Enlaces accesibilidad
CORONAVIRUS

Vacinación máis cribado en Ourense

Comeza nesta cidade vacinación dos 17.000 adolescentes de entre 16 e 19 anos que solicitaron a autocita

O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta anos

Por
Ourense: vacinación e cribado na mesma quenda

“É a única maneira que temos de frear todo isto, para volver á normalidade pouco a pouco”, comenta unha moza de 17 anos, que acaba de recibir a primeira dose da vacina de Pfizer.

Na área sanitaria de Ourense hoxe reservaron 250 ocos horarios para mozos e mozas de entre dezaseis e dezanove anos que solicitaron vacinarse a semana pasada polo sistema da autocita.

Algúns fano para poder saír con máis seguridade e sen poñer en perigo ao resto. Outros, como medida de prevención.

Os primeiros de 20 a 29

No punto de vacinación masiva de Expourense hoxe tamén vacinan por primeira vez a 5.000 persoas de entre 20 e 29 anos.

“Por seguridad personal –explica unha delas–. He tenido miedo durante toda la pandemia y tengo muchas ganas de poder relajarme un poco”.

Josefa Rodríguez, responsable desta campaña vacinación, indica que “o noventa por cento dos positivos están nesa franxa de idade. É xente moza que están sen vacinar e temos que vacinala canto antes”.

Vacina e PCR

A todos os vacinados ofrecíaselle a posibilidade de participar nun cribado voluntario para detectar casos asintomáticos. A maioría, acepta: “xa que tiña que esperar 15 minutos, botar unha man e descartar contaxios, o que sexa é pouco”.

Josefa Rodríguez tamén salienta a importancia dos cribados: “Calquera positivo que saquemos de aquí supón cortar unha cadea de contaxios”.

O resultado da PCR comunicaranllo nun día ou dous por SMS.