Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Preocupación polo impacto do corte da autovía A-6 en Pedrafita polas limitacións que supón o desvío. Por exemplo, os transportes especiais non poderán emprega-lo. E, de momento, non se sabe por canto tempo se vai manter esta situación: o primeiro obxectivo é reabrir o viaducto que aparentemente non sufriu danos, pero será precisa unha revisión en produndidade.
Os expertos pensan que a derruba é algo excepcional....

O tempo. Recuperamos a influencia do anticiclón.. soben as temperaturas, agás no norte onde o vento do norte vai meter humidade.
 

O derrubamento dun vano no viaducto do Castro, da A6, pon aos expertos da enxeñería civil a proba. A maioría opina que o sinistro foi un caso sen precedentes en Galicia. Recordamos que ainda non hai data pra recupera-la circulación na autovía e o tráfico segue a ser desviado pola Nacional en Pedrafita.

No tema sanitario coñecemos as propostas que lle fixo a sociedade galega de Medicina Interna ao Sergas

Unhas 120.000 persoas congregadas no Monte do Gozo, en Santiago, durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais, de C Tangana a Liam Gallaguer. Así será a edición deste ano do O Son do Camiño, que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá.

Seguen aas análises no viaducto do Castro, da A6, logo da derruba dun vano. E non hai data pra recupera-la circulación na autovía. O que prima, din dende a delegación do goberno, é a seguridade, saber qué sucedeu e asegurarse de que non haberá máis fallos.

Os expertos sinalan que o máis importante é que os danos estructurais foron detectados a tempo, e xa se estaban a arranxar. A ponte tiña pouco máis de 20 anos, pero fíxose cunha normativa distinta á actual, que esixe que este tipo de fallos non se produzan en cen anos

- A sociedade galega de Medicina Interna sinala que a Consellería non ofreceu propostas útiles para acabar cos problemas nesta área.

Esixe un reforzo de persoal e mellora das condicións laborais dos internistas novos pra evitar que marchen da comunidade.

- A metade dos establecementos que se anuncian para eventos coma vodas ou bautizos non estn debidamente rexistrados.

A asociacion de emprendendores sinala que non pasan as inspeccións sanitarias obrigatorias e carecen de seguro.

- Unidas Podemos pide ó Goberno que interveña e evite que se reanude a actividade mineira na Penouta, en Viana do Bolo.

Esta formación política está en contra dunha actividade que terá -di- un gran impacto ambiental na zona.

- O BNG reclámalle á Xunta a creación dun Observatorio do Baile e a Música Tradicional de Galicia.

O oxectivo e que a cultura tradicional galega sexa un Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio


O corte total da autovía A-6 en Pedrafita vai para longo. De momento non hai nin prazos..Nin tampouco expliación para o ocorrido. Primeiro hai que saber por que se veu abaixo un tramo do viaducto do Castro e revisar a fondo a construcción.... Despois de case un ano de obras o tramo afectado íase abrir ó tráfico este verán. Agora, as comunicacións coa meseta teñen que volver facerse nun tramo de 12 quilómtros pola vella nacional sexta.
Os técnicos non teñen, de momento, explicación para o ocorrido.

O tempo. Recuperamos a influencia do anticiclón e pouco a pouco o ceo xa vai quedr despexado.
 

o derrubamento do viaducto do castro na Autovía A6 obriga a desviar o tráfico de xeito indefinido pola localidade de Pedrafita. Tal e como se facía 25 anos atrás. Segundo as primeiras hipóteses, o colapso puido deberse a un problema na estrutura interna da vía.

O xulgado do penal de Santiago vén de ratificar as datas pro xuizo polo accidente do tren Alvia. Comezará o 5 de outubro e realizarase durante 9 meses ata xuño do 2023, na Cidade da Cultura

A principal vía de comunicación entre Galicia e a meseta, a autovía A6, volve estar cortada. A caída dun vano do viaducto do Castro provocou o desvío de todo o tráfico rodado pola antiga nacional. Un peche por tempo indefinido mentres se avalían os danos provocados polo derrubo nos pilares do viaducto, que levaba un ano en obras por problemas estruturais graves. A esta hora comparece en Pedrafita o director xeral de estradas do ministerio pra informar sobre a situación

- Familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo concentráronse ante o Congreso cadrando coa intervención do presidente do Goberno.

Queren trasladarlle en persoa a Pedro Sánchez a súa petición de baixar ó barco afundido.

- Xuntanza en Ferrol entre a conselleira do Mar e os responsables das confrarías pra abordar sa escasez de marisco na ría.

A Xunta céntrase na retirada dos depredadores da ameixa e na rexeneración dos bancos, pero os mariscadores cren que estas medidas non abondan.

- Os médicos de urxencias urxen ó goberno central á creación desta especialidade.

España e Portugal son os únicos países da Unión Europea nos que non existe e teñen que instruirse en congresos como o que desde hoxe se celebra en Vigo.

- Protesta do profesorado durante os recreos contra a política de persoal da consellería de educación.

Convocaba a CIG que denuncia sobrecarga de traballo, burocracia e a falta de respeto ó colectivo docente