Comeza a semana con temporal de chuvia e forte vento e con suba de temperaturas. A partir de mañá entrada de Fien, outra fronte de aire frío procedente de Francia que ademáis de endurecer as condicions no mar, fará baixar os termómetros a baixo cero en moitos puntos. 16-01-23
Arbores arrincadas en Ferrol, son efectos da borrasca Gerard que se deixa notar, con refachos de vento que chegaron xa a superar os 160 kilometros por hora e ondas de ata 7 metros. // A polémica en relación coa medidas sobre o aborto en Castela e León trasládase a Galicia. Os populares descartan cambios no protocolo actual da nosa comunidade // Comenza en Vigo a desmontaxe dos adornos e atraccións de nadal, tras case dous meses, onde a ocupación hoteleira acadou unha media do 90%. // Os sanitarios advirten dunha pandemia silenciosa pola cada vez ver maior resistencia das bacterias aos antibióticos, e advirten de non gardar os sobrantes ao rematar un tratamento. 16-01-23
Os efectos da borrasca Gerard xa se deixan notar, con refachos de vento por riba dos 160 kilometros por hora e con ondas de entre 5 e 7 metros no litoral, no que está activada a alerta laranxa. // O presidente da Xunta amosa o seu apoio as medidas sobre o aborto en Castela e León. // Remata oficialmente o Nadal de Vigo. Hoxe comezou a desmontaxe dos diferentes adornos que engalanaron catrocentas rúas da cidade desde novembro. // Na segunda división o Lugo caeu onte en Anduva contra o Mirandés por dous a cero. 16-01-23
O prezo dos alimentos acada unha suba récord do 16 por cento en decembro, que pode reducir o impacto da baixada do IVE dalgúns produtos dende o comenzo do ano. // Pasado o doble ano xacobeo, o sector turístico aposta agora polo tirón de valores como a gastronomía e a sostibilidade, e aproveitar a chegada o AVE a Ourense. // Unha cámara agochada nunha tarxeta de crédito e un auricular para recibir as respostas correctas. Así é como intentou aprobar o exame teórico de conducir en Ourense un veciño de Tarragona. // Teatro participativo para divertirse e aprender inglés. É unha iniciativa na que participan uns 5.000 escolares, e que contribúe a que Galicia se sitúe como a comunidade co mellor nivel nesa lingua, segundo a plataforma de intercambio Education First. 13-01-23
Hoxe irase perdendo a influencia anticiclónica con ceos nubrados e chuvias máis persistentes na metade oeste. Será o domingo cando notaremos a baixada sobre todo das temperaturas mínimas. A cota de neve baixa aos 800 metros na madrugada do sábado e quede en torno aos 900 durante o domingo. 13-01-23
O prezo dos alimentos acada unha suba récord do 16 por cento en decembro, que pode reducir o impacto da baixada do IVE dalgúns produtos dende o comenzo do ano. // Pasado o doble ano xacobeo, o sector turístico aposta agora polo tirón de valores como a gastronomía e a sostibilidade, e aproveitar a chegada o AVE a Ourense. // Unha cámara agochada nunha tarxeta de crédito e un auricular para recibir as respostas correctas. Así é como intentou aprobar o exame teórico de conducir en Ourense un veciño de Tarragona. // Allariz, Cambados, Combarro, Ribadavia e Mondoñedo son as cinco vilas mais fermosas de Galicia segundo a prestixiosa revista de Viaxes National Geagraphic.13-02-23
O IPC xeral queda en Galicia no 6´4 por cento, sete décimas máis que a media do conxunto de España. // As administracións apuran a tramitación de ata 140 proxectos de parques eólicos ante o remate, o próximo día 25, do prazo de autorización dado polo ministerio de transición ecolóxica. // O sector hoteleiro celebra que as luces do Nadal sigan acendidas en Vigo, que segundo as primeiras estimacións, supera xa os 3 millóns de turistas. // Allariz, Cambados, Combarro, Ribadavia e Mondoñedo son as cinco vilas mais fermosas de Galicia segundo a prestixiosa revista de Viaxes National Geagraphic. 13-01-23
Hoxe temos ceos con máis claros no interior e con nubes baixas nas provincias atlánticas. As temperaturas máximas baixan. O vento sopra con forza entre Bares e a Costa da Morte. 12-01-23
Ramón Sampedro que daba fín a sua vida haí hoxe 25 anos, nunhas circunstancias que o converteron en símbolo de reivindicación da morte digna, que acabou na aprobación, o ano pasado, da lei de eutanasia. Dez persoas acolleronse a ela na nosa comunidade. // Programa piloto do Sergas para que algúns especialistas podan tramitar diretamente as baixas laboráis. Os médicos de familia piden que se estenda a todos os servizos dos hospitais. // Os centros educativos analizan o sistema de intelixencia artificial que se podería usar para facer os deberes escolares. Debaten aproveitalo como ferramenta de ensino ou limitar o seu uso entre os alumnos. 12-01-23
Ramón Sampedro que daba fín a sua vida haí hoxe 25 anos, nunhas circunstancias que o converteron en símbolo de reivindicación da morte digna, que acabou na aprobación, o ano pasado, da lei de eutanasia. Dez persoas acolleronse a ela na nosa comunidade. // A Xunta anuncia un plan para reducir as listas de espera na Sanidade ata os niveis anteriores á pandemia. // Os centros educativos analizan o sistema de intelixencia artificial que se podería usar para facer os deberes escolares. Debaten aproveitalo como ferramenta de ensino ou limitar o seu uso entre os alumnos. 12-01-23
