Falta mes e medio para que comece o curso, pero a maioría dos estudantes universitarios teñen xa onde vivir. En Santiago pagan de media 300 euros por unha habitación. Moitos quéixanse de que os pisos non están en boas condicións.
A sede de Afundación en Santiago acolle ‘Compostella Expeditio’. Unha experiencia inmersiva que nos traslada ao pasado medieval da capital galega a través da realidade virtual.
Un bar en Arteixo foi denunciado por facer apoloxía do franquismo. O establecemento leva anos exhibindo lemas da ditadura e bandeiras preconstitucionais. A plataforma veciñal denunciante considera que foi a máis e que incumpre tanto o marco estatal coma galego.
Un dos protagonistas da festa trala final do Mundial foi Borja Iglesias. O compostelán convértese en campión do mundo e presume das súas orixes levando con el a bandeira de Galicia.
- Unha segunda vida para os bordóns que os peregrinos deixan en Santiago á súa chegada
- Correos levará de volta os bastóns desde Santiago a albergues situados no Camiño Francés
Darlle una segunda vida aos milleiros de bordóns que os peregrinos deixan en Santiago á súa chegada. É unha iniciativa da Federación de Amigos do Camiño para que un dos símbolos máis recoñecidos do fenómeno xacobeo poida acompañar a viaxe doutros camiñantes.
Neste día do Carme, as procesións sucédense por todas as vilas mariñeiras. Achegámonos á de Cariño, na costa da Coruña, unha das más tradicionais de Galicia, mesmo con danza propia.
Familiares de persoas asasinadas na Guerra Civil asisten á escavación nunha foxa da igrexa de Santa Marina de Beira, en Carral. Apareceron restos de catro persoas, pendentes de identificación. Buscan 18 persoas máis nos arredores da igrexa. É una cata arqueolóxica do grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago.
- Antifémina, publicado hai 50 anos, considérase o primeiro libro gráfico feminista da Transición
- O Auditorio de Galicia acolle a exposición do arquivo persoal de Isabel Steva, Colita
Santiago acolle unha exposición con obras do arquivo persoal da fotógrafa Isabel Steva, coñecida como Colita, que retratou a muller da España franquista cunha mirada crítica. Antifémina é considerado o primeiro libro gráfico feminista da Transición. As súas páxinas cobran vida nas paredes do Auditorio de Galicia.
Un poema de Gloria Fuertes inspirou o título dunha exposición colectiva que pode visitarse no Centro Galego de Arte Contemporánea: A idea de fondo de A illa ignorada é que todas as persoas somos illas, aínda que xuntas conformemos un arquipélago cargado de complexidade.
En temporada de incendios, grupos de veciños organizan cuadrillas de voluntarios para vixiar os montes. Din que teñen un efecto disuasorio, ademáis de permitir que se actúe rápidamente contra o lume.
O Festival do Mundo Celta de Ortigueira volve consolidarse como unha das grandes citas culturais do verán en Galicia. Celebrado de maneira case ininterrompida desde 1978, reúne na vila coruñesa milleiros de seguidores da música folk. Agárdase a asistencia de preto de 100.000 persoas.
A multinacional chinesa SAIC culmina o primeiro desembarco dun buque con 700 coches no porto de Ferrol. A operación serve para comprobar a capacidade das instalacións de cara a implantación nesa cidade da súa primera fábrica europea.
A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.
- O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras
- A peza estrela é a escultura dunha guillotina de cinco metros de alto feita de metal
O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras. A peza estrela é unha guillotina de cinco metros feita de metal. O autor puxo na estrutura a súa ironía máis xenuína e os primeiros en observar a instalación foron os propios veciños da aldea de Trasanquelos.
Comeza a busca de piso de alugueiro para moitos universitarios e, en Santiago, un ano máis, con colas nas inmobiliarias. A maioría dos estudantes teñen como tope 300 euros por persoa e din que para conseguilo hai que madrugar.
A música como aliada nas terapias de ASPACE. A asociación, centrada na atención ás persoas con parálise cerebral, leva medio ano impartindo talleres cos que mellora substancialmente a calidade de vida dos usuarios, a nivel físico, mental e emocional.
O Deportivo recolle nunha fin de semana máis de 70 toneladas de material humanitario para enviar a Venezuela. Centos de persoas achegáronse a o estadio de Riazor con comida, auga, roupa e medicamentos, desbordando as previsións da fundación.
Da vaga de calor, ás chuvias torrenciais. Os fenómenos meteorolóxicos extremos marcan o arranque da temporada de máxima afluencia de peregrinos que chegan a Santiago polas rutas xacobeas.