Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os casos activos de coronavirus repuntan por segundo día consecutivo. Aumentaron tamén os contaxios diarios. Con todo, son lixeiras subas que permiten seguir falando aínda de estabilidade nos datos da pandemia. Nos hospitais a situación permanece case invariable.

Mentres continúa o proceso de vacinación masiva. Hoxe, con 27 mil persoas citadas. A maioría recibirán o fármaco de Pfizer, pero segundo vén de confirmar o conselleiro de Sanidade, un 77 por cento dos pacientes aceptou poñer a vacina de AstraZéneca.

Recollemos tamén as declaracións dos líderes políticos a este respecto.

E no espazo da entrevista, contra ás dúas menos vinte, hoxe falamos con Xosé Barato, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

As sesións de vacinación masiva dos últimos días elevan a preto de medio millón o total de persoas que recibiron en Galicia algunha dose. Son algo máis do 16 por cento da poboación, mentres que o 6´8 por cento recibiu xa a pauta completa.. //a incidencia acumulada continúa estable, mentres medran lixeiramente os casos activos, con 146 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria baixa e hai 26 doentes nas UCI. //.Eliminar o movemento incontrolado dos pacientes asociado a enfermidade de Parkinson. É posible gracias a unha técnica que o Hospital Clínico de Santiago leva a cabo por primeira vez na sanidade pública. // Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos de Tokio. Esta mañá impúxose no selectivo nacional de K1 200 metros disputado en Verducido, Pontevedra. A piragüista de Cangas convertirase así na deportista española con máis participacións olímpicas da historia. 09-04-2021

Unha pequena borrasca chega coa fin de semana na que agardamos nubes e claros e chuvascos que xa esta tarde xerán bastante xeralizados con posibilidade de treboadas. As temperaturas tenden a baixar. Especialmente o domingo agardamos valores moi baixos para a época, con máximas que apenas superarán os 10 graos. 09-04-2021

As sesións de vacinación masiva dos últimos días elevan a preto de medio millón o total de persoas que recibiron en Galicia algunha dose. Son algo máis do 16 por cento da poboación, mentres que o 6´8 por cento recibiu xa a pauta completa.. //a incidencia acumulada continúa estable, mentres medran lixeiramente os casos activos, con 146 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria baixa e hai 26 doentes nas UCI. //.Eliminar o movemento incontrolado dos pacientes asociado a enfermidade de Parkinson. É posible gracias a unha técnica que o Hospital Clínico de Santiago leva a cabo por primeira vez na sanidade pública. // Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos de Tokio. Esta mañá impúxose no selectivo nacional de K1 200 metros disputado en Verducido, Pontevedra. A piragüista de Cangas convertirase así na deportista española con máis participacións olímpicas da historia. 09-04-2021

O goberno de España financiará integramente o conexión ferroviaria ó porto exterior da Coruña en Punta Langosteira. Son 140 millóns de euros. A obra podería finnaciarse cos fondos Nest Generatión da Unión Europea. Confírmanse tamén as rebaixas na autopista AP9, en vigor a partir domes de xullo. Os viaxes de regreso non terán custo.


Continúan estables os datos da pandemia, con pequenos cambios. Volven a baixar os hospitalizados por esta enfermidade, e soben lixeiramente os casos activos. En Vigo están a rastrexar novos casos das variantes brasileira, surafricana e nixeriana, pero os expertos rebaixan a súa importancia.

A plataforma Sos Sanidade Pública chama a realizar concentracións e manifestacións o vindeiro 21 de marzo. Denuncian que a Xunta usa a pandemia como pretexto pra muda-lo modelo sanitario

A Plataforma de Vítimas do Alvia pídelle ó ministro o cese do que fora xefe de seguridade do ADIF, Andrés Cortabitarte, que ocupa un cargo público de confianza. Tamén piden a dimisión en bloque da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, que só sinalou ó maquinista como responsable.

Trala aprobación da lei de cambio climático, sen cambios no polémico artigo 18, o sector mar - industria amosa a súa preocupación. Non desbotan a deslocalización de moitas empresas.

 Descende a presión hospitalaria nas tres areas sanitarias da provincia. Nás últimas horas faleceron dúas mulleres en Ferrol a consecuencia da covid.

    O ministro de Transportes, o presidente da Xunta e a alcaldesa da Coruña, reunense esta mañá para falar do futuro do porto da Coruña.  O ministro anunciou onte en Santiago que nas próximas semanas se licitarán as obras de melloras da estación de tren.

 A audiencia provincial pecha a instrucción do accidente do Alvia con dous únicos imputados, o conductor do tren e o ex xefe de seguridade da circulación de Adif.
 
 Este ano tampouco haberá festival de Ortigueira. Os organizadores preparan xa a edición do próximo ano cunha duración ampliada a unha semana

Galicia reaxusta o seu plan de vacinación para adaptarse ás últimas novidades sobre a marca AstraZéneca. Este preparado resérvase agora para as persoas de entre 60 e 69 anos. Nas últimas horas o SERGAS tivo que desconvocar a 1.400 traballadores esenciais menores desta idade que xa foran citados para recibir a vacina.

Con todo, segue a vacinación masiva, e a comunidade achégase xa á media española. Leva administradas case o 80 por cento das vacinas recibidas.

Mantense, mentres, a estabalidade nos últimos datos da pandemia, e a Xunta xa valora atrasar o toque de queda. Unha decisión que se abordará no comité clínico do vindeiro martes.

No tempo, aumentan as nubes.

A Audiencia da Coruña confirmou hoxe o peche da investigación sobre o accidente do tren Alvia en Angrois. O maquinista, Francisco José Garzón Amo e o que era xefe de seguridade de Adif cando se puso en marcha a línea de alta velocidade Santiago-Ourense, Andrés Cortabitarte, son os únicos procesados polo sinistro. // Maiores de 75 anos e ata 79 incorpóranse ao proceso de vacinación masiva, co fármaco de Pfizer, mentres a Xunta suspende a administración das máis de 1.400 doses de AstraZeneca. // Os expertos insisten en que esa vacina é eficaz e segura, mentres se decide qué facer coas máis de 140.000 persoas menores de 60 anos ás que xa recibiron a primeira dose. // Alfredo Sánchez Chacón, alcumado como o Rambo galego, leva máis de tres semanas en busca e captura despois de non regresar á prisión de Monterroso tras un permiso. 08-04-2021

Os maiores de 75 anos incorpóranse ao proceso de vacinación masiva, co fármaco de Pfizer, mentres a Xunta suspende a administración das máis de 1.400 doses de AstraZeneca que tiña previsto poñer hoxe a persoas menores de 60 anos, pertencentes a colectivos esenciais como forzas de seguridade. // A maioría das enfermeiras declara non sentirse realizada no seu traballo e ata o 90 por cento sofren ansiedade. Un informe do SATSE revela o empeoramento da saúde mental do colectivo a consecuenta da sobrecarga laboral durante a Pandemia. // A Axencia Tributaria prevé devolver en Galicia 606 millóns de euros na campaña da declaración da renda de 2020. E un 4´6 por cento menos que o ano anterior debido ao aumento dos ERTE. Calcula que as declaracións con resultado a pagar chegarán a 380 mil. // Películas familiares e domésticas elaboradas que reflicten a vida cotiá dende unha ollada íntima. E a oferta do Museo Online de Cine Autobiográfico, unha iniciativa promovida dende LUgo que arranca hoxe. 08-04-2021