Exemplares de pura raza galega participan na exhibición na feira cabalar, en Santiago, Un dos pratos fortes da festa da Ascensión, a celebración que enche hoxe a capital de Galicia de ambiente lúdico. //Enfado dos familiares das vítimas do Pitanxo pola partida do buque para inspeccionar o pecio, sen os peritos designados pola Audiencia Nacional. // A Fundación Penzol, que dirixíu Fernández del Riego en Vigo, celebra o seu 60 aniversario. cunha mostra de 60 pezas, unha por cada ano de existencia da institución, que inclúen os primeiros documentos escritos en galego. 18-05-23
O buque Ártabro conta xa co contrato asinado para baixar ao pecio do Villa de Pitanxo, en augas de Terranova. Os encargados da misión chegaran a ameazar con suspendela, ante o atraso en tramitar a docuentación por parte do Ministerio de Transportes. // Representantes da patronal das comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León reclamaron hoxe, conxuntamente, un compromiso para o Corredor Atlántico de conexión ferroviaria con Europa. // O agroglamour volve dende hoxe a aldea porriñesa de Cans co festival de cine que chega a sua vixéxima edición. // Francisco Fernández del Riego é o gran protagonista das letras galegas neste ano. Recuperamos, da man do arquivo de Televisión Española en Galicia, as súas propias palabras, e lembramos momentos máis destacados dunha vida dedicada á defensa da cultura galega. 16-05-23
Asinado, esta mañá, o contrato entre o Ministerio de Transportes e a empresa que baixará ao pecio do Villa de Pitanxo, en Terranova. Confirmouno o delegado do goberno tras reunirse con familiares dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio. // A CIG denuncia o que considera un intento de privatización da sanidade publica a través das mutuas, no acordo para o emprego e negociación colectiva asinado polos sindicatos UGT e Comisións coa patronal. // O agroglamour volve dende hoxe a aldea porriñesa de Cans co festival de cine que chega a sua vixéxima edición. Ademáis de Proxeccións, o programa inclúe coloquios, música, e outras actividades. 16-05-23
O buque Ártabro, especializado en investigación submarina, conta xa, por fin, co contrato asinado para baixar ao Villa de Pitanxo. // A CIG denuncia o que considera un intento de privatización da sanidade publica a través das mutuas, no acordo para o emprego e negociación colectiva asinado polos sindicatos UGT e Comisións coa patronal. // A Universidade de Santiago únese ás celebracións en homenaxe a Francisco Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas. No acto presentouse a obra que repasa a traxectoria de Del Riego como líder dun efervescente movemento estudantil durante os anos da República 16-05-23
Homenaxe a Francisco Fernández del Riego na sua localidade natal de Vilanova de Lourenzá. A Real Academia destaca o seu papel dinamizador na recuperación da lingua e a cultura, que define como "luz nas tebras". // Cumprense 60 anos de celebración do día das letras galegas. Un evento que contou co propio Fernández del Riego entre os promotores, e que ten mudado desde estar prácticamente proscrito en pleno franquismo a converterse na festa da cultura galega de hoxe en día. // No día mundial contra a LGTBifobia achegamonos a coñecer como viviu a sua homosexualidade un pioneiro da loita contra a discriminación. //
17-05-23
Seguimos baixo a influencia das altas presións centradas ao norte da Península e con circulación do nordés intensa, nunha xornada de tempo seco e de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas sen cambios e as máximas ascenden lixeiramente. 17-05-23
A Real Academia e a Xunta renden homenaxe a Francisco Fernández del Riego con actos institucionais en Vilanova de Lourenzá. // A Celebración do Día das Letras Galegas cumpre 60 anos, nos que ten mudado desde estar prácticamente proscrito en pleno franquismo a converterse na festa da cultura que é hoxe en día. // O Artabro, o buque que ten previsto inspeccionar o pecio do Villa de Pitanxo zarpaba dende o porto de Vigo esta mesma tarde rumbo a Terranova. Os familiares das vítimas aseguran non ter coñecemento oficial desa saida, e piden que a inspeccións se faga con garantías xurídicas. 17-05-23
Día de festa adicada a Francisco Fernández del Riego, unha figura emblemática do esforzo por dignificar a nosa cultura. Os actos institucionais trasládanse á sua localidade natal de Vilanova de Lourenzá onde, a Xunta e a Real Academia rendenlle homenaxe. // O día das letras galegas, un evento que contou co propio Fernández del Riego entre os promotores, cumpre 60 anos. // Milleiros de persoas saen a rúa para manifestarse a favor do uso da lingúa galega en todos os ámbitos, convocadas pola plataforma Queremos Galego, nun ambiente de festa e reivindicación. 17-05-23
Xornada de tempo seco, con algunhas nubes medias e altas en xeral e nubes baixas ao norte de Lugo. As temperaturas mínimas, en lixeiro descenso, sobre todo no interior, mentres que as máximas, sen cambios significativos. 16-05-23
Bombeiros, protección civil e corpos de seguridade, interveñen contra un incendio moi próximo ás vivendas. É un simulacro organizado na parroquia coruñesa de Elviña, para comprobar que o dispositivo está listo de cara a temporada de maior risco. // Debates de política nacional, nos primeiros compases da campaña para as eleccións municipais do 28M. O PP insiste na polémica polas listas de Bildu. // A Xunta pon en marcha un programa para que as farmacias axuden coa medicación a persoas maiores que viven soas e teñen dificultades para tomala correctamente, mediante un sistema de dosificación persoalizada. //Traballadores de prisións reclaman a construción dun hospital psiquiátrico penitenciario para atender aos máis de mil reclusos galegos que padecen algún tipo de patoloxía mental. 15-05-23
