Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A hostalaría abre, desde hoxe, ata as nove da noite en toda a provincia. Pechaba as seis da tarde.
 Desde hoxe, todos os  concellos  recuperan a mobilidade entre sí e cos de toda Galicia. Agás co lucense de Paradela e cos ourensán de Maside e Vilardebós.
 Prohíbense as reunións de non conviventes nos domicilios.
 Baixa a presión hospitalaria pola covid, pero repuntan os contaxios

Na Audiencia Nacional hoxe está  previsto  que  presten  declaración os directivos do Grupo Riego detidos a raiz da operación  policial contra o fraude  na venda de Alcoa. Os traballadores de Aluibérica aplauden a actuación policial e reclaman a intervención  das fábricas como única solución.

As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar

O gran confinamento que seguiu á chegada da pandemia foi a primeira ameaza á vida cotiá. Ao pouco, saltaba a alarma nas residencias de anciáns, onde vive o colectivo máis vulnerable.

En plena pandemia, unhas eleccións autonómicas. Verán especial, Nadal raro, e non puidemos librarnos dunha terceira vaga que agora estamos a superar grazas, en boa parte, á chegada das vacinas