Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha masa de aire cálido e seco trae temperaturas inusuais para a época: máximas de ata 30 graos no sur, en Pontevedra e en Ourense, e de 28 Na Coruña e Lugo. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos. // Nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis de mobilidade. Nun deles, en Cambados, foi identificado e proposto para sanción o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // Lixeiro incremento dos casos activos no último día. Suben a 168 os novos contaxios e tamén hai 4 ingresados máis nas UCI. En cambio, descenden os hospitalizados en planta, e contabilízanse seis falecementos máis. // O Parque das Illas Atlánticas rexistra máis de 3.000 reservas, na volta da temporada de visitas. As Cies e Ons, unha alternativa de contacto coa natureza dentro de Galicia, con transporte regular ata o domingo. 31-03-2021

Sanidade considera que vacinar en función das patoloxías xera rruido e provoca que se fagan compracions. Defende seguir coma ata agora cos criterios de idade.
É a posición que defendeu na comisión interterritorial de saúde, segundo explicou hoxe o conselleiro Julio García comesaña.
O titular de Sanidade mostrouseen contra da obrigatoriedade do uso da mascara na praia en todo momento.
 

O comité clínico que asesora á Xunta analizou esta mañá a evolución epidemiolóxica. En función deses datos poderían propoñerse algúns cambios. Non se agardan nos horarios da hostelaria, pero si os podería habaer nas limitacións vixentes nos distintos concellos. Agora mesmo so un, Beade, ten límite perimetral e peche de bares.
Prá unha e media estaba fixada a comparecencia do conselleiro de Sanidade que entre outras cousas actualizara os datos da pandemia

Abegondo e Ortigueira son os únicos concellos da provincia no nivel alto da pandemia. A presión hospitalaria subiu lixeiramente na área sanitaria de Santiago-Barbanza, pero descendeu en Coruña-Cee e Ferrol.

 As alcaldesas de Coruña e Avilés unen forzas para reclamar as gobernos autonómicos e central solucións para garantir a continuidade das fáctorías de Alu Iberica de ambos concellos.

 Despois de 23 anos de actividade industrial hoxe pecha nas Somozas, Siemens Gamesa, unha das empresas de referencia de Ferrolterra. Chegou a dar ocupación a 800 persoas

Vai cambiando o tempo de cara ós festivos da Semana Santa. O que non cambian de momento son as restriccións. A partir do venres seguiremos nunha situación moi parecida. O comité clínico decidiu que continúe a libre mobilidade por toda Galicia, coa única excepción do concello ourensán de Beade. Haberá ademais 11 concellos onde a hostalaría só pode abrir no exterior. Entre eles, Baiona e Sanxenxo.

Por outra banda, xa sabemos que Galicia terá o vindeiro mes o seu propio certificado de vacinación, e que o Goberno decidiu recorrer ante o Constitucional a Lei de Saúde de Galicia.

E temos que falar tamén dun tráxico suceso en Viveiro. Morreu un pescador deportivo. O seu fillo, que estaba con el, tivo que ser ingresado no hospital.

Un certificado galego de vacinación, de ter superado a Covid ou de dar negativo nas probas estará dispoñible en formato dixital ou en papel, na primeira quincena de abril, e terá valor meramente informativo. Así o acaba de anunciar o conselleiro de Sanidade. O comité clínico mantén as restricións que xa están vixentes para a Semana Santa e di que as vacinacións continuarán durante os festivos. // O Consello de Ministros presenta recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de saúde de Galicia, por establecer medidas como o illamento no domicilio ou a posibildade de obligr a vacinar aos cidadans. // A alcaldesa da Coruña e a de Avilés fan unha fronte común para defender o futuro das plantas de Alu Ibérica nas súas repectivas cidades. // A pandemia vista polos cidadáns e plasmada por eles en fotografías. Ese é o contido dunha exposición que se pode no peirao de trasatlánticos da Coruña. 30-03-2021

Con menos de 70 casos por 100.000 habitantes, a incidencia acumulada sitúase en Galicia na metade da media do conxunto de España, mentras outras comunidades detectan xa inicios dunha cuarta vaga. / /En Vigo un veleiro propiedade dun millonario ruso compite en atraer as miradas co iate, ainda máior, do presidente dos Emiratos Arabes Unidos. // O Instituto de Rianxo, pioneiro no modelo de fusionar asignaturas para mellorar a comprensión e a aprendizaxe de materias do ámbito científico. A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO. // Fogares máis confortables para as aves que habitan no Campus de Pontevedra, recoñecido internacionalmente polo seu compromiso co medio ambiente. As caixas niño son construidas polos alumnos da Escola de Forestais. 30-03-2021

Seguimos con nubes de tipo medio e alto e con posibilidade de chuvascos treboentos á tarde,máis probables en zonas do interior. As temperaturas soben. As máximas volverán repetir valores por riba dos 25 graos tanto no interior coma na costa. 30-03-2021

Con menos de 70 casos por 100.000 habitantes, a incidencia acumulada sitúase en Galicia na metade da media do conxunto de España, mentras outras comunidades detectan xa inicios dunha cuarta vaga. // En Vigo un veleiro propiedade dun millonario ruso compite en atraer as miradas co iate, ainda máior, do presidente dos Emiratos Arabes Unidos. // O Instituto de Rianxo, pioneiro no modelo de fusionar asignaturas para mellorar a comprensión e a aprendizaxe de materias do ámbito científico. A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO. // Fogares máis confortables para as aves que habitan no Campus de Pontevedra, recoñecido internacionalmente polo seu compromiso co medio ambiente. As caixas niño son construidas polos alumnos da Escola de Forestais. 30-03-2021

José  Miñones, ata onte alcalde de Ames, será o novo  delegado do goberno, en sustitución de Javier Losada.
  
  Aumenta lixeiramente a presión hospitalaria na area sanitaria de Coruña Cee por causa do coronavirus. En Ferrol mantense estable en tanto que en Santiago descende lixeiramente.

 Os traballadores da planta de reciclaxe da Coruña convocan movilizacións por cuestións laborais e para denunciar o deterioro das instalacións. Denuncian que non se recicla a materia organica e pouca máis da metade dos plasticos, vidro ou envases.