Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O comité clínico analiza esta tarde un posible retraso do toque de queda, ate as 11 da noite. Non se agardan novidades pra hostalaría.

O conselleiro pide máis tempo pra avalia-las consecuencias da semana santa, e avanzar coas vacinas. Agardan pecha-la semana co 29% da poboación diana xa inoculada.

Díxoo no parlamento, que hoxe acordou por unanimidade facer unha reforma da lei para que se considere violencia machista a vicaria, é dicir, a exercida a través dos fillos.

Non houbo acordo na petición do BNG para que o Parlamento investigue a caixa "B" do PP en  Galicia. Foi rexeitada pola maioría do Grupo Popular

A Federación "Vellez e Dignidade" recorre o sobresemento provisional das querelas presentadas contra a residencia Domus VI de Cangas.

Os traballadores das verbenas e as orquestras, unhas 3 mil persoas, esixen á Xunta a convocatoria das axudas comprometidas no mes de xaneiro.

As mariscadoras galegas opóñense ó cambio no regulamento que as obrigaría a  comunicar as capturas diarias a través dun teléfono móbil.

No tempo hoxe volveron as chuvas, especialmetne no sur de Galicia

Morre, a causa do coronavirus, un home de 81 anos. Estaba ingresado no complexo hospìtalario de Santiago.
Baixan os contaxios, baixa tamén a presión hospitalaria, pero repuntan os casos activos, as persoas que padecen a covid 19.
O centro de saúde de Conxo, en Santiago, non ten pediatra desde finais de marzo. Hai 4.000 familias afectadas.
MAÑá, nova protesta na comarca de Ferrol contra o desmantelamento industrial. Os sindicados acusan á Xunta e ó goberno central de non aportar solucións.
Deportes. Ferrol homenaxea ó Baxi polo seu regreso
a elite do baloncesto feminino español.

A Xunta arrefría as expectativas e a reunión do comité clínico de hoxe podería non traer a apertura agardada. Barállase un posible atraso do toque de queda, pero nas últimas horas o goberno galego fai un chamamento á prudencia e apunta que a ampliación dos horarios da hostalaría quizais teñan que agardar un pouco máis.

De momento os datos deixan lixeiras repuntas dos casos activos de coronavirus e aumento da presión hospitalaria. Baixan os contaxios diarios.

E mentres, volve a vacinación masiva. O conselleiro de Sanidade comparece hoxe no Parlamento.

Ata as oito desenvolvemos estes e outros argumentos informativos.

Este luns continuaron os traballos no poligono lugués de O Ceao para cuantificar os danos e conseguir esclarecer que foi o que pasou para que se dese o espectacular incendio que afectou a varias empresas colindantes a nave na que se orixinou o lume.

E todo isto no mesmo día no que se produciu unha leve repunta dos casos positivos por coronavirus e da presión hospitalaria en Galicia...

Responsables e propietarios das naves máis afectadas polo gran incendio no polígono do Ceao avalían os danos. Calculan que se aproximarán ós quince millóns de euros. Agora o obxectivo é que a destrucción das naves non teña repercusións no emprego e recuperar a actividade canto antes.

Volven a medrar os casos activos e os hospitalizados por COVID en Galicia. Nos centros hospitalarios hai 13 persoas ingresadas máis, ate 185. Delas, 30 están nas unidades de críticos.

Carballeda de Valdeorras ten desde hoxe as máximas restriccións, incluído limite perimetral. Os contaxios propagáronse no transporte de traballadores ás canteiras.

En Santiago, os estudantes de Odontoloxía que fan prácticas con pacientes manifestáronse para pedir a vacina contra a covid. Os mariñeiros seguen sen noticias da súa inoculación, pese á chegada esta semana das doses de Jansen

Unións Agrarias pide que no plan eólico se respeten as zonas alto valor agrario. A Corporación de Lalín acordou por unanimidade rexeitar dous proxectos a medio quilómetro das casas.

O tempo. Recuperamos a estabilide. O pasado mes, a precipitación media estivo un 80 por cento por debaixo do valor climático normal

 Arranca a semana cun novo mapa de restricións anticovid.
 A Pobra do Caramiñal é o único concello da provincia con nivel máximo de limitacións.
 A semana comeza tamén coa repunta dos casos activos, das persoas enfermas, e da presión hospitalaria.

 O Sergas organiza hoxe un  cribado entre os alumnos do instituto Alfonso X de Cambre. Hai seis estudantes contaxiados.

 En Santiago, Veciñps da rúa Londres do barrio de Fontiñas opóñense a nova ubicación do Imelga-

 Deportes. O Baxi Ferrol regresa á máxima categoría do baloncesto feminino. Gañou tódolos partidos da Liga.

Empezamos semana con frío, pero con sol.

Estreamos ademais novo mapa de restricións polo coronavirus, agora con tres concellos perimetrados. Carballeda de Valdeorras súmase Ó Grove e Á Pobra do Caramiñal.

Os días que veñen son ademais decisivos para coñecer os efectos da Semana Santa na pandemia. De momento pechamos a anterior con máis dun milleiro de novos contaxios e cunha repunta dos casos activos.

Achegámonos tamén ó Polígono do Ceao, en Lugo, despois do incendio que este domingo causou perdas millonarias en varias naves industriais. Os bombeiros traballaron toda a noite para arrefriar a zona

Despois de seis horas, quedou controlado o incendio declarado a primeira hora desta mañá no polígono do Ceao, en Lugo. Orixinouse nunha nave de pinturas e axiña se propagou a outras 4 empresas próximas. Ante o perigo da situación, houbo que baleriar unha gasolineira e activouse o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias.

Polo demais, no tocante á pandemia, hoxe descenderon os contaxios, pero aumentaron os casos activos e os ingresos hospitalarios.

Celebramos o Día do Párkinson, que en Galicia afecta a 13 mil persoas. E damos os parabéns aos gañadores dos premios Mestre Mateo: "Ons" e "A Illa das Mentiras", entre os grandes triunfadores.

No espazo da entrevista, hoxe falamos con Rubén Pérez, novo responsable de Política Municipal de Izquierda Unida