Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/04/21 09/04/2021 49:43

O goberno de España financiará integramente o conexión ferroviaria ó porto exterior da Coruña en Punta Langosteira. Son 140 millóns de euros. A obra podería finnaciarse cos fondos Nest Generatión da Unión Europea. Confírmanse tamén as rebaixas na autopista AP9, en vigor a partir domes de xullo. Os viaxes de regreso non terán custo.


Continúan estables os datos da pandemia, con pequenos cambios. Volven a baixar os hospitalizados por esta enfermidade, e soben lixeiramente os casos activos. En Vigo están a rastrexar novos casos das variantes brasileira, surafricana e nixeriana, pero os expertos rebaixan a súa importancia.

A plataforma Sos Sanidade Pública chama a realizar concentracións e manifestacións o vindeiro 21 de marzo. Denuncian que a Xunta usa a pandemia como pretexto pra muda-lo modelo sanitario

A Plataforma de Vítimas do Alvia pídelle ó ministro o cese do que fora xefe de seguridade do ADIF, Andrés Cortabitarte, que ocupa un cargo público de confianza. Tamén piden a dimisión en bloque da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, que só sinalou ó maquinista como responsable.

Trala aprobación da lei de cambio climático, sen cambios no polémico artigo 18, o sector mar - industria amosa a súa preocupación. Non desbotan a deslocalización de moitas empresas.

Galicia Informativos
Más opciones