- Os empresarios do sector teñen dificil atopar persoal, sobre todo das categorías máis cualificadas
- Hai agora 66.000 camareiros, dous mil menos que antes da pandemia
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Tras máis de dous anos sobrecargados polos doentes da pandemia, ademáis da súa carga de traballo normal, os xefes dos servizos de medicina interna de toda Galicia din basta. Denuncian nunha carta ó sergas maltrato profesional. Os seus doentes repartidos por distintas áreas dos hospitais, falta de persoal, poucas prazas de MIR... reclaman solucións a unha sobrecarga que ten ó límite estas áreas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admite que os recursos son insuficientes, e que mañá se reunirán con eles, pero di que é un problema que non poden resolver soas as comunidades.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Día de mobilizacións contra a violencia de xénero en repulsa ao ocorrido á muller de Carballo, vítima dunha malleira a mans do seu marido na madrugada do luns . Previsiblemente, o acusado pasará a disposición xudicial mañá.
A proliferación dos parques eólicos na nosa comunidade xera a repulsa de veciños e concellos afectados, e tamén de organizacións ecoloxistas que denuncian a negativa da xunta para debater esta problemática.
- A Misión Biolóxica, de Pontevedra, conclúe tres anos de ensaios en colaboración cunha panadería de Carral
- Os agricultores sementarán esas variedades destinadas a producir pan tamén para fóra de Galicia
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Segue a preocupación en Carballo polo estado da muller agredida polo seu home. Está estable dentro da gravidade. O seu marido pasará mañá a disposición xudicial, mentres os concellos da comarca bergantiñá amosan a súa repulsa en actos e concentracións. Esta tarde, en Carballo, onde un pleno extraordinario acordou a súa condena. Mentres, coñecemos outro caso de violencia de xénero, en Vigo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Unha veciña de Carballo loita no hospital por recuperarse dunha brutal agresión. O presunto autor, o marido, está preso pendente de pasar a disposición xudicial. A acción violenta comezou no domicilio familiar a continuou na rúa onde a muller buscou axuda. Alí inconsciente atopárona os veciños.
Para hoxe hai previstas concentracións de condena ademais de en Carballo noutros municipios da provincia.
O tempo. volven as chuvias que empezarán polo oeste e se van ir estendendo. Pola tarde, no interior, poden ir acompañadas de aparato eléctrico.
Conmoción no día de hoxe pola muller agredida esta madrugada polo seu marido en Carballo. En media hora, o rexedor da localidade leerá unha declaración de condena en repulsa do sucedido.A vítima atópase ingresada no hospital da Coruña en estado de gravidade-
Noutros asuntos, a asociación de transportistas de Lugo non descarta volver a convocar un paro no sector ante a inestabilidade do prezo do combustible.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo