As novas da provincia de Ourense presentadas por Carlos Cerecedo
O Goberno non aportou ningún informe que apoie a tese de que España non ten medios para chegar ó Villa de Pitanxo. É o que din os familiares dos mariñeiros mortos que esta mañá asistiron o pleno do concello de Pontevedra que instou ó Goberno a acomete-la operación.
A asociación galega de depuradoras crítica un informe de costas que aconsella trasladar tres depuradoras de Cambados. O sector insiste en que as depuradoras precisan captar auga do mar e non poden situarse lonxe da costa.
Indignación entre os profesores de Música ante o novo currículo da nova lei educativa en Galicia. A Asociación de Profesorado Galego considera preocupante que non se oferte esta materia como optativa no Bacharaleto.
Caravana de coches por Santiago contra a temperalidade na administración autonómica. Os sindicatos reclaman a consolidación das prazas e un concurso de méritos xusto para este colectivo.
O tempo. Pola tarde volven as chuvias...entrarán polo oeste pero vanse ir estendendo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Satisfacción da familia do coruñes Diego Bello asasinado en Filipinas hai dous anos. Un xiz ordenou a detención dos tres policías implicados. E, aquí en Galicia a Garda civil acusad de homicidio imprudente ó veciño de Sanxenxo que lle ocasionou a morte coa súa embarcación a un bañista.
Pero, do que máis falamos estes dias é da máscara... xa non é obrigatoria en interiores, aínd que de momento son maioria os que a seguen empregando.
Deportes. O Celta segue sen garantir de forma matemática a súa salvación: perdeu en Balaídos 0-2 co Xetafe
O Xuíz encargado do caso de Diego Bello ven de solicitar unha orde de arresto para os tres policías acusados da morte do xoven Coruñés en Filipinas en Xaneiro de 2020. E detido tamén o veciño de SanXenxo que conducía a embarcación que matou un bañista na praia de Silgar. Está acusado de homicidio imprudente.
Primeira xornada sen máscaras en Interiores. O seu uso queda relegado ao transporte público e nos centros sociosanitarios. No resto de espacios, só será recomendado. Unha situación que orixinou división de opinións nos centros educativos e nos centros de traballo.
- Os psicólogos aconséllanlles ir afacéndose a vivir sen ela
- Moitas outras persoas devecían por sacalas e volver ver as caras enteiras
A súa retirada pode provocar ansiedade nalgunhas persoas, por medo ao contaxio ou por complexos
Primeiro día sen máscaras nos interiores, agás en centros sanitarios ou transporte público... Ainda así, aqui en Galicia moitos pais recibiron mensaxes recomendando mantela polo de agora nas escolas, e hoxe había máis cativos con máscara que sen ela. É a recomendación de Sanidade e Educación, que tamén piden precaución ós colectivos máis vulnerables. Nas empresas e institucións a decisión será dos servizos de prevención de riscos laborais... Hoxe a pandemia deixa bos datos nos hospitais.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Seguen as incóngitas sobre a sucesión da titularidade da Xunta. Alberto Núnez Feijóo manterá o seu posto como presidente ata o vindeiro més, segundo anuncian dende o Partido, pero segue sen saberse a data exacta na que renunciará, nin tampouco quen optará ao cargo. A espera dunha data, partido e oposición postulan a Alfonso Rueda, que segue sen confirmar a súa candidatura.
E apartir desta media noite remata o uso obrigatorio da máscara en interiores. O seu uso xa non será necesario para acceder ao interior dos locáis, pero sí se manterá nos medios de transporte e no ámbito sanitario. O debate está nas escolas onde Sanidade e Xunta seguirán recomendando o seu uso a pesar da opinión dalgúns colectivos.
- É a fórmula ideada polo concello para atender o milleiro de felinos que viven en colonias, aos que está prohibido dar de comer
- Cóidanos medio cento de voluntarios, que contribúen así a evitar problemas sanitarios