Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguimos a falar outro día da borrasca Kíran porque malia que abandona a provincia no xoves continúou deixando numerosas incidencias. Máis de 400 de todo tipo: sobre todo caída de pólas pero tamén cortes importantes de subministro eléctrico ou unha caída dun noiro en Santiago. E indignación nos usuarios do tren porque se suspendeu o servizo entre A Coruña e Ferrol e mesmo os buses habilitados sofriron retrasos. No mar segue outro día máis a alerta vermella.

Principio de acordo para que o BNG apoie a investidura de Pedro Sánchez. No pacto figuran rebaixas na AP-9 e agora tamén AP-53. A executiva do BNG reunirase hoxe con carácter extraordinario para valida-lo.

A Xunta da o primeiro paso para prohibir a venda de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores e amplía os espazos libres de fume.

Deportes...O Arousa non estará no sorteo da proxima eliminatoria de Copa, perdeu 3-0 co Granada... eso si non prospera a súa reclamación por unha posible alineación indebida do equipo andaluz.

O tempo. Tra-lo paso de Kiaran, quedamos nunha situación de chuvascos... pola tarde o vento vai virar ó suroeste e recuperaranse algo as temperaturas

Saúdos, xornada marcada polo paso da borrasca KIARÁN pola comunidade. A tarde está a ser máis tranquila, pero durante a xornada Galicia acumulou ata 500 incidencias, problemas no tráfico aéreo e ferroviario...pero ningunha de gravidade.

E a noticia política da tarde é o principio de acordo acadado polo BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez.

Refachos de vento de 160 kilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras, acumulacións de 50 litros por metro cadrado en Vilariño de Conso, olas de 8 metros na Coruña..

Son os datos que deixa o temporal esta mañá, na que parte da frota está amarrada, hai trens e voos cancelados, e anegamentos nalgúns puntos. De contado imos percorrer as zonas de Galicia máis afectadas.

O paso da borrasca Kíran pola nosa provincia deixa preto de corenta incidencias segundo o último parte da Axencia Galega de Emerxencias, todas de menor consideración. Malia todo é a que rexistrou máis, de entre as provincias galegas. A meirande parte foron pólas caídas, mobiliario urbano desprazado ou retirada de restos de accidentes nas estradas. Ademais os tráficos áereo e ferroviario víronse afectados. E ainda que semella que está a pasar manténse o aviso vermello -o máximo- no mar do litoral da Coruña.

-A alcaldesa de Santiago reúnese hoxe cos hosteleiros da cidade. As asociacións que os representan criticaron ao concello polos retrasos na concesión de licenzas, entre outras cousas.

-Hoxe esta previsto que cheguen a Sobrado os corenta migrantes procendetes de Canarias que estaba previsto ubicar no Porriño.

-Xuizo esta mañá na Audiencia da Coruña contra Ramón Vigo quen era o alcalde de Cee no 2015. Él e catro concelleiros están acusados delitos de prevaricación administrativa

Nestas primeiras horas aínda se producen refachos fortes de vento e mantense o aviso vermello no litorl da Coruña...Afortunadamente hai moitas incidencias pero ningunha de gravidade.... e tra-la borrasca vaia entrar unha masa de aire frío que vai deixar as primeiras nevadas na montaña.

Nas vindeiras horas chegarán a Sanxenxo uns sesenta migrantes procedentes de Canarias. As ONG recordan que a medida responde á situación de emerxencia humanitaria que se está a vivir en Canarias.

A CIG denuncia que a asistencia médica no Morrazo volve estar baixo mínimos. O PAC de Cangas, que atende tamén os veciños de Moaña, ten un equipo médico menos.

A Xunta prepara unha orde de axudas a aquelas granxas que rexistraron casos do chamado "Covid das vacas". Xa enfermaron 226 vacas das que 13 acabaron morrendo.

Deportes. oito equipos glegos disputan a primeira eliminatoria de Copa a partido único. Desde as 12 xoga o Compostela que perde 0-1 co Tenerife en San Lázaro. Dos partidos da tarde destaca o Boiro-Mallorca.

No tempo, a tarde vén con aviso laranxa por vento en case toda Galicia e por temporal costeiro en todo o litoral. Imos coñecer o que vén por diante.

40 migrantes procedentes de Canarias xa están no Porriño e chegarán máis nestes días a Sanxenxo, aínda que nun número menor ó previsto inicialmente. O ministro Escrivá non logrou onte apagar as criticas de concellos e comunidades.

Xa pasaron a primeira noite en prisión os dous detidos pola morte a tiros dun home en Arteixo o pasado domingo... non se descartan máis arrestos.

Día primeiro de novembro, víspera de defuntos, moitos empregan esta xornada festiva para acudir ós cemiterios.. aconséllase face-lo pola mañá .. o concello da Coruña xa anuncia que o camposanto pechará á tarde pra evitar riscos polo vento.

Porque o tempo vai ir empiorando conforme avance o día

Saúdos, acaban de pasar a disposición xudicial os dous detidos pola morte dun home a tiros en Arteixo este domingo.

ADemáis, continúa o malestar entre concellos, Xunta e goberno central polos traslados de migrantes procedentes da crise humanitaria en Canarias...nunha xornada na volveron as protestas dos bombeiros.