Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os produtores de millo advirten de que a colleita deste ano podería ser a peor da última década pola escaseza de precipitacións e a intensa calor. Preocupa tamén o efecto no sector gandeiro pola escaseza dun alimento básico para o vacún.

Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.

A ría de Vigo estrea unha das súas propostas máis singulares. Chámase Atlántida e permite observar a vida mariña desde varios metros baixo a superficie da auga. Un visor submarino único que demostra que a actividade portuaria e a recuperación ambiental poden ir da man.

Cada galego consumiu de media durante o ano pasado case 600 quilos de alimentos no fogar que lle custaron 1.970 euros. Galicia é das comunidades con maior consumo e gasto en alimentación. As cifras aumentan ano a ano, a pesar de que as familias aproveitan cada vez máis as ofertas, comparan prezos e buscan alternativas para tentar aforrar.

Na madrugada do 2 de agosto de 1976 falecía nun accidente de tráfico cando regresaba a Madrid logo de actuar en Vigo.

Cecilia era unha das artistas con máis éxito do momento.

Aínda que naceu en Madrid tiña raíces galegas.

Manuel Orío estivo no derradeiro concerto de Cecilia, na sala Nova Olimpia de Vigo.

É posible que sexa unha das últimas persoas que estiveron coa artista.

Aprobouse nun consello de ministros presidido polo rei Xoán Carlos e celebrado na Coruña, aproveitando a primeira visita institucional a Galicia dos monarcas.

A medida beneficiou a tódolos presos condenados por delitos políticos ou de opinión excepto integrantes de grupos terroristas.

Outra excepción foi a dos membros da Unión Militar Democrática xa que non puideron reintegrarse no exército.

Os sindicatos UGT, CCOO e CIG denuncian que os salarios están conxelados dende hai ano e medio e os empresarios queren eliminar o complemento do 100% durante as baixas laborais. A patronal acusa ós sindicatos de levantar da mesa de negociación, e aseguran que están abertos ao diálogo. Patricia Liste e Carlos Purriños

Por razóns de seguridade ou protección patrimonial, trinta zonas de Galicia non son aptas para desfrutar do fenómeno astronómico este 12 de agosto. Son lugares propostos polos concellos á Xunta e á delegación do Goberno. As razóns principais están na falta de servizos, pouca accesibilidade, complicación de evacuación ou por tratarse de contornas protexidas.