Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Audiencia Nacional admite a trámite a querela das familias do Villa de Pitanxo contra o patrón e a casa armadora do arrastreiro. Mentres, no Parlamento e no Congreso se aprobaron senllas iniciativas nas que se insta ó goberno a poñer o medios para baixar ó pecio.

E, aviso ós conductores...O ministerio de Transportes decide cotar ó tráfico a A-6 na subida a Pedrafita desde o lado leonés. Faino despois de que se derrubara un viaducto que estaba en obras.

O tempo. Continúa a inestabilidade, pero esta mañá con temperaturas máis altas

Primeira xornada das probas de acceso á universidade. Este ano a novidade é que poden realizar a ABAU aqueles que teñan unha materia suspensa, sempre que cumpran certos requisitos e co visto bo do profesorado do instituto. Por diante quedan aínda dous días máis.

E unha boa nova para as familias dos 21 falecidos do Villa de pitanxo. A Audiencia Nacional admite a trámite a sua querela contra o patrón do barco e a armadora por homicidio imprudente grave.

Instrumentos, prendas, obxetos de uso cotián e outros materiais da banda máis influínte na historia da música pop amósanse nunha mostra, considerada das máis amplas feitas ata agora sobre a mítica banda de Liverpool.

Xornada de nervios hoxe pra máis de 12 mil galegos, que inician uns días que marcarán en parte o seu futuro. Comezaron os exames da ABAU, as probas de acceso á universidade, este ano por fin sen máscara, ainda que persisten algunhas medidas. E no educativo, atopamos entre os examinados a algúns que tiveron unha asignatura suspensa, se o profesorado considerou que podían continuar os seus estudos.

O patrón do Villa de Pintanxo, Juan Padín, non ingresa en prisión como pedían as familias dos mariñeiros falecidos porque o xuiz non apreza risco de fuga. Pero retíraselle o pasaporto e terá que comparecer dúas veces ó mes en sede xudicial. O xuiz non o inhabilita pra seguir coa súa profesiósn pero na práctica as comparaecencias quicenais evitan que poida embarcarse en longos periodos.
Padín e os outros dous superviventes prestaron declaración na audiencia nacional pero aínda non está decidido que instancia xudicial continuar con esta causa.
Deportes. A Federación confirma que o Deportivo xogará en Riazor a finl polo ascenso a segunda división.

O tempo. Non acaba de estabilizarse...
Galicia queda hoxe nunha zona intermedia entre altas e baixas presións
 

Sen pasaporte e obrigado a presentarse cada 15 días no xulgado. Así deixa o xuíz da Audiencia Nacional a Juán Padín, o patron do Villa de Pitanxo, trala súa declaración e a dos outros dous superviventes celebrada hoxe en Madrid.

O patrón do buque non poderá abandonar o país nen embarcar por longos períodos. Con todo o xuiz decretou para el a liberdade provisional ao contrario do que pedían os familiares, poque considera que non existe un risco de fuxida.

Comeza o percorrido xudicial da investigación do naufraxio do Villa de Pitanxo en Terranova. Faino na Audiencia Nacional, coa declaración ó longo desta xornada dos tres supervivintes. O primeiro foi Samuel kWesi, que á súa chegada a España fixo un relato do sucedido diferente do que presentaba o patrón maior e o seu sobriño. Tanto que hoxe comparecerá como investigad por 21 homicidios imprudentes... As familias das víctimas insisten en que a investigación non estará completa sen revisa-lo pecio.