Enlaces accesibilidad

Instituto RTVE

Stand del Instituto RTVE en la Feria Aula 2016
RTVE

O Instituto RTVE é o centro de formación interna da Corporación RTVE, e dispón dunha oferta de formación externa de tres Ciclos formativos de Grao Superior da familia profesional de imaxe e son, cursos monográficos especializados e másteres en colaboración con varias universidades públicas.

A actividade docente deste centro comezou no ano 1975, e dende entón ten a misión de formar aos profesionais da Corporación RTVE e aos futuros profesionais dos medios audiovisuais. Os medios tecnolóxicos e o equipo docente, formado na súa maioría por profesionais da Corporación RTVE con ampla experiencia académica e profesional, son a mellor garantía de calidade e símbolo de prestixio.