Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A pesar da caída de test, os casos de coronavirus seguen a aumentar. Entre as posibles causas, a relaxación dos cidadáns ou o aumento de contatos da semana santa. O número de hospitalizacións, aínda que hoxe se contiña, segue a ser dos máis altos de España. Neste caso os especialistas achácano ó alto avellentamento da poboación en Galicia

Con todo, os expertos falan dunha situación controlada e apuntan que de momento non hai motivos para dar marcha atrás nas últimas medidas adoptadas.

Educación presenta hoxe ós sindicatos o detalle das prazas e especialidades para a convocatoria de emprego de 2023 destinada á consolidación de emprego.

Un día no que Sarria se viste de gala para recibir ó Rei, que realiza unha visita ó cuartel da Gard civil, e no que o concello ourensán de Avión lamenta a morte dun emigrante en Mexico.

O tempo. Aumenta a inestabilidade. Este martes van predominar os ceos nubrados con chuvias que comezarán polo oeste para irense estendendo o resto da comunidade.

A Consellería de Educación anuncia cambios no modelo de oposicións docentes para o 2023. A novas provas acomodaranse a lei do Goberno central que inclue un proceso baseado nun concurso de méritos e un concurso de oposición. Unha normativa coa que non están moi de acordo dende a Consellería.

E a futura Lei de Movilidade podería incluír a redución ou eliminación do tráfico como criterio para a creación de espazos urbanos de baixas emisións. O Alcalde de Pontevedra e presidente da Rede de Cidades que Camiñan, Miguel Anxo Fernández Lores, ven de reunirse coa secretaria de Mobilidade e Transporte para pedirlle que o borrador da lei.

Un dispositivo instalado no gorro permite controlar os adestramentos e evitar afogamentos.

A piscina municipal de Pontevedra é a primeira de Galicia.

Novidades nas oposicións docentes. Os opositores libres deberán concentra-los seus esforzos na convocatoria deste ano, polo sistema tradicional. Porque as de 2023 se van rexer polos novos criterios marcados polo goberno central, e nelas terán poucas oportunidades. Haberá un concurso co groso das prazas so pra interinos, e un pequeno concurso oposición con pouco nmáis dun cento de vacantes. Un sistema que non pecha a porta a opositores foráneos pero favorece ós que xa están no sistema, que a Xunta considera inxusto..