Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da Xunta e do PPdeGa segue sen desvelar a data das autonómica por moito que se lle pregunte. Alfonso Rueda dixo hoxe que a oposición está obsesionada con ela. Pero mentras os outros partidos preparan as súas maquinarias electorais. O PSdeGa coa convención desta fin de semana á que acodirá Pedro Sánchez. Sumar Galicia, que xa renunciou hoxe a pactar con Podemos, vai presentar o sábado na Coruña a súa comisión promotora.

E non esquecemos un novo caso de violencia machista cunha muller de 38 anos acoitelada, afortunadamente salvou a vida, en Santiago.

Ingresada unha muller de 38 anos en Santiago tras ser agredida presuntamente pola súa parella. A súa vida non corre perigo e hai un home detido como posible autor do ataque con arma branca. Investíganse os feitos como un caso de violencia de xénero

O BNG propón crer un fondo extraordinario de axudas para o sector marisqueiro ante a alta mortaldade do produto no mar. Pontón denuncia a caída de investimentos destinados ós fondos marisqueiros nos orzamentos da Xunta de 2024

Grupos ecoloxistas e afectados piden a retirada do proxecto de construción da autovía A-57. Reclaman que non se leve adiante o próximo tramo previsto, que afecta ás parroquias pontevedresas de Bora e Xeve e á zona de especial conservación do río Lérez.

Satisfacción entre os traballadores de Fandicosta ante a presentación de varias ofertas para mercar a empresa viguesa. A pesqueira de Domaio está en fase de ERTE tras acumular débedas de case 100 millóns de euros

No tempo, sen chuvias en xeral, por diante unha tarde despexada.

Folga indefinida na recollida de lixo da Coruña a partir de Noiteboa. Así o anunciou o sindicato de limpeza STL -o maioritario neste sector.

Os traballadores alegan que a empresa concesionaria, Prezero, transgrede os seus intereses e vulnera o convenio colectivo en vigor.

- Volven os colapsos ás urxencias do hospital da Coruña. A comisión de centro denuncia que o persoal de enfermaría xa comezou a dobrar quendas e pide maior planificación para facer fronte ó pico de infeccións respiratorias do inverno

- O alcalde de Cambre, óscar García Patiño, investigado por un presunto caso de prevariación administrativa. O rexedor está citado para declarar o vindeiro 9 de febreiro polo nomeamento por libre designación do anterior xefe da Policía Local, José Abel Patiño García, en 2021.

-Os niveis de cadmio nas verteduras da mina de San Finx, en Lousame, superan máis de cen veces os topes legais. Así o indican as últimas análises, realizadas en outubro

Pico asistencial nos hospitais galegos por infeccións respiratorias, no CHUAC da Coruña as enfermeiras comenzaron a dobrar quendas pra atender a demanda. O Sergas argumenta que é propio da época, que é impredecible e que o axuste de recursos humanos está contemplado nos plans de continxencia.

Mentres, o goberno galego, que agarda aprobar as contas do 2024 a vindeira semana, incorpora á lei de acompañamento dos orzamentos normas para estipular cando se pode declarar zonas tensionadas nas cidades. Está en desacordo coa lei estatal, que abriría a porta a moitos concellos segundo a Xunta.

E nova operación contra a droga. Desenvólvese en Cabo Verde pero hai tres galegos detidos

Achéganse as datas de Nadal e lamentablemente como en anos precedentes comezan os problemas nas urxencias hospitalarias. Xa hai denuncias de colapso nos diferentes hospitais da Coruña e tamén no CHUS de Santiago. Para os sindicatos supón o deterioro das condicións coas que se tratan aos doentes e a consiguente perda de calidade asistencial.

O director de asistencia sanitaria do Sergas pide tranquilidadade e asegura que se está atendendo con celeridade os casos máis urxentes malia á sobrecarga.

O ex militante socialista, Juan Díaz Villoslada, que fora candidato á secretaría xeral do partido fronte a Gonzalo Caballero, incorpórase ás filas de Sumar. Só uns días despois de darse de baixa no PSOE, anúnciase a súa integración na promotora da formación liderada por Yolanda Díaz.

Villoslada participará xa este sábado na Coruña na presentación do proxecto de Sumar en Galicia. Asegura que xa levaba tempo xestando a súa separación do PSOE e que a inminencia dunhas eleccións autonómicas, non permitía demorar máis tempo a decisión. Quere contribuír a un espazo onde prime o servizo público, a ética e a coherencia. Cre que Sumar representa todo isto e apunta que é un proxecto de longo percorrido. Porá ó servizo da promotora a súa experiencia en xestión e en Mobilidade.

O exconcelleiro da Coruña Juan diaz Villoslada, que esta mesma semana pediu a baixa do partidO vai pasar a integrarse no proxecto de Sumar Galicia, liderado por Yolanda Diaz. é unha das últimas novas que nos chegan deste mércores

- Continúa o intercambio de reproches entre a Xunta e o concello de Santiago pola falta de prazas de aparcamento que hai no hospital Clínico e, sobre todo, por saber a que administración lle compete arranxalo.

- Máis dun cento de mariscadoras de Camariñas denuncian que non teñen marisco pra recoller. Unha situación que lles bota a perder a campaña de nadal.

-Esta madrugada reanudouse o xuízo polo asasinato de Diego Bello en Filipinas. Retomouse coa declaración da mesma experta en balística que compareceu noutra vista a finais de novembro

Cara e cruz para a frota galega tralas decisións dos ministros de pesca europeos que fixaron as bases de cada especie pros futuros anos. Convencen as cotas da pescada ou do rapante, pero hai un recorte moi forte no abadexo ou no linguado.

Tampouco na Xunta hai satisfacción total no reparto pactado en Bruxelas. Si aplaude o goberno galego en cambio a incorporación inmediata de 50 policías ó servizo autonómico. Agrádecelle a resposta ó ministro do Interior.

E o Sergas presentou unha estratexia para axudar ás persoas con dano cerebral adquirido, inclúe mellor seguimento e plans individualizados.

Nos deportes, Marián Mouriño xa é nova presidenta do Celta tras 17 anos de liderado do seu pai, Carlos Mouriño

Demorouse o acordo comunitario de pesca, mesmo ata última hora da mañá de hoxe. Pero semellan que hai boas novas para Galicia ainda que tamén hai sombras, como sinala mesmo o Conselleiro de Pesca. Bruxelas autoriza a capturar 11 mil toneladas de pescada o que é un 10% máis. E noutras especies nas que se agardaban recurtes finalmente mantivéronse as cotas.