Guías de actuación
Estatuto da Información
Desenvolve os dereitos e deberes dos profesionais da información audiovisual da Corporación RTVE, no exercicio das funcións de obtención, elaboración e difusión da información, co obxectivo de velar pola súa independencia, así como pola obxectividade e veracidade dos contidos informativos. Así mesmo, articula os consellos de informativos como órganos de participación destinados a garantir o control interno e o amparo dos profesionais da información audiovisual da Corporación.
Manual de Estilo
Inspírase nas normas da Corporación encamiñadas a garantir o cumprimento da función de servizo público. As súas normas aplícanse á televisión, radio e web, co fin de conferir un estilo propio aos seus contidos informativos ou de entretemento. Pretende garantir o máximo rigor informativo, independencia, pluralidade e atención aos intereses da sociedade. Considera primordial dar un tratamento adecuado a asuntos sociais especialmente sensibles, como a violencia de xénero, inmigración, catástrofes ou noticias nas que están implicados menores.
Código de Autorregulación
O Código afecta aos contidos audiovisuais, conexos, interactivos e de información en liña e reafirma o compromiso de servizo público. Contempla ao neno e ao adolescente dende un dobre punto de vista: o menor ante os contidos que se emiten e o tratamento que recibe o menor neses mesmos contidos. Incrementa as franxas de protección establecidas na Lei Xeral da Comunicación Audiovisual.
Principios Básicos da Programación
Este documento, aprobado polo Consello de Administración de RTVE en 2007, apunta que a televisión e a radio públicas de titularidade estatal deben constituír un acicate e un estímulo para unha produción audiovisual creativa, intelixente e moderna, en defensa dos valores sociais asumidos por todos. A Corporación RTVE comprométese a que a selección dos contidos dos seus medios aterase a criterios de calidade, de interese xeral e de servizo público. Sinala que a función de servizo público non radica tanto nos xéneros seleccionados como no seu contido e tratamento. Os diferentes xéneros e formatos poden ter cabida nunha radio e televisión públicas en aras da variedade da súa programación.
Pacto Mundial de Nacións Unidas
O Pacto Mundial é unha iniciativa internacional proposta por Nacións Unidas, clave á hora de falar de RC. O seu obxectivo é conseguir un compromiso voluntario das entidades en RC, por medio da implantación de Dez Principios baseados en dereitos humanos, laborais, ambientais e de loita contra a corrupción. A Rede Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas creouse o 15 de novembro de 2004. RTVE uniuse, en calidade de socio, á Rede Española do Pacto Mundial o sete de xullo de 2011.
Os 10 principios que debemos cumprir son:
- Protección dos Dereitos Humanos fundamentais
- Non vulneración dos Dereitos Humanos
- Liberdade de afiliación e negociación colectiva
- Eliminación do traballo forzoso e baixo coacción
- Erradicación do traballo infantil
- Abolición da discriminación no emprego
- Enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente
- Iniciativas para o respecto ambiental
- Difusión de tecnoloxías ecolóxicas
- Loita contra a corrupción, a extorsión e o suborno