As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Xa hai data pro inicio do xuízo do Alvia. Será o 20 de setembro en Santiago. Prolongaráse durante meses e no banco dos acusados sentarán o maquinista do tren sinistrado en Angrois, Francisco José Garzón, e tamén o ex director de Seguridade de Circulación do ADIF, Andrés Cortabitarte. A fiscalía pide catro anos de cadea para cada un por 80 delictos de homicidio por imprudencia grave profesional, 145 delictos de lesións e un de danos. Declararán 700 persoas, entre testemuñas e peritos.
- Obras de Dalí, Man Ray e de Chirico na exposición "Obxectos de desexo"
- Autores contemporáneos constantan a vixencia do movemento artístico nacido en 1924
Exposición antolóxica aberta ao público na Cidade da Cultura, con obras que nunca antes se exhibiran en Galicia.
Xesto de distensión do goberno galego co central trala reunión de Feijóo e Pedro Sánchez da pasada semana. A Xunta non levará ós tribunais os 9 millóns de euros de fondos europeos que se repartiron entre catro comunidades socialistas. Feijóo presentara unha queixa formal, e ameazara con acudir ó Supremo pero agora dan por boas as explicacións do goberno. Este mes agardan que se abra prazo pra que o resto de comunidades poidan propoñer proxectos pilotos de fomento do emprego.
Xesto dun goberno que segue sen coñecer o seu futuro presidente. O principal aspirante, Alfonso Rueda, súmase ós que defenden un congreso
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Alberto Núñez Feijóo aposta por un congreso extraordinario para elixir ó seu sucesor no PPdeG. O proceso podería ir en paralelo á remuda na Xunta.
Máis claras as cousas, neste momento, no PSdeG, onde Valentín González Formoso está convencido de que será o candidato a presidir o goberno galego.
Polo demais, xa está iniciada a Semana Santa. En xeral, con boas perspectivas para a hostalaría. E iso que o tempo chega con certa inestabilidade.
Entrevista coa Presidenta de Salma (Fundación para o cuidado da saúde mental en galicia), Ana González.
Realizada por Xosé Manuel García.
Entrevista co director de cine galego Alfonso Zarauza, co gallo do estreo do seu filme "Malencolía".
Andrea Oca encárgase de conducir a entrevista.
Galicia afronta esta semana santa con prevision turisticas moi boas, con ocupacions hoteleiras que nalguns casos pasan do 80 por cento...
QUE TAL BOA TARDE, moitos de vostedes irán no coche, Tráfico pide precuacion nestas primeiras horas de operacion saida. A tarde deixanos novas xudiciais: en Lugo continúa a operacion CONDOR con oito investigados, entre eles o dono de Monbus, por suposta contabilidade B en empresas que ofrecian viaxes turisticas.
Da politica, Nuñez Feijoo falou do futuro goberno da xunta, deixa a porta aberta a que poida haber movementos de conselleiros pero di que a decision non lle corresponde a el, que será o seu sucesor o que teña plena autonomia pra facer cambios
No colexio e no instituto de Trives crearon aulas para a inmersión lingüistica en español
A tres nais vanas contratar como coidadoras na residencia de maiores