Entre o xoves e o luns Eiras recibiu máis de 7.700 millóns de litros de auga. Na zona de Fornelos de Montes, Pontevedra, onde está o encoro, recolléronse 300 litros por metro cadrado en sete días. Hai pouco máis dunha semana estaba ao 36 por cento da súa capacidade. Nese momento só estaba garantido o suministro de auga para 25 días.
Na cidade de Vigo ducias de persoas concentráronse hoxe para pedir unha alternativa a varios acampados que non teñen fogar.
Xunto á da cidade olívica tamén se retiraron as acampadas de Pontevedra e Santiago.
O colectivo galego pola vivenda di que o movemento vai continuar. Trasladan aos barrios as asambleas e actividades.
A ponte de Baxeles cedeu pola tromba de auga e a acumulación de vexetación.
É o acceso á aldea de San Vicente no concello de Vilamartín de Valdeorras, moi afectada polos incendios do verán de 2025.
As intensas chuvias deixaron este domingo máis de duascentas incidencias en Galicia.
O mellor menú escolar do estado utiliza produtos de proximidade, ingredientes ecolóxicos e unha receita que vai máis alá da cociña: os propios alumnos participan na elaboración dos menús. Unha fórmula, a do colexio A Paz Tintureira de Vigo, que acaba de recibir o recoñecemento nacional.
A bailarina ourensá de quince anos, Alicia Babarro, volve facer historia ao lograr a medalla de bronce de breaking nos Xogos Olímpicos da Xuventude, en Dakar. Gañou con folgura as tres rondas da batalla que a enfrontou a unha bailarina marroquina. Non puido optar á medalla de ouro ao quedar eliminada por un punto nas semifinais contra a representante ucraína.
- Avanza que en su futuro Gobierno vivienda se gestionará desde una Vicepresidencia
- Considera que el Ejecutivo de Sánchez "se resume en corrupción, machismo, incompetencia y soberbia"
No día das librarías, visitamos Numax, en Santiago, distinguida co premio Libraría Cultural 2026 pola súa atención á diversidade bibliográfica e o compromiso coa cultura. É o máis importante ao que poden optar estes establecementos en España.
Calcúlase que en Galicia unhas 600.000 persoas están en risco de pobreza ou exclusión social. A eles vai dirixida a recollida solidaria dos bancos de alimentos, na que participan centos de supermercados. Milleiros de voluntarios mobilízanse para animar aos clientes a axudar, mercando, sobre todo, leite, aceite, conservas e outros produtos non perecedeiros.
Competiu en Paraguai e volveu lucindo a medalla de prata. O mozo coruñés adestra arreo nas pistas de Riazor co obxectivo do ouro. Comparte pista con David Rama, medalla de bronce no mesmo campionato. Pertence ao Club Maxia da Coruña integrado por máis patinadores que patinadoras.
- Os vinilos novos poden custar entre 35 e 40 euros, fronte aos seis euros dun CD
- Os maiores de 40 anos parecen decantarse cada vez máis polo CD, mentres que os compradores máis novos manteñen o interese polo vinilo
Os expertos advirten de que pode ser un espellismo e ninguén agarda que o CD recupere o esplendor doutrora. Pero a industria musical dá un xiro inesperado: as vendas do disco compacto medran e recuperan terreo fronte ao vinilo, nun contexto no que o prezo deste último non deixa de subir.
O mal tempo non desanimou as mobilizacións centrais da folga xeral en Vigo. Dúas manifestacións percorreron a cidade, convocadas por separado pola CIG e por Comisións Obreiras e UGT. As dúas transcorreron con rapidez e sen incidentes. As reivindicacións, salarios que permitan chegar a fin de mes, vivenda accesible e medidas fronte á suba dos prezos | Foto: Adrián Irago / Europa Press
Uns cincuenta piquetes concentráronse no centro comercial Vialia de Vigo coa intención de pechar as portas dos comercios que permanecían abertos. Entre outros establecementos, o supermercado tivo que baixar o enreixado. Tamén percorreron baixo a chuvia as rúas de Pontevedra e estiveron presentes en todas as cidades | Foto: Adrián Irago / Europa Press
A actriz Laia Marull recibe en Santiago o premio Cineuropa, un recoñecemento a máis de tres décadas de traxectoria entre o cine e o teatro. Gañadora de tres premios Goya, deu vida a personaxes que deixaron pegada nos espectadores.
O can de palleiro xa conta cun estudo xenómico que permite, de xeito científico e inequívoco, identificar os exemplares desta raza, que estivo en risco real de desaparición: a finais dos 90 quedaban menos de 150 exemplares en toda Galicia. 25 anos despois, e co traballo do Club Raza Can de Palleiro, xa hai máis de 2.400.
Comeza a campaña da centola con boas expectativas, a pesar do mal tempo e a cantidade de alga depositada no fondo mariño. Só no Grove, a lonxa de referencia, vendéronse máis de 4.000 quilos. Os prezos, entre os 14 e os 35 euros, segundo a calidade e o tamaño das pezas.
132 concellos da metade oeste e do sur de Galicia están en alerta amarela pola borrasca Bruna. Nesas zonas poderían caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. De momento durante a mañá onde máis choveu foi na provincia de Ourense onde xa se acumularon máis de 33 litros por metro cadrado en Muíños, no Xurés. Unha auga moi agardada para paliar a seca que afecta a ríos e encoros.
- O festival desenvólvese en diferentes espazos de Compostela ata o 22 de novembro
- Recollen premio nesta edición o produtor Felipe Lage, a actriz Laira Marull e un dos directores fetiche do certame: Robert Guédiguian
O aeroporto de Alvedro conta dende hoxe con novas rutas nacionais. Málaga, Valencia e Bilbao estréanse como destino dende a terminal coruñesa, aos que se sumarán nos próximos días Sevilla, e, a partir de decembro, Alacant. Co regreso de Volotea, Alvedro terá once destinos directos.
Máis de 70.000 persoas conviven co alzhéimer e outras demencias na nosa comunidade. Un equipo do Instituto de Investigación Galicia Sur patentou un método para previr o deterioro cognitivo cunha proba de cuspe. Aínda está en pleno desenvolvemento, pero pode supor un importante paso para anticiparse ás doenzas mentais, como complemento ao diagnóstico médico.