As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Soben tódo-los indiscadores da pandemia.... Xa hai 650 persoas hospitalizadas. Nas últimas horas comunicáronse outros 9 falecementos e 1.700 positivos, a cifra máis alta en dous meses.
O Goberno anuncia cambios nos desvíos pola nacional seis para mellorar a circulación tra-lo corte da autovía. A ministra Raquel Sánchez, interpelada polo BNG, defendeu o sistema constructivo empregado no viaducto que colapsou.
Concentracion en santiago de traballadores do ensino concertado. Protestan pola perda de postos de traballo como consecuencia da decision da conselleria de educacion de recortar unidades de infantil en varios colexios de Galicia.
Despois da suspensión das dúas últimas edicións, volve o Resurrection Fest.
Os hoteis da Mariña rexistran unha alta ocupación. Moitos tiveron que buscar aloxamento lonxe de Viveiro.
O tempo. aínda pode caer algún chuvasco pola tarde no terzo norte, pero o máis destacado é o baixas que están as temperaturas máximas.
A comisión europea aproba un reglamento que limita as actividades de pesca de fondo, arrastre ou palangre, por exemplo, en 94 zonas de pesca de interés pra os baracos galegos. Pero hai dúbidas sobre a súa aplicación. O sector denuncia que facelo tería consecuencias dramáticas ...e solicita a súa retirada... considera que non se fixeron os estudos adecuados...
E, recollemos a preocupacion polo incremento de hospitalizados por COVID... hai máis que a primeiros de ano
O pleno da cámara galega vén de aprobar a lei de mellora do ciclo da auga. Saiu adiante co rechazo da oposición que ven nesta lei unha suba de impostos. Mentres, o partido popular defendea dicindo que se trata dun novo paso pra xestionar os recursos naturais de Galicia.
No sanitario, o persoal temporal de residencias públicas e dependentes piden poder dicir non aos contratos de media xornada sen que iso lles repercuta nas litas de contratación. Tamén, as traballadoras de axuda no fogar continuan coas movilizacións convocadas pola CIG servizos pra reclamar melloras salariais-
E hoxe, é o día do orgullo LGTBI en todo o mundo. Un día no que en Galicia milleiros de persoas saíron a rúa pra reivindicar os seus dereitos. Na Coruña, a manifestación do orgullo acaba de comezar hai uns intres.
- Comezan hoxe en Pontevedra, con actividades culturais, deportivas e de lecer
- Organizados por Afundación, buscan aumentar a integración social e axudalos a esquecer a guerra
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Cadrando coa conmemoración da aprobación do primeiro Estatuto de Galicia, o do 36, que non chegou a entrar en vigor pola guerra civil.... socialistas e BNG demandaron a reforma do actual Estatuto, que xa ten 40 anos... o PP sinala que ten que facerse por consenso.
Ence presenta un proxecto pra fabricar papel con fibras recicladas nas Pontes, pero aclara que non é a alternativa a Celulosas senón complemetario.
E hoxde farase oficial a desconvocatoria da folga no sector do metal na provincia da Coruña tra-lo preacordo sobre o convenio.
Temos que lles dar conta de dúas mortes: a do conductor dun coche que faleceu a estrada de Betanzos ó Mesón do Vento. A víctima é un veciño de Abegondo de 83 nos. Aínd que o accidente ocorriu pola tarde, por unha saída de vía, o vehículo non foi localizado ata as dez da noite.
E outro home morreu ó envorcar o tractor que conducía en Cualedro.
O tempo.
Continuaremos na influencia das altas presións ata a noite cando se prevé a chegada dunha fronte que traerá de novo chuvias
Posicións afíns entre as principais forzas opositoras galegas pra reformar o estatuto de autonomía vixente. Na véspera do aniversario da aprobación do estatuto de autonomía do 36, o partido nacionalista e o partido socialista abogan por un cambio que leve a Galicia a obter máis poder politico e económico. Mentres, o partido popular, advirte de que non existe consenso sobre qué aspectos da lexislación hai que cambiar.
Ence estuda a apertura dunha fábrica de biomateriais e de papel nas Pontes que preve dar emprego a máis de 1000 persoas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
o sector do transporte descarta, de momento a convocatoria de novos paros polo incremento de prezos dos combustibles. A plataforma convocante do paro en marzo non obtivo o respaldo suficiente entre os seus asociados.
O presidente da Xunta considera insuficientes as medidas anticrise aprobadas polo Goberno central. Alfonso Rueda demándalle máis diálogo cos sectores afectados, e que interveña na fiscalidade dos combustible para impedir que se repita a folga no transporte.
A fin de semana déixanos ó bordo dos 600 ingresados, cifras de hai un mes.
Sumamos dende o venres 121 hospitalizados máis por mor da COVID-19. Este luns baixan os casos activos e os novos positivos.
En Santiago, o vindeiro curso os pisos para estudantes encareceranse de media cen aueros. Acentúase a suba dos últimos anos, entroutras cousas pola escaseza de vivendas dispoñibles a causa da proliferación dos pisos turísticos.
O tempo. volven a predominar xa os ceos despexados. As temperaturas, aaínda que soben, non alcanzan aínda valores moi altos.
As confrarías reclaman medidas anti-crise pro sector pesqueiro. Os pósitos da Coruña e Lugo únense á Federación Nacional ó considerar que o novo plan do goberno non atende as súas necesidades, ante a alza dos combustibles. Advirten de que a situación é insostible e reclaman unha reunión canto antes co ministro Luis Planas.
Os traballadores de INOSA, con sede no polígono de Sabón, en Arteixo, secundan hoxe unha nova xornada de folga. Protestan polo despedimento de cinco compañeiros.
Este domingo cumpriuse un ano da apertura ás visitas do Pazo de Meirás. O futuro dos bens do inmoble decidirase nunha vista xudicial que empeza o xoves.
As familias do colexio de Teixeiro recollen sinaturas en contra da supresión dunha praza de atención ó alumnado con necesidades específicas. Acusan á Inspección de actuar de forma incoherente.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Como en marzo, o sector do transporte ameaza cun novo paro... e coma daquela faino dividido. A pltaforma do transporte votou en Galicia a favor da folga... pero non houbo o mesmo pronunciamento en tóda-las comunidades. Ademais as asociacións maioritarias mostráronse encontra da protesta.... que tamén baralla o sector pesqueiro.
Son dous dos sectores que consideran insuficientes as medidas aprobadas este sábado polo Goberno e que tampouco reciben o apoio unánime dos partidos políticos galegos.
Deportes. Dous galegos no podio da proba de motocross en Indonesia