Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os orzamentos galegos de 2024 pasaron o exame: superaron esta tarde o debate das emendas de totalidade e continúan a súa tramitación entre críticas de sindicatos polos escasos investimentos en sanidade e da coordinadora eólica polas axudas ós proxectos das empresas enerxéticas.

Todo nun día no que os grupos políticos miran a Madrid: ó novo consello de ministros. O PP agarda que se cumpran os compromisos en Industria, o BNG di que estará vixilante e o PSdG está convencido de que Galicia sairá moi beneficiada co novo goberno.

E hoxe moitos sufrirían os atrasos dos trens. Nova xornada de problemas na liña Vigo-A Coruña, o goberno promete solucións, os viaxeiros habituais desesperan.

De contado máis detalles, antes imos escoitar como quedou a asemblea dos bombeiros comarcais que vén de rematar. Xa anuncian: haberá folga de fame.

Os orzamentos da Xunta de Galicia pro vindeiro ano afrontaron hoxe o debate das emendas á totalidade... O conselleiro Miguel Corgos defende que aportan certezas e estabilidade, e criticou a falta de información por parte do goberno central. A oposición cualificou as contas de electoralistas, e criticou os cheques e anuncios do presiodente da Xunta nas últimas semanas

Mentres, en Madrid, déronse a coñecer os membros do novo gabinete de Pedro Sánchez, no que haberá dúas galegas, dúas vicepresidentas: NAdia Calviño e Yolanda Díaz. Sae do executivo José Miñones.

Máis de cincocentar persoas quedaron tiradas esta mañá sen poder chegar aos seus destinos, logo dunha avaría no tren de madrugadores con destino A Coruña. Renfe está a substituír os servizos con autobuses.

-A Coruña é a provincia galega onde máis descendeu este ano o número de mortos nas estradas. Ata o 31 de outubro, perderon a vida en sinistros de tráfico vinte persoas, fronte ás 38 do mesmo periodo do ano pasado.

-Os traballadores do Concello de Cambre denuncian a falta de persoal en todos os departamentos, dificultades nos pagos das facturas e nas contratacións

-En Santiago, vai a máis a polémica a raíz da campaña de inspeccións a locais nocturnos anunciada polo Concello tralo incendio da Sala Malatesta

Numerosas incidencias no servizos ferroviarios rexionais. A última esta mañá: o priemiro tren con saída de Vigo non puido sair, por avaría, e Renfe tampouco dispuxo autobuses.

Os orzamentos de Galicia para 2024 van hoxe por primeira vez a pleno. Debátense as enmendas á totalidade, tamén as referidas a lei de acompañamento.

Este domingo dmingo deixanos dúas protestas...En Santiago a dos profesores que rexeitan o acordo sobre o número de alumnos por aula e número de hora lectivas. A outra en Viveiro pola falta de médicos en atención primaria.

Localizado morto dentro do seu coche no río Limia o veciño da Porqueira que estaba desaparecido desde o venres.

E, o gordo da primitiva deixou un premio de case 7 millóns de euros na Coruña.

Deportes. O Racing cedeu un empate en Burgos, pero aínda se mantén nos postos de promoción a primeira

Conflito político en Castro Caldelas...pola visita, en pouco máis dunha hora, do presidente do PPdG. Alfonso Rueda tiña previsto un acto, que lle fora denegado por ser na semana previa á repetición das eleccións municipais.

A alcaldesa, do PSOE, cualifica o acto de "pouco ético" e "denunciable"

Domingo de concentracións...en Santiago en defensa do ensino público...e na Mariña para denunciar as carencias da Atención Primaria.

No informativo de hoxe afondaremos tamén nos últimos avances en investigación oncolóxica, a través dunha reportaxe rodada no Congreso que a Asociación ASEICA organizou na Coruña

Estes días puidemos escoitar na Coruña os últimos avances en investigación oncolóxica, no congreso organizado pola asociación ASEICA, que cumpre 40 anos. Pola cidade herculina pasaron os maiores expertos nacionais e internacionais en cancro...

A nosa compañeira ANDREA OCA pasou por ExpoCoruña pra falar cos protagonistas

Coa investidura estatal resolta, en Galicia os partidos traballan en clave electoral. BNG e PSdG vénse en disposición de liderar o cambio de goberno en Galicia o próximo ano.

Ademáis, hoxe miramos cara a Arxentina... e entramos na exposición da Helmut Newton na Coruña

No tempo de entrevista recibimos este sábado ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que vén de ser elexido como novo membro da Real Academia Galega. Con el fala a nosa compañeira, Cruz Mato

A Xunta modificará a súa normativa para recadar o imposto de grandes fortunas. Súmase así a Madrid e outras comunidades gobernadas polo PP. Faráo cunha enmenda dos populares á lei de acompañamento dos orzamentos autonómicos.

Ademais, o SERGAS anuncia unha nova oferta de emprego público de 1.200 prazas.

Son os anuncios que nos deixa a tarde nun día no que segue a estenderse o paro da actividade marisqueira. A baixa salinidade da auga xa afecta a case tódalas rías

A paralización da actividade marisqueira pola baixada de salinidade das augas xa afecta a case tóda-las rías galegas. As mariscadoras a pe de Arcade no fondo da ría de Vigo dan por perdida prácticamente a campaña de Nadal. Din que a auga do mar está dan doce estes días que pode beberse, e decidiron parar de traballar pola alta mortandade dos moluscos. Auga demasiado doce que os barcos e cetáreas usan habituialmente pra manter viva á centola cando sae do mar... e que está a provocar que se reduza a súa supervivencia. Os productores xa están a tomar medidas pra evitalo

- Investígase un vertido no río Lamas procedente das obras dos viadutos da A-6 en Pedrafita.

O ministerio de Transición Ecolóxica instou á UTE que realiza os traballos a tomar medidas de control.

- Nova protesta dos bombeiros comarcais.

Manifestáronse en Santiago pra reclamar melloras salariais e laborais. Desde hai dous meses non hai conversas coa Xunta e as Deputacións, das que dependen.

- Os empresarios da madeira quitan importancia á operación da Axencia Tributaria contra a fraude fiscal.

En Galicia rexistrou ata 12 locais de empresas con incrementos patrimoniais non xustificados.

- No Festival Cineuropa estrease hoxe a ópera príma do director Bruno Arias "Os espazos en branco".

Indaga na figura da escritora Xela Arias, á que se lle dedicou o día das letras galegas en 2021