Enlaces accesibilidad

Nenos refuxiados ucraínos participan en campamentos de verán, abertos tamén ás familias de acollida

  • Comezan hoxe en Pontevedra, con actividades culturais, deportivas e de lecer
  • Organizados por Afundación, buscan aumentar a integración social e axudalos a esquecer a guerra

Por
Nenos ucraínos

No primeiro día dos campamentos, organizados por Afundacióin para nenos ucraínos, ruta polo paseo fluvial do Gafos, un pequeno curso que desemboca na ría de Pontevedra. Un dos monitores ensina as plantas, aos cativos ucraínos e aos poucos galegos presentes. "Isto chámase loureiro e serve para cociñar moitas cousas".

A 4.000 kms de Ucraína

É a primeira das catro quendas para nenos de 4 a 19 anos. Por diante teñen once días de excursións e actividades de lecer, despois duns meses moi intensos para eles, vivindo a case 4.000 quilómetros das súas casas.

"O obxectivo é que os nenos teñan un verán normal. Como cada neno, eles queren rir, gozar, xogar...", sinala Natalia Afónina, presidenta da Asociación Galicia-Ucraína.

Nunca viron o mar. Onte sorprendeume porque unha das primeiras cousas que preguntaron foi, onde está o océano?

Carlos Sánchez-Montaña, de Afundación, sorprendeuse con al algo que lle pediron. "Nunca viron o mar. Onte sorprendeume porque unha das primeiras cousas que preguntaron foi, onde está o océano? Eu díxenlles: para alá, para alá. Van facer obradoiros do Camiño de Santiago,van ir á catedral, pero sobre todo van ir á praia".

Familias acolledoras

Algúns nenos galegos tamén se apuntaron, como Tomás que nos fala da familia que acollen na casa. "Atemm é moi xogueton, Kiutty moi cariñosa e Valeria moi traballadora"

Algunhas familias pensan en voltar a Ucraína en setembro cando comece o curso escolar. Outras, como a de Ina, prefiren non facer plans. E cita un ataque ruso.

Vós sabedes que onte, Kremenchuk, unha cidade ucraína, foi bombardeada?

"Vós sabedes que onte, Kremenchuk, unha cidade ucraína, foi bombardeada? Hai moita xente que sufriu e non sabemos sobre os nosos plans". Agora tócalles gozar do verán e afastarse de todo o vivido neste ano, o máis difícil das súas vidas.