Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta fala de desinformación do executivo central, a delegación do goberno di que se transmiten os datos conforme se teñen. É o resumo da situación xerada polo anuncio da chegada de centos de migrantes a Galicia, procedentes de Canarias.

Está no aire aínda o número e os destinos destas persoas. Concellos coma Sobrado dos Monxes din que non contan coa infraestrutura necesaria. Sanxenxo si a ten, pero os hostaleiros aínda non teñen información ó respecto das chegadas. E tamén se busca espazo nos albergues do Camiño.

O comunicado dos hosteleiros de Compostela, denunciando a política do concello respecto do ocio nocturno, xa ten resposta de Raxoi. A alcaldesa citounos pro vindeiro xoves pra explicarlles os detalles do Plan de Inspeccións.

-o presidente da xunta asegura que os orzamentos autonomicos para 2024 conteñen as partidas economicas para a capital galega faladas coa alcaldesa de santiago

- A alcaldesa da Coruña amosa a súa disposición a acoller persoas migrantes ante a crise humanitaria de Canarias, e a colaborar no que precise o goberno central

- Xa reabriron os vacinódromos na provincia para a campaña conxunta da gripe e a covid. Os recintos son Expocoruña na área sanitaria da Coruña-Cee; a Cidade da Cultura na área Santiago-Barbanza e FIMO en Ferrol

Mantéñense moitas incognitas sobre o reparto dos inmigrantes que abarrotan os centros canarios. Oficialmente mantense que a partir o luns chegarán uns 400 pero o ministerio que dirixe José Luis Escrivá xa contactou con albergues do camiño de Saniago que ofrecen un milleiro de prazas.

O nome propio da xornaada é o de José Manuel Baltar... deeixará a Deputción e agora tamén a dirección do PP de Ourense... quedará só coa acta de senador que lle permite que o caso por exceso de velociade, que ten pendente, estea agora no Supremo.

E hoxe hai prevista unha nova protesta dos bombeiros comarcais.. nesta ocasión ante a Deputación a Coruña

O temporal que nas últimas horas afecta a Galicia mellorou coa entrada da tarde. Con todo, por momentos seguiron os chuvascos intensos. Segundo as últimas cifras do 112, contabilizáronse máis de 130 incidencias. A maioría, na provincia de Pontevedra. Foron, sobre todo, balsas de auga, árbores na estrada e inundacións.

Por outra banda, en relación cos 400 migrantes que chegarán a Galicia procedentes de Canarias, o Goberno aclara que estarán na comunidade como máximo un mes. É a resposta a unha carta da consellería de Política Social, na que se solicitaba información a este respecto.

E un anuncio da Xunta: oferta de emprego con máis de 600 prazas de acceso libre para 2023.

Que chova en Galicia non é novidade pero que o faga con esta forza e en poucas horas si é noticia polo regueiro de incidencias que deixa a auga tras de si. Hai aviso laranxa nas provincias de Ourense e de Pontevedra, esta última acumula a maior parte dos problemas especialmente en Gondomar e Vigo. Tamén Caldas e Ponte Caldelas están vixilantes ante a crecida dos ríos.

Colectivos que denuncian o mal funcionamento do servizo que presta a concesionaria Monbús reuníronse esta pasada noite en Ferrol pra acordar medidas conxuntas e adherirse a unha nova plataforma galega.

-A confraría de Noia teme que a maioría dos mariscadores queden sen axudas. Logo de pechar a campaña máis corta da historia pola escaseza de bivalvo

-O goberno local de Teo, do partido popular, rexeita o proxecto de humanización do Milladoiro deseñado polo Ministerio de Transportes, e súmase ao intento de paralización da Xunta

- As tres asociacións de hostelería de Santiago acaban de sacar un comunicado conxunto. Están molestas coa actitude do Concello cos locais nocturnos Consideran que os criminaliza e discrimina

Os maiores de 65 anos poderán viaxar gratis nos autobuses públicos que dependen da Xunta desde o ano que vén. O Consello do goberno galego aprobará mañá os descontos, incluídos no carné +65.

É un dos argumentos informativos dun día no que estivemos pendentes de Cambados, onde apareceu un coche con restos humanos no porto de Tragove. Sospéitase que poderían pertencer a un veciño desaparecido en abril do ano pasado.

Os maiores de 65 anos poderán viaxar gratis nos autobuses públicos que dependen da xunta desde o ano que vén. Anunciouno o presidente Rueda durante a súa intervención na sesión de control do Parlamento. Alí aproveitou para criticar ó BNG, considera que os nacionalistas desprezan ós maiores porque din que non saben votar.

Foron as palabras de Rueda, que de contado provocaron a reacción de Ana Pontón, que lle esixía unha rectificación.