño, ó carón dunha vía de acceso ó polígono das gándaras. Xusto ás portas do día internacional pola erradicación da violencia contra a muller.
E non hai folga en Renfe... foi desconvocada onte á tarde, pero a compañía non descarta que poida producirse algunha incidencia polo pouco tempo que tivo para repoñer os servizos que estban anulados.
Temos que lamentar un accidente mortal en Vilardevós. Un veciño de Cualedro faleceu tras chocar co seu coche contra un camiño.
Atención ós condutores que pasen pola A6 a altura de Pedrafita, nuns minutos, ás oito, haberá unha modificación dos desvíos de tráfico existentes polas obras de reconstrución dos viadutos do Castro. Cambiarase o percorrido entre os quilómetros 428 e 432 nos dous sentidos de circulación.

O tempo...sen cambios.... sen nubes, agás na Mariña, pero con máis frío.

A última hora en Galicia témola no Porriño. Localizado o corpo sen vida dunha muller, ten signos de violencia, de contado escoitamos á Garda Civil, que se atopa na zona...

É o máis recente que nos deixe un xoves con novidades para mercar ou alugar vivenda. A Xunta dará axudas, unha boa parte para as persoas con menos recursos. En total, 56 millóns de euros en 2024. Ademais, tamén o vindeiro ano, haberá unha oferta pública de emprego no Sergas, en xogo 1.200 prazas.

E a cabalo entre o político e o xudicial, o Tribunal Constitucional tumba o recurso da Xunta contra o imposto de grandes fortunas. O BNG pide a comparencia urxente de Miguel Corgos, conselleiro de Facenda.

En Vigo, representantes de Vitrasa reuniranse mañá pola tarde co comité de empresa para negociar o convenio. Todo ás portas do comezo da folga indefinida o sábado.

Centos de persoas manifestáronse este mediodía polas rúas das Pontes, no marco dunha xornada de folga xeral parcial. Reclaman un futuro industrial pra localidade, logo do peche definitivo da central térmica. Cren que o declive económico da zona vai alén do final da central, con numerosas emprsas ameazadas de expedientes e peches. Non ven que os proxectos comprometidos no marco da transición enerxética acaben de tomar forma e temen que sexa demasiado tarde cando se poñan en marcha.

As pontes volve ser hoxe noticia. O sindicato nacionalista convoca pra esta mañá unha xornada de folga xeral polo futuro industrial da comarca. Denuncian o peche da fábrica de Endesa e outros proxectos industriais que, segundo apuntan dende a CIG, están descompasados coa realidade laboral do municipio. Haberá Un paro de catro de horas e manifestación ao mediodía-.

A fábrica de artes gráficas das Pontes ofrece rebaixar en 16 o número de despedimentos, en vez dos 155 inicialmente previstos no ERE desta empresa de artes gráficos das Pontes.

Os pensionistas de Santiago mobilizaranse o vidneiro luns contra a decisión da Xunta de privatizar a xestión das residencias de maiores cedidas pola Fundación Amancio Ortega.

Os taxistas de Culleredo agardan que a Xunta legalice en pouco máis dun mes o acordo que permitirá que os taxistas da cidade da Coruña poidan operar de novo no aeroporto de Alvedro sen ser sancionados.

Os usuarios do tren enfróntanse cada día a posibles retrasos e incluso cancelacións. Nos últimos días foron recorrentes. PP e BNG xa se dirixiron ó novo ministro de transportes para pedirlle solucións e saiban que mañá hai folga e en Galicia suprímense 38 servizos.

E hoxe hai un paro xeral de catro horas nas Pontes pola situación orixinada polo peche da central térmica. Convoca a CIG que non ve avances nos proxectos alternativos. A última hora de onte Xunta, endesa e sindicatos chegaron a un preacordo para ampliar catro meses a actividade das empresas auxiliares.

Incendio de madrugada en tres coches en Vila de Cruces. O lume afectou á fachada dun edificio e os veciños, que non podía sair, tiveron que refuxiarse nos últimos pisos ata que os bombeiros acabaron de apagalo.

O tempo...continuamos baixo a influencia do anticiclón, pero hoxe con menos nubes e as máiximas poden subir un par de graos.