Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Mañá está previsto que comecen a chegar a Galicia os migrantes desprazados desde Canarias. Xa dixera o delegado do goberno que o pln de distribución estaba suxeito a cambios.. e así é. O grupo que ía ser ubicado en Sobrado irá agora O Porriño.

Solucións habitacionais é o que piden en Vigo para as familias afectadas polo incendio da rúa Alfonso décimo e doutros dous edificios que van ser desaloxados.

E, destacamos dus asuntos máis... a protestas contra o peche da mina da Penouta en Viana; e o Ere que a empresa de Artes Gráficas Einsa pretende aplicar a 162 traballadores.

O tempo.

Un tornado derruba dous tellados, árbores e postes de tendido eléctrico en Oza-Cesuras. O fenómeno rexistrous a pasada tarde na parroquia de Rodeiro

Saúdos, boa tarde...A localidade pontevedresa do Porriño será finalmente quen acolle aos 40 migrantes que ían chegar a Sobrado dos Monxes, procedentes da crise humanitaria de Canarias.

Noticia que coñecemos nunha tarde na que seguimos pendentes dos dous detidos polo crime de Arteixo, -este domingo-, cun home falecido por arma de fogo.
 

Dúas persoas detidas e todas as liñas de investigación abertas. É o principal resumo da situación na que se atopan as pescudas sobre o homicidio que acabou coa vida dun home de 42 anos en plena rúa en Arteixo. O falecido traballaba nunha discoteca, era porteiro. A delegación do goberno non confirma hipótese algunha, pero si deu algúns datos da detención: produciuse non moi lonxe da zona do crime.

Extinguido o incendio que se declarou este domingo na planta de Sogarisa, no polígono industrial das Somozas.

Hoxe comeza o período de consultas en relación ao ERE que vén de presentar a empresa de artes gráficas "Einsa Print", ubicada nas Pontes e que afecta a 227 traballadores.

-Admitida a trámite a querela criminal contra o concello da Coruña pola adxudicación do contrato da canceira municipal. Foi interposta polo centro de recollida de animais "Más cuidados".

A Garda civil investiga un homicidio en Arteixo. Un home de 42 anos, que traballaba no ocio nocturno na Coruña, morreu víctima dun disparo en plena rúa.
De madrugada quedou extinguido o incendio que se declarou este domingo na planta de Sogarisa nas Somozas e que obrigou a declarar o nivel 1 do plan de emerxencias.
E este domingo, Ana Pontón presentou a súa cndidatura para encabezar a lista do BNG á presidencia da Xunta. Dixo que o fai coas mans libres se as ataduras que outros teñen de Madrid.
Deportes. O Racing volve os tres puntos de Santander e o Deportivo consegue o primeiro triunfo da tempada en Riazor.

O tempo.
Seguimos na influencia das borrascas, con ventos do suroeste. este luns o ceo estará cuberto. As chuvias serán máis frecuentes e intensas pola tarde.

Parece que a borrasca Celine vai apaciguando. Con todo este sábado, o temporal deixou máis de 300 incidencias en toda Galicia. E un dos sectores que se viu máis afectado foi o da pesca...

No tempo da entrevista falaremos co Delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.

A lei do litoral galego volve a ser noticia logo de coñecerse hai uns días que o goberno central impugnará ante o constitucional a lei galega. Este sábado A cidade da cultura de Santiago acolleu un acto en defensa do litoral coa participación de conselleiros da Xunta e representantes do sector pesqueiro e marisqueiro e da cadea mar industria.

No tempo da entrevista falaremos co autor Pedro Feijoo, gañador do premio xerais de novela deste ano pola sua obra Niguén contará a verdade. De feito, arestora estase celebrando a festa de entrega dos galardóns no parador de Baiona.

Cita decisiva esta tarde no PP ourensán. Está previsto que Manuel Baltar deixe o liderado do partido.

Ademais, segue a polémica sobre a chegada de migrantes a Galicia. O delegado do Goberno insiste en que o proceso é transparente. O alcalde de Sobrado asegura que agora mesmo o concello non está preparado para a acollida. En Sanxenxo, os hostaleiros tamén se queixan da faltan de información.