Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Manifestación en Vigo en defensa do sector da automoción. Hai preocupación polo futuro de Stellantis en Vigo porque a multinacional non deu pistas acerca da fabricación de novos modelos. A Vigo non se lle adxudica gran cousa mentres outras fábricas do grupo en España e no exterior teñen anuncios de investimentos.

Con Óscar González, Aitana Vidal, Pablo Lago e Marcela Martín Saracho

Tra-la investidura e Pedro Sánchez, agora a división política trasládase a Galicia coa vista posta nas eleccións autonómicas... con visións diametralmente das consecuencias dos pactos cos nacionalistas. A Xunta pon como exemplo a diferencia de trato no caso da lei de litoral.
Renfe cubriu con autobuses varios servizos rexionais: os sindicatos atribúeno á falta de maquinistas. E, en Vigo, mobilizacións pola falta de plans de futuro para o sector do automóvil.

O tempo. Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Baixaron as temperaturas mínimas.

Tra-la investidura e Pedro Sánchez, agora a división política trasládase a Galicia coa vista posta nas eleccións autonómicas... con visións diametralmente das consecuencias dos pactos cos nacionalistas. A Xunta pon como exemplo a diferencia de trato no caso da lei de litoral.
Renfe cubriu con autobuses varios servizos rexionais: os sindicatos atribúeno á falta de maquinistas. E, en Vigo, mobilizacións pola falta de plans de futuro para o sector do automóvil.

O tempo. Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións.

As últimas horas foron de reaccións á investidura de Pedro Sánchez, tamén aquí en Galicia, con opinións diversas e contrapostas entre a Xunta e os partidos da oposición.

Para Alfonso Rueda é unha mala nova. Para o PSdeG, o momento de que Galicia siga tendo protagonismo. E dende o Bloque xa aseguran que estarán vixiantes para que se cumpra o pactado

-Denuncian a saturación de alumnado no IES Plurilingüe da Ames. O Instituto estaba inicialmente pensado para uns 350 alumnos, e hoxe en día, conta con máis de 800.

-Os traballadores da empresa AMICOS, de atención a persoas con discapacidade, concéntranse esta tarde en Boiro para rexeitar o despedimento inxustificado, dín, dun traballador.

-A Mesa sectorial da Hostalaría de Santiago debatirá o próximo día 29 sobre a instrución de Urbanismo en materia de seguridade. O sector cre que o Concello está a facer unha interpretación restritiva da normativa.

Os ecos da división política no Congreso trasládanse tamén a Galicia. Ata agora a renovación de cargos na Federación galega de muicipios e provincias facías por conseso... pois nesta ocasión o PP presentou unha candidatura alternativa a do socialista Alberto Varela que foi reelexido presidente.
E continúa a polémica polas listas de espera sanitarias: sanidade rexeita que oculte ou manipule datos. Responde así ás acusacións de distintas asociacións de pacientes.
Deportes: os equipos galegos xa coñecen os rivais no torneo de Copa...o Arosa recibirá o Valencia... os partidos na ponte de decembro.

Tempo: O paso dunha fronte deixa orballo e moita humidade nestas primeiras horas. Logo abriranse claros. As temperturas mínimas volveron a subir.

Aumentan a SEIS os ríos baixo vixilancia por risco de desbordamento na provincia. Afectan ás zonas de Valdoviño, Ortigueira, Betanzos e Val do Dubra. Aínda que as chuvias deron unha tregua nas últimas horas, a Xunta mantén activo o Plan Inungal de control dos caudais.

-A Asociación de Pacientes de SAntiago querélase contra Sanidade pola opacidade nas listas de agarda

-A Comarca do Barbanza únese por un transporte público digno. Usuarios e entidades afectadas polas incidencias presentan hoxe unha plataforma para elevar as súas reivindicacións á Xunta

-A Autoridade Portuaria da Coruña contempla crear unhas mesas de debate que incorporen á cidadanía na visión e decisións do peirao

O alcalde de Vigo non puido ver as probas de iluminación do ascensor Halo porque un grupo de traballadores de Vitrasa increpárono con berros enfrentándose ó rexedor. Abel Caballero tivo que recuar e marchar no seu coche oficial. É un sinal do malestar dos empregados de Vitrasa que a partir do día 25 estarán en folga indefinida.

Con Óscar González, Aitana Vidal, Pablo Lago e Marcela Martín Saracho

As chuvias danos un pequeno respiro e hoxe non hai ningún aviso por condicións meteorolóxicas adversas, pero na segunda metade do día chega unha nova frote que vai deixar precipitacións en boa parte de Galicia.

en Ferrolterra ou na Costa da morte aínda se recuperan das últimas incidencias provocadas polas chuvia...mantense a vixilancia sobre unha ducia de ríos e moitos agricultores ven como merma a producción de verdura de inverno

O temporal de chuvia e vento deu unha tregua e a situación foi mellorando nas últimas horas. Con todo, agora mesmo son dez os ríos en perigo de desbordamento.
Ademais, un tren de FEVE que cubría o traxecto entre Ferrol e Oviedo descarrilou esta tarde ó impactar contra unha árbore ó seu paso por Ortigueira. Non se rexistraron feridos e activouse o transporte por estrada.

36 días seguidos de chuvias e acumulacións superiores ós 100 litros por metro cadrado nalgunhas localidades deixaron máis de 200 incidencias en distintos puntos de GAlicia por asulagamentos ou corrementos de terras. Especialmente en zonas de Ferrolterra ou a Costa da morte, onde vimos desaloxos de vivendas. Unha manta de auga que tamén está a afectar ó sector primario, que advirte da perda de ata o 50% da produción en cultivos coa a naviza, o repolo ou as leitugas.