Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis de 25.000 peregrinos chegaron a Galicia no que vai de ano. É un dato histórico, o número máis elevado entre os rexistrados ata agora. Só onte selaron as súas Compostelas máis de 2.500 camiñantes.

Falamos hoxe tamén de transición enerxética. Endesa vén de anunciar que pechará tódalas súas centrais térmicas de carbón tres anos antes do previsto, en 2027. A última en desmantelarse será a das Pontes, que aínda que está temporalmente operativa, agarda a autorización do Ministerio para o seu peche definitivo.

E no tempo da entrevista falaremos de teatro co dramaturgo Manuel Lourenzo.

Semanas despois do paro de transportistas, o sector loxístico ainda non recuperou a normalidade.

Segue habendo mercadorías acumuladas en fábricas e portos. As industrias máis afectadas agora son as da madeira ou do metal.

Críticas dende o medio rural á ampliación dos trámites que só se poden facer por internet. Din que non sempre teñen os medios precisos, mesmo boas conexións a internet, e tampouco coñecementos. Algo que complica, por exempli, a petición de fondos europeos

Un ensaio clínico realizado no CHUS mellora o pronóstico de doentes con COVID

O equipo demostrou que unha dosis maior do habitual de DEXA-META-SONA nos pacientes con problemas pra respirar reduce as dificultades, os ingresos en UCI e as intubacións

Denuncian unha agresión homófoba en OUrense

O integrante dun grupo de música que actuou na cidade acabou inconsciente, co nariz roto, logo de ser foi increpado e insultado pola súa maneira de vestir

As últimas horas déixannos un incendio de tráxicas consecuencias nunha vivenda de Carballo. Morreu unha muller de 65 anos.

Na política, as primeiras declaracións de Alfonso Rueda tras recibir o apoio dos principais dirixentes do PPdeG para suceder a Alberto Núñez Feijóo. El de momento prefire respetar os tempos e agardar á convocatoria do congreso do partido antes de comunicar calquera paso adiante.

Por ver tamén o que pasará na Coruña, despois de que a xustiza declarase nulo o nomeamento de Mónica Martínez como edil de Deportes. Ela, antes en Ciudadanos, está disposta a seguir ata o final de mandato no goberno local do PSdeG.

En canto ó tempo, as previsións din que vai seguir a estabilidade neste Venres Santo, o día con máis procesións.

Alfonso Rueda ten fama de discreto e hoxe fixo gala desa condición. Despois de que tódolos baróns do partido apuntaran ó seu nome como sucesor, e coa data fixada pra convocar o congreso extraordinario, o vicepresidente nin sequera confirma que vaia ser candidato. Aínda que da as grazas polos apoios recibidos, di que hai que respeta-los prazos, que calquera pode presentarse, e que só espera que o PP galego saia deste proceso en unidade.

O luns coñeceremos a data para o congreso do PPdeG que previsiblemente elixirá a Alfonso Rueda como sucesor de Alberto Núñez Feijóo. Unha opción que cobrou forza nas últimas horas co apoio de tódolos líderes provinciais do partido.

Novidades tamén no goberno local da Coruña. A xustiza declarou nulo o nomeamento de Mónica Martínez, ex de Ciudadanos, como edil de Deportes no executivo socialista.

E en Vigo, hoxe caras longas despois de que ningunha das sedes do Instituto Español de Oceanografía veñan para a cidade.

Alberto Núñez Feijóo quería un relevo en Galicia previsible, de consenso e rápido. Os primeiro paso semella dado con Alfonso Rueda, a súa man dereita durante 13 anos, cos apoios necesarios no partido pra asumi-lo goberno galego. O consenso tamén semella conseguido. Baltar asegura que hai acordo en que debe haber unha soa lista, e un só home á fronte da Xunta e o partido. Queda agora fixar datas pra unha remuda á fronte do goberno galego da que a oposición insiste en criticar a tardanza, no medio dunha crise global.

Parece que se aclaran as cousas e que se fan boas tódalas quinielas. Alfonso Rueda perfílase como o sucesor de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta e do PPdeG. A rolda de contactos cos líderes provinciais rematou co apoio público e expreso de Manuel Baltar dende Ourense. Todo debería estar resolto antes de finais de maio.

Estamos hoxe tamén na Coruña, para dar conta das últimas novidades sobre o caso de Samuel Luiz. Os dous menores implicados na súa morte asumen a súa participación e reducen a pena.

En canto ó tempo, vimos dunha noite de chuvias.

Buño (A Coruña) acolle unha exposición de quen foi man dereita de Isáac Díaz Pardo nos deseños de Sargadelos.

Hoxe celébrase o día da Atención primaria, unha xornada pra reivindicar o seu papel esencial no coidado da saúde que chega cos profesionais esgotados. Ás consecuencias da Covid, que sufriron máis que ningún colectivo, súmase a falta de persoal e a sobrecarga de traballo que se fai notar, especialmente, na desatención que sufriron os doentes crónicos. Os usuarios insisten en reclamar dotacións suficientes de sanitarios, e reforzos nos centros de saúde.