Enlaces accesibilidad

Emergency Home busca vivendas para aloxar refuxiados ucraínos

  • 25 axentes desa axencia participan en Galicia na iniciativa solidaria
  • Na pandemia aloxaron a seiscentos sanitarios de urxencias, para evitar o contaxio das familias

Por
Axentes de aloxamento para ucraínos

A guerra expulsou a Yuliia e Shasha de Ucraína. Agora tratan de recompoñerse a cinco mil kilómetros de distancia, en Vigo.

É moi difícil deixalo todo en Ucraína, toda a miña vida está ali

Yuliia Kravchenko é farmacéutica. "Toda a miña familia está en Ucraína. Seguimos as noticias cada día, é moi difícil. "

Olexandra Volobuieva é inspectora de impostos. "É moi difícil deixalo todo en Ucraína, toda a miña vida está ali, pero agora en España eu teño tamén unha familia."

Axentes inmobiliarios

Acaban de chegar seus país e as mascotas e algúns amigos están de camiño. Unha acollida que coordina Mónica Heredero, da asociación de axentes immobiliarios Emergency Home.

Necesitamos propiedades, xente que acolla, e máis axuda para xestionar todo esto

"Necesitamos propiedades, precisamos xente que acolla, e máis axuda para xestionar todo esto, porque ao final nós somos meros xestores. A xenerosidade é das persoas que prestan o aloxamento."

Teñen experiencia porque na pandemia aloxaron a máis de seiscentos sanitarios de urxencias, para evitar o contaxio das familias.

Rede de acollemento

Ante a crise de refuxiados Rafa e Paulo ofreceron a súa casa e impulsan a rede de acollemento.

Yuliia colleu unha especie de pneumonía de durmir no metro

"Estiveron andando, tiveron que agocharse en búnkeres, no metro...De feito, tiveron que parar no camiño porque Yuliia colleu unha especie de pneumonía de durmir no metro", explica Rafa Cernadas.

Desexamos que teñan unha vida o máis parecida ao que tiñan en Ucraína

Juan Paulo Tunnel: "Estamos desexando que poidan ter unha vida o día de mañá o máis rica e parecida posible ao que tiñan en Ucraína, e se é volvendo alí, mellor".

Eso é o que queren estes refuxiados, recuperar a vida perdida.

Estudar español, despois buscar traballo e, por suposto, queremos volver a casa

"Ninguén sabe cando vai terminar a guerra. O primeiro que podemos facer é estudar español, despois buscar traballo e por suposto, queremos volver a casa, " conclúe Yuliia.