Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Acaba de presentarse o festival de Cans, que entre o 19 e o 23 deste mes volverá a encher de "agroglamour" esta parroquia do Porriño (Pontevedra). Máis dun cento de obras vanse proxectar no certame coa presenza do director Julio Medem. Será homenaxeado o actor Celso Bugallo falecido en decembro.

O eclipse coincidirá no máis alto da tempada turística. Nas Rías Baixas, se o tempo axuda, o femómeno será visible nun 99 %, polo que se agarda unha gran afluencia de visitantes. Por iso, a Deputación de Pontevedra organizou unha xornada de formación dirixida a representantes do sector turístico.

En Pontevedra, retoman la excavación en la fosa de Soutelo para buscar los restos de cinco jóvenes asesinados en la Guerra Civil. En la zona fueron localizados los cuerpos de otros dos vecinos de Tui. Tras la investigación, los restos fueron entregados a sus familias. Es la primera vez que una exhumación es dirigida por un fiscal de Memoria Democrática. Vídeo emitido en el Telexornal (informativo territorial de TVE en Galicia) el 14/04/2026.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias 'El país de las 6.000 fosas'.

En Pontevedra, retoman os traballos na foxa de Soutelo, en Salceda, para tentar recuperar os restos de cinco mozos asasinados nos primeiros meses da Guerra Civil. Na zona xa foron localizados os corpos de dous mozos de Tui. Logo da investigación, os seus restos foron entregados ás súas familias. É a primeira vez que a exhumación é dirixida por un fiscal de memoria democrática.