Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sanidade xa asume que non poderá sustituir a moitos médicos no verán e ofrece incentivos ós que acepten prolongar a xornada ou facerse cargo do cupo de pacientes doutro profesional. O conselleiro Julio García Comesaña deixouno claro no Parlamento: non haberá máis médicos para repartir o traballo. A oposición sinala que a situación actual é consecuencia de anos de recortes.
Na A-6, o Goberno traballa co obxectivo de abrir o tráfico na autovía nunha dirección antes do verán.

O tempo: Hoxe aínda con máis calor e risco de tronadas pola tarde no interior

Aínda se descoñecen as causas da caída de parte do viaducto do Castro na A-6.
Polo tanto tampouco hai data para a reapertura polo menos parcial da autovía. Mentres trabállase na mellora da nacional sexta.

Primeira reunión do presidente Alfonso Rueda con sindicatos e patronal. CCOO e UGT pedíronlle que se abra unha mesa de política social pra falar dos contratos públicos.

Varias accións dos xuices da Coruña e Vigo para demandar que se cambie o sistema de gardas. Piden que sexan de 24 horas e presenciais. Asegura que o cambio depende da Xunta.

O grupo chinés propietario da conserveira Albo traballa para concentrar toda a producción na fábrica de Salvaterra de Miño. A dirección de Albo xa chegou a un acordo para que os 135 traballadores de vigo se incorporen a Salvaterra e a semana que vén negociará cos da planta de Celeiro.

O tempo. todo igual sol e calor que remitirá lixeiramente no litoral atlántico.

A A-6 leva unha semana pechada nos dous sentidos da ciruclación en Pedrafita. Polo pobo pasa agora a dirario uns 10 mil vehículos, incluido o tráfico pesado. A comisión de seguridade viaria tratará hoxe este asunto: aínda non se sabe por que caeu parte do viaducto do castro nin cando pode reabrir alomenos un sentido da circulación.
A Xunt demanda información o goberno galego tamén abre outra fronte neste caso co ministerio de transición ecolóxica polas competencias no litoral.

O tempo: Mantense a influencia anticiclónica e o aire cálido sobre Galicia.

O desvío da A6 pola nacional sexta tralo derrubamento dun tramo da autovía en Pedrafita segue a xerar polémica. Mentres os nacionalistas piden unha solución inmediata, o presidente do Xunta, Alfonso Rueda, acusa a Pedro Sánchez de non actuar con rapidez para solucionar a circulación.

E satisfacción no sector lácteo tras confirmarse a recepción dunha primeira parte das axudas do goberno para facer fronte as consecuencias derivadas da invasión de ucraína.

Sanidade nega que haxa colapso na sanidade como denuncian os socialistas.
E o conselleiro García Comesaña engade que non do se arranxa por máis orzamento porque agora non hai profesionais ós que contratar.


Posible marcha atrás da Organización Mundial do Comercio na súa decisión de prohibi-las subvencións ó combustible dos barcos. O texto inicial foi revisado pra permitir mantelas sempre que se trate de poboacións non sobreexplotadas, coma as reguladas pola NAFO. Outras, como Malvinas, quedarían sen elas

Os preto de 10 mil teleopperadores de Galicia volven a estar chamados a unha xornada de folga. O convenio leva 2 anos bloqueado. Denuncia precariedade laboral e económica, e abuso dos contratos a tempo parcial

A FP galega terá o vindeiro curso un 20 por cento máis de ciclos e tamén aumentarán as prazas ofertadas. Serán 37 mil, un 25 por cento máis entre as modalidades de ciclos ordinarios, réxime de persoas adultas, a distancia ou FP dual.

O tempo. hoxe con temperaturas máis altas... tamén no norte.

Tras a folga do transporte de hai uns meses e ante a actual suba de prezos dos carburantes, agora empresas e transportistas afrontan con preocupación o corte da A6 que retrasa os pedidos e impide a saída de certas mercadorías especiais.

Xa está no porto da coruña o barco procedente de Brasil con 40 mil toneladas de millo. É o primeiro cargamento deste cereal que recibe Galicia desde Brasil este ano.

No noso tempo de entrevista falamos co director de Amnistía Internacional España quen, entre moitos asuntos, analiza a situación da atención primaria en Galicia.

Nos deportes, o Liceo de hockey sobre patíns xoga arestora co Reus o segundo partido do playoff polo título de liga

Nas últimas horas chegaron á Coruña dous barcos con case 60 mil toneladas de millo. É unh pequena parte para a demanda do sector productor de pensos. O obxectivo é que se normalicen os envíos e que se poña freo ó incremento de prezos que paga o sector gandeiro.
E hoxe recollemos tamén a preocupación dos camioneiros polo peche ó tráfico da A-6 en Pedrafita: encarece os portes e limita os transportes especiais.
Das estradas...accidente mortal en Melide. Un mozo do concello coruñés de Vilasantar faleceu tras sairse co seu coche da estrada e bater contra valado de peche dunha casa. Ocorriu a pasada tarde na estada AC-840

O tempo. Non se agardan cambios significativos para o luns, Galicia continúa na influencia das altas presións.