As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O ministro de Pesca coñeceu de primeira man as inquedanza do sector pesqueiro polos plans da Comision europea para prohibir a pesca de fondo nun cento de áreas mariñas. En Burela comprometeuse a pedir que se abandone este obxectivo ou, cando menos, que se flexibilice.
Hoxe tamén é noticia o Villa de Pitanxo: por un lado a fiscalía propón agora que a investigación xudicial se realice en Vigo; mentres, as familias vanse reunir coas autoridade máritimas de Canadá desde a embaixada en España.
E, a pandemia deixa cada día máis casos ata o punto de que Sanidade non descarta recuperar a máscara en interiores....
O tempo. Agora xa sí de verán e coa previsión da chegada de aire africano de cara a fin de semana.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os sindicatos reclaman ante as sedes da patronal que se garante o poder adquisitivo dos salarios. Centos de traballadores mobilizaronse na Coruña e en Vigo pra denunciar que as empresas seguen subindo os prezos dos seus produtos pero non os soldos.
Avecíñanse folga na recollida de lixo en Vigo e Santiago. Os sindicatos esixen unha suba salarial igual ó IPC. En Vigo, a folga está convocada a partir do día 15; en Santiago, desde o 18.
A economía galega aínda está lonxe de recuperar os niveis prepandemia, segundo o informe do Foro Económico. O coordinador, Fernando González Laxe, pensa que sería positivo manter medidas como a tarxeta básica.
En Ourense, continúa a busca do mozo que desapareceu na presa de Velle.
Afundiu cando nadaba cun amigo. Hoxe rebaixouse o nivel do encoro pra favorecer este operativo de busca
- O tempo. só hai algunhas nubes no norte de Lugo... as temperaturas máis altas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os especialistas non se poñen dacordo sobre se estamos na oitava onda da pandemia, pero o certo é que nos últimos días o aumento de casos é moi significativo e iso que só se comunicana os que afectan ós maiores de 60 anos ou persoas vulnerables.
Aínda que os efectos dos contaxios son máis leves non é menos certo que en dúas semanas se duplicou o número de persoas hospitalizadas e xa estamos en niveis que non se rexistraban desde primeiros de 2021.
Na pesca, o sector detalla nun documento a súa oposición a que se prohiba a pesca de fondo nun cento de áreas de gran interés para a flota galega.
O tempo: Mantense a influencia do anticiclón e seguirá soprando o nordés
Este ano e o próximo investirá 6 millóns de euros en reforzar un dos principais reclamos turísticos de Galicia
- Aumenta o control de acceso para manter o PN como referente para a investigación e conservación
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A Xunta pon negro sobre branco as medidas que cre que debe toma-lo goberno pra aumenta-la dispoñibilidade de médicos. Xunto a Euskadi, lidera unha fronte común entre as autonomías, á que xa se uniron Cataluña ou Andalucía. Queren un rexistro que verifique cantos sanitarios faltan, e que se melloren os procesos de formación e de selección, coma o MIR, pra evitar que os xa formados queden fóra do sistema. Mentres, o gotexo de queixas por sobrecarga e falta de persoal continúa en Galicia.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo