Para investigar os delitos que afectan a menores e a mulleres, como por exemplo a pornografía infantil, as agresións sexuais ou a trata, a Garda Civil ten un equipo especializado: o EMUME. A súa prioridade é sempre escoitar sen revitimizar. E para iso é fundamental a empatía.
Alimentación local, xusta, e sostible. É a filosofía da asociación Daquidarredor. Pequenos produtores intercambian as súas receitas nunha cociña colaborativa financiada polo concello de Brión e a Deputación da Coruña. Ademais, forman a quen queira aprender a utilizar a maquinaria coa que fan masas, cremas, marmeladas e zumes.
Cada ano prodúcense trinta mil paros cardíacos fóra dun hospital en España. As posibilidades de sobrevivir sen secuelas duplícanse se se inician de inmediato as manobras de reanimación, mentres chegan os servizos de emerxencia. Profesionais do Hospital de Santiago explican aos usuarios do centro de xeito práctico como realizar esta reanimación.
Hai tres anos, montaron na Coruña, o único equipo galego de balonmán en cadeira de rodas. Agora, cinco dos seus membros acaban de conseguir, coa Selección española, a medalla de ouro do campionato do mundo, coa que buscan patrocinadores para afrontar novos retos deportivos.
- El artista es un fotógrafo autodidacta nacido en Ferrol en 1953
- Hace dos años publicó el fotolibro Bosque animado
O vindeiro martes comeza a campaña do berberecho e a ameixa en Noia con malas expectativas. Os mariscadores levan varios anos vendo como vai a menos o sector. Os trens de borrascas do inverno e as altas temperaturas do verán son un cóctel mortal para os bivalvos.
Galicia convértese en residencia de portorriqueños e norteamericanos que buscan unha oportunidade no mundo do fútbol. Trece rapaces, cinco deles menores de idade, viven e estudan actualmente en Santiago para poder adestrar en equipos locais. Forman parte do programa deportivo JDB, que leva xa oito anos funcionando.
Placas solares, cepillos rotativos, ventiladores e aspersores para 225 vacas para facer fronte as vagas de calor.
A granxa de Doroña, en Arzúa, incorpora prácticas máis eficientes, innovadoras e respetuosas co medio ambiente e así evitar as emisións de gases de efectos invernadoiro.
É unha das sesenta explotacións galegas que abastecen á fábrica de leite condensada que Nestlé ten en Pontecesures, Pontevedra.
Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite en plena praza do Obradoiro, en Santiago, seguindo o exemplo da Porta do Sol, en Madrid, e outras cidades, a raíz do caso Maricarmen, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros.
- Andrés do Barro triunfou cantando en galego en pleno franquismo con catro números un
- Cada vez máis voces consideran que merecería un Día das Letras Galegas
- O pentacampión mundial empata con Pascal Cognard no número 1 do ranking histórico
- Colga a medalla de prata nunha competición que reuniu a 140 pescadores en Idaho Falls
O proxecto SensoXenoma, cumpre cinco anos. Trátase do experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música nos individuos que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago en colaboración coa USC. Un aniversario, celebrado cun concerto a cargo da Real Filharmonía, que servíu tamén para recoller máis mostras de cara á investigación.
Na Coruña, móstrase estes días ‘Artnarchists’, unha proposta de arte efémera de Elena Corredoira e Jorge Taboada. Nunha sala que non é unha galería, a exposición confronta dúas xeracións e dúas formas de creación pictórica.
David Arcay volve facer historia na pesca deportiva. Vén de proclamarse subcampión do mundo de salmónidos mosca nunha competición celebrada en Idaho Falls, en Estados Unidos, con 140 pescadores da élite internacional. Un fito que converte a este coruñés, que xa foi cinco veces campión, no mellor pescador da historia. Acompañámolo nunha das súas últimas xornadas da tempada de pesca fluvial en Galicia, que remata este mércores.
A atleta hispano cubana Yulenmis Aguilar, afincada en Oleiros, adestra xa pensando no Mundial 2027 e nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 2028. Despois de dous anos difíciles por unha lesión de cóbado, acaba de volver ao máis alto con dúas medallas de ouro e prata e un récord de España conseguidos este verán.
Nas nosas rías hai máis de 3.300 bateas de mexillón, sendo a de Arousa a raíña dos polígonos bateeiros. Coñecemos a Jorge, un dos poucos carpinteiros de ribeira que quedan en Galicia. Segue construíndo bateas tal e como lle ensinou seu pai.
Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O Concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade. Mentres, a Conselleira de Medio Ambiente lanza unha mensaxe de tranquilidade.
A temporada lírica da Coruña estrea o xoves a ópera Jenufa, de Leos Janácek. Trátase dunha obra atípica e poucas veces representada en máis dun século de historia.
En Santiago celébrase estes días a Semana do Patrimonio Invisible, que permite visitar lugares normalmente pechados ao público. As entradas esgótaronse en minutos. Visitamos o pazo arcebispal.
O barrio ferrolán de Canido volveu converterse en centro da arte urbana. O Festival das Meninas naceu para frear o abandono da zona. Máis de cen creadores xa deixaron a súa pegada reinterpretando a obra de Velázquez.
A internet é hoxe en día un gran competidor das librarías.
Moita xente elixe a modalidade de venda en liña por prezo ou comodidade.
Pero hai librarías que lle fan fronte a este competidor.
Descontos ou trato directo coa clientela é o seu segredo, ademais de garantir que o pedido chegará a tempo.
Entramos no cárcere de Teixeiro para asistir a un concerto. Aquí a música forma parte do tratamento penitenciario. A través dela buscan desenvolver a motivación, as habilidades sociais e a reinserción dos internos.
Organizado pola cantante Luz Casal, no pobo onde naceu, o festival cumpre 15 anos.
Luar na Lubre, Nena Daconte ou The Rapants, entre outros, forman parte do cartel.
O "Festival de la Luz" busca poñer en valor a contorna rural e levar a un público familiar unha oferta que abrangue estilos moi diversos.
Os beneficios son destinados a causas benéficas.