Ondas de ata seis metros na praia de Riazor, na Coruña, que chegaron a rebasar a duna, esta mañá. // A Xunta anuncia un plan para reducir as listas de espera na Sanidade ata os niveis anteriores á pandemia. // O delegado do gobernó asegura que con Pedro Sánchez Galicia recibe os maiores ingresos da sua historia. // Os centros educativos debaten cómo afrontar os retos da intelixencia artificial. Sistemas que permiten dende escribir historias, compoñer a resolución de problemas de matemáticas. 12-01-23
Aumenta a demanda para a vacinación en Galicia, ante o temor a un empeoramento da incidencia da pandemia. // O Partido Popular esixe a dimisión do alcalde de Ourense, co que gobernou a cidade ata hai seis meses, pola participación dun condenado reincidente por abusos sexuais na Cabalgata de Reis. // As bibliotecas públicas de Galicia celebran hoxe o Día dos Usuarios con distintas actividades: visitas guiadas, obradoiros ou o recoñecemento aos lectores máis activos nos últimos meses. 11-01-2023
Apertura de claros neste mércores no que volve o anticiclón aínda que por pouco tempo porque o venres entrará outra fronte. As temperaturas mínimas baixaron pero as máximas quedan sen apenas cambios. Oscilan entre os 12 en Lugo e os 15 de Pontevedra. 11-01-2023
As vacinacións da Covid aumentan un 30 por cento dende o comenzo do ano. A incidencia mantense estable, con 237 hospitalizados, seis deles nas UCI, e outros cinco falecidos nas últimas horas. // Aumenta a polémica en Ourense pola elección dun home condenado por abusos sexuais e reicidente para interpretar a Baltasar na Cabalgata de Reis. // As Rede Galega de Biblotecas supera no último ano a cifra dun millón e medio de libros prestados, cun incremento do 23 por cento sobre o ano anterior. 11-01-2023
As vacinacións da Covid aumentan un 30 por cento dende o comenzo do ano. A incidencia mantense estable, con 237 hospitalizados, seis deles nas UCI, e outros cinco falecidos nas últimas horas. // logo do accidente de autobús con sete falecidos ocorrido a pasada noiteboa, os concellos polos que pasa a N-541 amosaron hoxe unha fronte común, denominado O pacto de Pedre, para reclamar unha reforma integral e resolver os problemas de perigosidade. // Aumenta a polémica en Ourense pola elección dun home condenado por abusos sexuais e reicidente para interpretar a Baltasar na Cabalgata de Reis. // As Rede Galega de Biblotecas supera no último ano a cifra dun millón e medio de libros prestados, cun incremento do 23 por cento sobre o ano anterior. Hoxe, visitas guiadas, obradoiros e agasallos aos lectores máis activos, na celebración do Día do Usuario. 11-01-2023
O asalto ás institucións democráticas do Brasil por parte de seguidores do expresidente Bolsonaro tamén preocupa en Galicia // Preocupación tamén aquí pola sucesión de incidentes violentos na noite de Santiago. Os responsables de seguridade comprométense a aumentar a presenza policial nas zonas de lecer // Preto da metade dos galegos reducen gastos en roupa e calzado debido á suba de prezos no último ano // O Deportivo encara unha nova etapa na terceira categoría da man de Lucas Pérez, que volta ao equipo da súa cidade, estreándose con goles. 09/01/2023
Fronte cálida, con nubes baixas durante toda a xornada, con orballos na metade oeste e apertura de tímidos claros no norte e leste. Pola noite chegará unha fronte fría que deixará chuvias máis intensas, que se moverán de oeste a leste. 10/01/2023
Balance positivo da campaña de Nadal para a hostalaría, cunha ocupación que superou as expectativas, e mesmo as cifras anteriores á pandemia, pese ao incremento dos prezos. // A vista polo accidente do Alvia afronta a recta final coa comparecencia do primeiro dos quince peritos previstos na causa. Mentres, a defensa do maquinista aporta novas probas. // As libretas de aforro, un instrumento ao que recorren moitos usuarios de banca, sobre todo os de máis idade. Asociacións de consumidores denuncian que algunhas entidades empezan a limitar a sua emisión. // O parque de Cotorredondo, entre Marín e Vilaboa, acolle un proxecto de rexeneración, para favorecer a inserción laboral de persoas con discapacidade.10/01/2023
Máis afluencia turística e Mellores vendas das esperadas. O sector da Hostalaría fai un balance moi positivo da campaña de Nadal, // Asociacións de consumidores denuncian que algunhas entidades empezan a limitar a emisión de libretas de aforro, as que recorren moitos usuarios, sobre todo os de máis idade. // o xuízo do Alvia afronta a recta final. Hoxe retomouse coa aportación dun escrito sorpresa da defensa do maquinista, contrario á versión de Adif. // 10/01/2023
Máis afluencia turística e Mellores vendas das esperadas. O sector da Hostalaría fai un balance moi positivo da campaña de Nadal, // A Xunta ultima as tramitación da lei do litoral nunha xuntanza coas universidades. A norma pretende regular os usos e actividades na franxa costeira, ata agora contempladas na Lei de Costas estatal. // O xuízo do Alvia afronta a recta final. Hoxe retomouse coa aportación dun escrito sorpresa do maquinista, contrario á versión de Adif. // 10/01/2023