Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta ten luz verde do Tribunal Superior de Galicia para aplicar as restriccións vixentes para controlar a pandemia. Iso sí o aval é ata o día 21, entón haberá que revisar de novo as medidas. Ademais, o xuices piden para entón que se xustifique mellor a demanda e que se identifiquen as fontes que acreditan as necesarias limitacións.

Xa saben, esta medianoite baixan a tres os municipios con limite perimetral, Padrón, Cambados e Laza, e Vigo recupera o nivel máis baixo de restriccións.

Nun xoves festivo en Santiago.... celebra a ascensión... este ano recupera algunhas actividade, non hai barracas pero si concertos, pero ... iso si.. con paraugas

Hoxe celébrase o día internacional da enfermería, unha xornada que tras dun ano de pandemia as atopa cansas, queimadas, e coa sensación de que as autoridades non as valoran axeitadamente.

Novo repunte dos casos activos en Galicia. Volvemos ter máis de 3 mil persoas contaxiadas, logo dunha xornada na que se duplicaron as deteccións de novos casos

No Parlamento, o presidente Núñez Feijóo afirmou que os responsables da crise industrial de Galicia son o PSOE e BNG. A oposición acusouno de buscar sempre culpables fóra.

Aprazada dous días máis a folga en Alcoa, despois de recibir a carta que o Goberno central enviou a Alcoa para ofrecerse a mediar na venda da fábrica de aluminio.

O delegado do Goberno pide á Xunta que acelere a declaración BIC do mobiliario do Pazo de Meirás. Hai máis marxe despois de que un xulgado da Coruña suspendera o prazo dun mes que dera para realizar a mudanza.

A Real Academia Galega e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán homenaxean á escritora no centenario do seu falecemento. Animan a ler a obra de Pardo Bazán pola audacia e modernidade do seu pensamento.

No tempo. continúan as chuvias, pero pola trde serán máis illadas e ocasionais.

O próximo venres volve cambiar o mapa de restricións anticovid.

Padrón é o único concello da provincia en máximo risco. Segue pechado perimetralmente.

Oleiros empeora os seus datos e estará no nivel alto de limitacións. Conxuntamente con Ribeira e A Laracha.

Os traballadores da limpeza da provincia irán de novo a folga en xuño se a patronal nos escoita as súas reivindicacións.

O congreso dos deputados insta ó goberno a intervir as plantas de Alú Ibérica na Coruña e Avilés.

Un xulgado da Coruña suspende o prazo dun mes concedido a familia Franco para retirar os bens do Pazo de Meirás.

O Monte do Gozo en Santiago luce nova imaxe. Conta con máis de 1.000 prazas de aloxamento e o auditorio amplía a súa capacidade ata as 45.000 persoas

Só Cambados, Laza e Padrón estarán dende o venres en nivel máximo de restricións. É a última decisión do comité clínico, que supón peche perimetral e toque de queda. Medidas que, en todo caso, necesitan do aval da xustiza. O Tribunal Superior de Galicia podería pronunciarse hoxe.

Este mércores, ademais, nova reunión do Consello Interterritorial entre Goberno e autonomías, coas incertezas dos primeiros días sen estado de alarma.

O presidente da Xunta cre que este verán poderiamos estar en exteriores sen máscara

Entra en vigor a nova limitación de velocidade nas vías urbanas dun só carril, que pasa de 50 a 30 kilómetros hora.

As vacunas son efectivas: un estudo con 250 mil persoas sinala que unha soa dose reduce as hospitalizacións nun 94 por cento.

Aprobada a lei de recuperación da terra agraria, que establece unha moratoria para novas plantacións de eucalipto ata 2025.

O BNG defende no congreso a intervención pública de Alcoa e das plantas de Alu Ibérica que antes pertenceron á multincional.

Outras dúas xornadas de folga no sector da limpeza na provincia da Coruña. Demandan melloras salariais pra sair da precariedade.

Cúmprense 112 anos da maior matanza de civís en tempos de paz acontecida en Galicia durante o século XX. A morte de nove parroquianos que se opoñían ao traslado do baldaquino do mosteiro de Oseira acaba de ser rescatada do esquecemento polos rapaces do colexio de Cea

  • 112 anos da maior matanza de civís en tempos de paz acontecida en Galicia durante o século XX
  • Rapaces do colexio de Cea rescatan a morte de nove parroquianos que se opoñían ao traslado do baldaquino do mosteiro de Oseira