Os ceos máis despexados no sur pola tarde e quedarán con nubes altas na metade norte agás na Mariña, con posibilidade dalgún orballo. As temperaturas máximas baixan sobre todo polo norte. 15-05-23
A parroquia de Elviña, na Coruña, converteuse no escenario dun incendio forestal. Neste simulacro, o suposto lume estaba próximo as vivendas, polo que se declarou o nivel 2 de alerta. Un exercicio que forma parte da prevención ante a chegada do verán. // Traballadores de prisións reclaman a construción dun hospital psiquiátrico penitenciario para atender aos máis de mil reclusos galegos que padecen algún tipo de patoloxía mental. // A Xunta pon en marcha un programa para que as farmacias axuden coa medicación a persoas maiores que viven soas e teñen dificultades para tomala correctamente, mediante un sistema de dosificación persoalizada. 15-05-23
Debates de política nacional, nos primeiros compases da campaña para as eleccións do 28M. O PP insiste, da man de Rajoy, na polémica polas listas de Bildu. Socialistas e nacionalistas resaltan a xestión dos concellos nos que gobernan. // Malestar no sector agrario polas axudas do goberno central para combater a seca. Din que reciben menos fondos que os do resto das comunidades, pese a resultar igualmente perxudicados polo aumento de custes de produción. // O MARCO de Vigo presenta por primeira vez nun museo español unha mostra do traballo do artista catalá LLuís Lleó, entre a figuración e a abstracción, marcado polos trinta anos que viviu en Nova York. 15-05-23
Arranca a campaña para as eleccións municipais do 28 de maio, coa cidade de Santiago, onde o resultado é especialmente incerto, como a elexida polos tres grandes partidos para os primeiros actos. // Xornada de protestas hoxe en Ferrol. Os traballadores do estaleiro Navantia saíron as rúas de novo para esixir avances na negociación do seu convenio. Á manifestación sumáronse tamén os traballadores do Lidl de Narón, en folga indefinida dende hai tres meses. // O IPC de abril confirma a tendencia á alza, cun aumento interanual do 4´1 por cento en Galicia. O goberno destaca que a tendencia dos alimentos é a moderación tras meses de subidas record. 12-05-23
Aumenta a inestabilidade, con chuvascos que serán máis frecuentes e intensos no norte e leste. Ceos nubrados e temperaturas bastante frescas, polo vento do norte. Unha situación que se manterá con poucos cambios o resto da fin de semana. 12-05-23
Os principais líderes acompañan aos candidatos no arranque da campaña para as eleccións municipais do 28M, hoxe tamén con presenza de ministros galegos. // A Xunta reclama un cambio no sistema de selección dos MIR, logo de que na convocatoria extraordinaria quedasen sen cubrir 33 prazas en Galicia. Pide eliminar a nota de corte, que este ano impedíu elexir praza a case 2.000 aspirantes. // O IPC de abril confirma a tendencia á alza, cun aumento interanual do 4´1 por cento en Galicia. O goberno destaca que a tendencia dos alimentos é a moderación tras meses de subidas record. // Que persoas cegas ou con discapacidade visual poidan desfrutar das artes plásticas. É o que pretende a iniciativa da ONCE con visitas guiadas como a que levaron a cabo na exposición En Pretérito Seguinte, na Coruña. 12-05-23
A cidade de Santiago, onde o resultado é especialmente incerto, elexida polos tres grandes partidos para o arranque da campaña das eleccións municipais. // Manuel Baltar anuncia que recorrerá a su imputación por circular a 215 por hora, logo de amosar a sua disconformidade na comparecencia por via telemática ante o xulgado de Puebla de Sanabria. O xuízo quedou aprazado ata o 31 de maio. // Os traballadores do estaleiro Navantia saíron as rúas de Ferrol para esixir avances na negociación do convenio. Á manifestación sumáronse tamén os traballadores do Lidl de Narón, en folga indefinida dende hai tres meses. 12-05-23
O Presidente da Deputación de Ourense comparece telemáticamente, ante o xulgado de primeira instancia de Puebla de Sanabria por un delito contra a seguridade vial. // A situación de Manuel Baltar e tamén a do Alcalde de Ourense Gonzálo Pérez Jácome centran a polémica política xusto cando comeza esta noite a campaña das eleccions municipais, que durará dúas semanas. // Centos de gandeiros saen de novo ás rúas de Lugo para reclamar mellores prezos da carne para afrontar os custos. Tamén reclaman un aumento dos fondos da Política Agraria Común. // A piques de partir de Vigo o buque oceanográfico que baixará ao pecio do Villa de Pitanxo en augas de Terranova. A bordo, un equipo especializado tentará obter imáxes para esclarecer con axuda de robots o naufraxo no que faleceron 21 mariñeiros.
12-05-23
Baltar declárase non conforme coa acusación de circular a 215 quilómetros por hora pola autovía limitada a 120. O caso será derivado ao xulgado do Penal de Zamora. // Os gandeiros de carne volven manifestarse hoxe en Lugo, para amosar o seu malestar polos baixos prezos que reciben por parte das industrias e para reclamar máis fondos da Política Agraria Común. Tras reunirse coa subdelegada do goberno, agardan o anuncio dunha axuda de 100 euros por vaca nodriza. // Xana é unha cadela que ten enfeitizados a todos os escolares de infantil e primaria do colexio público de Maside, en Ourense. Colabora nun programa de innovación educativa para motivalos a que lean máis, expresen as súas emocións e falten menos ás clases. 12-05-2