Entrevista co cociñeiro galardoado coa Medalla Castelao, Javier Olleros, chef do restaurante Culler de Pau.
Realizada por Andrea Oca.
Reportaxe sobre o político, enxeñeiro e economista galeguista, galardoado coa medalla Castelao, Camilo Nogueira.
Realizada por Xosé Manuel García.
Numerosas reaccións, tamén en Galicia, ante o novo plan anti-crise do Goberno. O PSdeG pídelle á Xunta que adique parte do que recibe polo imposto de hidrocarburos a unha nova liña de axudas que complemente o esforzo estatal.
PP e BNG recoñecen que algunhas das medidas son positivas, pero insisten en que chegan tarde.
Confrarías, gasolineiras e transportistas consideran, pola súa banda, que o plan é insuficiente.
entrevista co Presidente da Federación Galega de Cineclubes, Manuel Precedo.
realizada por Marta Landeira.
O presidente da Xunta dá a benvida ás novas medidas anticrise do Goberno, pero asegura que chegan tarde. Rueda insiste en poñer sobre a mesa rebaixas fiscais para aliviar a situación económica de familias e empresas.
Pola súa banda, o grupo socialista anuncia unha batería de propostas parlamentarias para mellorar as condicións laborais na Atención Primaria.
No balance de tráfico, hoxe, dous falecidos, en Carballo e Malpica.
E este sábado, oito vóos afectados en Santiago na segunda xornada de folga dos tripulantes de cabina de Ryan Air. Houbo retrasos nas conexións con Forteventura, Alacant e Málaga. Cancelados os de ida e volta a Marsella.
O presidente da Xunta, estivo esta mañá no programa de Radio Nacional "De pe a pa" que se realizou desde a praza do Obradoiro. Na entrevista,Alfonso Rueda, lamentou o retraso da chegada do AVE ás principais cidades galegas, algo que según dixo pode repercutir no turismo na comunidade.
Malestar entre os traballadores de Ryanair no primeiro día de folga. Acusan á compañia de vulnerar os seus dereitos incumplindo os servizos mínimos ordeados polo Ministerio ao querer operar o cen por cen dos voos programados. Os sindicatos anuncian accións legais contra a compañia.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Non é facil xuntar milleiros de persoas de festa con lume de por medio e pecha-la noite con pouco máis de 200 incidencias e atencións sanitarias. Pero así foi, o San Xoan galego medra en participantes, e decae en problemas, accidentes e incluso en lixo nos lugares de celebraci´n máis masiva. As moitas ganas que había da festa non fixeron perde-lo tino ós milleiros de persoas que desfrutaron da noite, e seguirán facéndoo hoxe do festivo, sen levar consigo nin deixar tras de sí malos recordos.
24 de xuño. Xornada festiva do San Xoán. Vimos de vivir a noite máis curta do ano, ou a máis longa, segundo se mire, porque para algúns aínda continúa a esta hora. Iso si, na Coruña, onde a celebración ten un significado moi especial, a partir das nove deben estar libres e limpos tódolos areais. En principio, a noite foi tranquila, mesmo con menos incidencias que na última celebración, en 2019.
A folga de Ryan Air tamén chega a Galicia. En España os auxiliares de vóo paran entre hoxe e o domingo. Moitos vóos poderían verse afectados no aeroporto de Santiago.
Aprobado o cinco por cento do Plan xeral de Lugo que estaba pendente desde 2011. É o que corresponde á zona rural.
As traballadoras da conserveira de Albo, en Celeiro, comezan as protestas polo anunciado peche da fábrica na Mariña. Quérese trasladar toda a producción a Salvaterra.
En canto á previsión pro resto da xornada... Hoxe agardamos ceos moi anubrados e precipitacións persistentes que se irán estendendo de oeste a leste durante a tarde.
As temperaturas descenderán lixeiramente. As máximas non pasarán dos 17 ou 18 graos nas principais cidades
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Galicia volveu celebrar a Noite Meiga. Dous anos despois da pandemia por fin poido celebrarse o San Xoán, polo que sabemos a estas horas sen incidentes destacables. Calculase que máis de 125 mil persoas estiveron nos areais coruñeses esta noite celebrando o día máis longo do ano.
Polo demáis a Xunta anuncia que vai axudar aos menores de 35 anos a pagar os alugueiros. Poderán contar con 250 euros mensuais para que poidan independizarse.
En canto ao tempo hoxe agardamos a chegada dunha fronte con chuvias xeralizadas sobre todo pola tarde e nova baixada das temperaturas.
O San Xoán é hoxe protagonista. En Riazor, Panxón, San Vicente do Mar, a zona vella de Ourense ou a rúa de San Pedro compostelá. Todo listo para unha noite moi agardada na que as fogueiras poñen luz despois de que a covid truncase os plans dos últimos anos.
Á marxe do San Xoán, o consello da Xunta acorda un bono de alugueiro de 250 euros ó mes para os menores de 35 anos e decide ademais manter conxeladas as taxas universitarias. Na oposición, o BNG reclama medidas para o rural. Entre outras, manter os servizos educativos, sanitarios e bancarios.
Dos deportes, o Celta xogará o seu primeiro partido de Liga da vindeira tempada co Espanyol en Balaídos.
- Batéronse récords de solicitudes para facer cacharelas en toda Galicia
- O de Nigrán volve ser un 'San Xoán Sen Lixo', para reducir ao mínimo a recollida de refugallos
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Despois de dous anos de agarda, nunhas horas centos de localidades galegas celebrarán por fin un San xoán sen restricións. Lumeiradas, cachelas ou fogueiras... e sardiñadas, que este ano teñen un aliciente: hai moita sardiña, e a bos prezos.
Iso, se o tempo o permite...
PARA a central térmica das Pontes. O grupo 1, o único que quedaba activo, deixa hoxe de queimar carbón. A empresa asegura que xa non é rendible. Iso si, está aínda pendende do permiso de Rede Eléctrica pra facer a desconexión total.
Nova xornada de folga nos centros socioculturais de Santiago. A preocupación é máxima entre os traballadores porque en dez días entran as novas empresas concesionarias e verán empeoradas as súas condicións laborais.
Preacordo pra renovar o convenio no sector da hostalaría da provincia. Afecta a 20 mil traballadores.
Despois de dous anos de pandemia, chega a primeira noite de San Xoán sen restricións. Na Coruña xa comezou a descarga de leña nas praias.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A central térmica das Pontes volve a estar parada. Endesa aínda non ten permiso para desconecta-la da rede pero mantén que xa non podería rendabilizar as melloras técnicas que precisa acometer.
sobre o corte da A-6.... mentres se decide que tipo de obras se van realizar, BNG e Unidas Podemos piden que se faga unha auditoría... temen que as constructoras aforraran nos materiais.
E pendentes do sector do transporte... a asociación maioritaria en Galicia non é partidaria de convocar un novo paro pero pide que a bonificación do gasoil se aumente ata os 40 céntimos.
O tempo.
Non hai cambios... nubes e chuvascos, máis probables pola tarde no leste, pero pola noite parece que a chuvia vai respetar as lumieiras de San Xoan.