As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Comeza a operación saída, con cifras record de movemento nas estradas... e con Galicia entre as comunidades que máis incrementos de tráfico van rexistar. Un reto pra estrada nacional VI á súa entrada a Galicia, onde se concentra todo o tráfico que debía transitar pola autovía A6. As ringleiras en horas puntas xa eran importantes, pero esta fin de semana agárdanse longas esperas, e moitos trastornos pra localidade.... aína que coma sempre nunca e malo para todos
Ás tres da tarde comeza a operación especial de tráfico con motivo do inicio das vacacións de xullo. Os que entren ou saia de Galicia en coche por Pedrafita vanse atopar co desvío pola nacional sexta. Onte anunciáronse obras para reducir á metade o tempo de paso por esta zona, pero non estarán alomenos ata dentro dun mes. Ademais non suporá a eliminación de todo o tráfico do pobo.
Sobre os bens de Meirás o lixitio dos Franco co estado quedou visto xa para o fallo xudicial.
E na Coruña temos que dar conta dun atropelo mortal. Unha muller de 54 anos faleceu tras ser alcanzada por un autobús urbano. Outro peón quedou ferido grave
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O ministerio de transportes vén de rematar a xuntanza convocada en Pedrafita pra abordar a situación do viaduto do castro. Ali estivo o secretario xeral de infraestructuras quen anunciou unha importante reducción de tempo no desvío actual pola nacional sexta.
Xosé Flores, estivo acompañado polo presidente da xunta, Alfonso Rueda e pola conselleira de mobilidade Ethel vazquez, entre outras personalidades.
- Os armadores alertan das consecuencias económicas e sobre o emprego nas frotas de arrastre e palangre
- Argumentarán con estudos científicos que algunhas das artes prohibidas poden ser compatibles coa protección
A Comisión Europea veta a pesca de fondo en 94 áreas de ecosistemas vulnerables en augas de España, Francia, Irlanda e Portugal. Os armadores alertan das consecuencias económicas e sobre o emprego nas frotas de arrastre e palangre
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Desde hoxe deixa de funcionar a tarxeta básica da Xunta para atender ós máis vulnerables. Agora a Xunta avoga por novas medidas que teñan unha maior continuidade e insisten na necesidade da creación de emprego.
A dirección do hospital de Santiago reuniuse con 6 internistas para reorganizar o servizo. O xefe desta área presentou a súa renuncia ante a falta de resposta do SERGAS á sobrecarga de traballo.
O ministerio de Transportes presentará esta tarde os desvíos de tráfico previstos para que os coches da A-6 non teñan que pasar por Pedrafita. En Monforte, a ponte de Piñeira está cortada ó tráfico pesado. Moveuse un dos piares e perdeu o contacto coa plataforma.
Mañá ponse en marcha a operación saída de tráfico de xullo. En Galicia prevese unha cifra récord de movementos: un 24 por cento máis mentres que na media do estado non pasará do dous por cento.
O tempo. nubes polo norte, pero vai gañando influencia o anticiclón.
Antonio Pose xa non é responsable do servizo de medicina interna do CHUS de Santiago. A sobrecarga laboral e o que considera medidas pouco útiles do Sergas levárono a dimitir. Todo cando seguen as queixas dos sanitarios. As últimas protestas foron as dos traballadores do Hospital do Barbanza pola falta de persoal.
- A case un ano do aniversario do crime de Samuel Luiz na Coruña a xustiza estadounidense autoriza ó acceso ós datos das redes sociais dos imputados.
- Comeza a vista xudicial pra decidir que bens forman parte do Pazo de Meirás, será na audiencia provincial da Coruña desde ás nove e media.
- Reganosa quere ter en funcionamento a súa planta de hidróxeno verde nas Pontes en 2025, que xerará 300 empregos
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Sanidade asina cos sindicatos o acordo para atender con voluntarios ata 300 cartillas de pacientes que non teñen médico por falta de persoal. Terán que facer catro horas extra cada día. A Xunta intenta adiantarse ós problemas que o propio Alfonso rueda pronosticou para o verán en atención primaria. POrque en medicina interna seguen as queixas... no caso do hospital clínico de Santigo...acabaron coa dimisión do xefe de servizo.
A tres días de que se cumpra un ano do asasinato de Samuel Luiz coñecemos que Estdos Unidos permite acceder ás mensaxes que intercambiaron os supostos autores do crime.
E hoxe tamén novo episodio xudicial no caso Meirás. Agora hai que dirimir a quen pertencen os bens que alberg o pazo
A xustiza de EE.UU. autoriza o acceso aos datos das redes sociais dos detidos polo crimen de Samuel Luiz, asasinado hai case un ano na Coruña entre insultos homófobos-
O Goberno ve viable poder compatibilizar o respeto polo medio mariño coa pesca ante a decisión da comisión europea de vetar a pesca de fondo en 94 áreas protexidas e que teria un gran impacto económico en Galicia- por iso, consideran que a proposta débese consensuar co sector.
No sanitario, medra a preocupación dos profesionais pola escasez de sanitarios no verán.