Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa o avisara un xuiz de Pontevedra... agora é o Tribunal Constitucional o que suspende varios artigos da lei de acompañamento galega sobre costas...O Goberno considera que rebaixa a protección.

Outra decisión xudicial.. neste caso do Tribunal Superior que suspende a execución doutro parque eólico: faino polo impacto en hábitats e especies.

E Endesa debe presentar outro plan de cara ó peche da central térmica das Pontes que debe dar garantías de emprego pros traballadores da industria auxiliar. Hai un cento de trballadores afectados

Remata a xornada de folga no ensino, cun seguimento do 60 por cento segundo os sindicatos e do 15 por cento segundo a consellería de Educación.

Novas tamén dos tribunais... O Constitucional admitiu a trámite o recurso do Goberno e suspende artigos da lei de acompañamento galega de 2023 en materia de costas.

Pola súa banda, o Superior de Galicia suspendeu de forma cautelar a execución do parque eólico do monte Acibal, na provincia de Pontevedra.

Ademais, a Xunta insta a Endesa a presentar antes do venres outro plan para o futuro das Pontes, que inclúa garantías de emprego para os traballadores das auxiliares

A deputación da Coruña destina 300.000 euros na mellora de servizos municipais en Rianxo. A presidente da entidade supervisou as obras que reforzarán a seguridade na senda peonil que vai de Rianxo a Burés

As obras da intermodal de SAntiago rematarán en xullo de 2024. A alcaldesa demanda un aparcadoiro en superficie que complete as 369 prazas que recolle o proxecto da estación.

As familias do ceip Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda, mobilízanse contra o peche da cociña escolar do centro, logo de 40 anos de servizo.

Xornada de folga no ensino público. Convocada pola CIG, ten o apoio doutros tres sindicatos. Organizacións que rexeitan o acordo asinado sobre ratios de alumnos e reducción de horarios dos docentes. Educación instou ós centros a fixar os servizos mínimos.
Apoio da Xunta ós autónomos..as novas altas non térán que pagar cota durante un ano.
E as protestas dos bombeiros comarcais deixanno de novo incidentes. Neste caso en Ourense. Un bombeiro e dous policías resultaron feridos. O venres a concentración terá lugr en Lugo.

O tempo. quedamos baixo unha nova borrasca. con chuvias e vento que soprará forte do suroeste no litoral e zonas altas. Poden acadarse refechos de ata 80 quilómetros por hora.

Os autónomos galegos que inicien a súa actividade profesional en 2024 terán "cota cero". O executivo galego subvencionará o cento por cento das súas cotizacións. A medida recollerase nos orzamentos do vindeiro ano, segundo anunciou este luns en Vilagarcía o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que, por certo, se reuniu esta tarde en Pontevedra co alcalde da cidade. O encontro vén de rematar.

Polo demais, protagonismo para a mobilización dos bombeiros comarcais en Ourense, con danos materiais, carga policial e varios feridos

Os galegos que en 2024, comecen a súa actividade por conta propia, que se fagan autónomos, terán cota 0. É a primeira vez que se da esta medida en Galicia, anunciábaa esta mañá en Vilagarcía o presidente da Xunta. Alfonso Rueda estima en 8 mil euros as axudas que poderán recibir os novos autónomos con todas as medidas previstas polo goberno galego.

E mentres o presidente facía este anuncio, a oposición no Parlamento comunicou a súa intención de presentar emendas á totalidade ós orzamentos do ano que vén

- Os bombeiros comarcais, en folga desde xuño, levaron hoxe a súa protesta a Ourense. De novo con incidentes e carga policial

Uns douscentos axentes chegados desde as catro provincias, concentráronse esta mañá ante a Deputación. Agora mesmo non hai ningunha negociación aberta.

- Tráfico substitúe ó helicóptero con base na Coruña por dróns.

Os traballadores critican este cambio: consideran que irá en detrimento da seguridade vial.

- A asociacion unificada da garda civil non descarta presentar unha denuncia en Inspección polas obras no cuartel de Santiago.

Denuncia o risco laboral e persoal para os 90 axentes destinados no posto compostelán.

- As navallas das Cíes chegan ó mercado.

A confraría de Cangas presenta o venres o proxecto de lanzamento de 9 mil latas. Unha iniciativa conxunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas